Información del concurso
Que é A pedir de boca?
A Concellería de Desenvolvemento Local, Turismo e Economía, lanza unha nova iniciativa “A pedir de boca” co obxectivo de apoiar os establecementos hostaleiros do Concello de Ribadeo que dispoñan do servizo de comida a domicilio ou comida para levar, e así, contribuír a incentivar este sector neste sensible momento.
Co lema “ESTAMOS LISTOS/AS, PARA RECIBIR OS TEUS PEDIDOS”, o Concello de Ribadeo poñerá a disposición unha plataforma tecnolóxica de visibilización conxunta para todos os establecementos de Ribadeo. Unha aplicación para móbiles (IOS e Android) onde se ofreceran produtos culinarios pensados para LEVAR A DOMICILIO OU RECOLLER NO ESTABLECEMENTO.
Son establecemento
Estamos listos/as, para recibir os teus pedidos.
Quen pode participar?
Sabemos, que a tendencia de encargar comida a domicilio e/ou para levar está en alza, polo que creemos que este é o momento de dar a coñecer dunha maneira integrada este novo servizo que moitos de vós xa estades a ofrecer. Á súa vez, esta ferramenta poderá ser empregada para promocionar os menús especiais que queirades presentar este Nadal.
Poderás adherirte gratuitamente se es un negocio hostaleiro de RIBADEO; restaurante, mesón, pizzería, hamburguesería, bar, etc....A única condición que deberás de cumprir é dispor do servizo de comida a domicilio e/ ou comida para levar.
O concello de Ribadeo non ofrece nin vende ningún tipo de comida, é o negocio adherido quen vende directamente os seus produtos.
Polo tanto, o Concello de Ribadeo como un mero intermediario, sen ánimo de lucro, achéga unha ferramenta máis para que os establecementos ou negocios de Ribadeo poidades dar visibilidade aos vosos produtos gastronómicos.
Coa pretensión, por outra banda, de crear conciencia de comunidade na cidadanía e entre todos/as contribuír a protexer e manter os nosos negocios locais.
Polo tanto, poden adherirse gratuitamente todo tipo de establecementos hostaleiros de RIBADEO que nestes momentos ofrezan: COMIDA A DOMICILIO E/ OU COMIDA PARA LEVAR (a recoller no propio establecemento); restaurantes, mesóns, bares, pizzerías, hamburgueserías, etc....
Que che ofrece A Pedir de Boca?
· Promoción e publicidade gratuíta do teu establecemento, e en concreto do servizo de Comida para levar e/ou Comida a domicilio.
· Publicitar os teus pratos habituais e os menús especiais deste Nadal.
· Ampliar o teu número de clientes sen que interfira na capacidade do teu local.
· Facer chegar a todo tipo de público comida a domicilio de boa calidade.
· Unha maneira de innovar e renovar a imaxe do teu negocio dándolle un valor engadido ao teu establecemento.
· Unha posibilidade de contacto coa túa clientela a tan só un CLICK.
· Ademais esta plataforma é unha ferramenta de promoción para o conxunto da hostalería e restauración ribadense.
Como participo desta campaña?
· Se desexas adherirte deberás cumprir coas seguintes condicións:
Adhesión ao programa e aceptar as condicións do mesmo, para iso deberás cubrir toda a información
solicitada a través do formulario que achegamos e ENVIAR POR CORREO ELECTRÓNICO de 5 a 10 FOTOS DO ESTABLECEMENTO E DOS PRODUTOS OU SERVIZOS.
Ademais deberás:
- Ser titular dunha empresa, negocio ou autónomo en Ribadeo.
- Ofrecer sevizos de comida a domicilio e/ou comida para levar
*O PRAZO PARA A ENTREGA DE DOCUMENTACIÓN SERÁ ANTES DO 4 DE DECEMBRO ENVIANDOA AO CORREO ELECTRÓNICO turismo@ribadeo.org.
Outras condicións
· Contactar co Concello de Ribadeo turismo@ribadeo.org no caso de que ocorra calquera incidencia técnica.
· Non cabe reclamación nin solicitude de compensación algunha á plataforma online do Concello de Ribadeo por desacordos cos clientes etc.
· Cumprir con toda a legalidade vixente en canto a impostos, transaccións económicas e outra lexislación que competa ao tratamento dos produtos, e demais índoles que poidan afectar ás vendas.
Son cliente
“Cada pobo come segundo a súa alma, antes tal vez que segundo o seu estómago.” Emilia Pardo Bazán
E que pasa coa clientela ?
· Come coa ALMA:. As/os nosos/as cociñeiras/os fixéronnos unha selección da carta para levarcha ata a porta da túa casa ou para ser recollidos no seus establecementos, e están listos para recibir os teus pedidos. Ti só tes que pedir o que realmente desexas. #ComeConAlma e goza do sabor da nosa mellor cociña.
· As/os nosas/os cociñeiros, os teus superheroes: nesta ocasión os protagonistas son os nosos/as cociñeiros/as que comparten a súa sabedoría. Achegámosche unha forma rápida de acceder a elas/es, unha sinxela maneira de non perder a súa cociña, podendo disfrutala nestas circunstancias.
· Comer pode ser só unha desculpa: pasar tempo coa nosa familia e amigos e gozar da gastronomía (xa sexa nun restaurante ou no noso propio fogar) son dúas fontes que máis felicidade nos achegan, en Ribadeo podes atopalas e ser SUPERFELIZ.
· Economiza o teu tempo. Esta opción permíteche elixir onde e cando comer, se tes présa a comida para levar é a mellor opción para non perder o tempo.
· Comodidade. Non supón esforzos, non é necesario facer a compra, nin cociñar, pero ademais tampouco terás que fregar ou recoller. Cando che levan a comida a casa tampouco tes que desprazarte, todo son vantaxes.
· Adaptabilidade. Podes elixir o lugar onde comer: no traballo, gozar do xantar ao aire libre ou na casa. A comida a domicilio adáptase ás túas necesidades e ao tempo do que dispós.
· Auxilio. Socórrente en caso de recibir unha visita inesperada na casa ou se queres celebrar unha pequena reunión familiar.
Funcionamento
“Gozar dunha auténtica obra de arte culinaria no lugar que ti elixas.”
Funcionalidade da plataforma?
· Unha vez que a clientela descargue e acceda a aplicación “Ribadeo Gastronómico” obterá información de todos aqueles establecementos que ofrecen Comida a domicilio ou para levar.
· Unha vez elixido o pedido a clientela realizará a comanda segundo a modalidade que o establecemento elixa, que poderá ser vía chamada telefónica, whatsapp ou outras.
· As comandas sempre serán verificadas polo hostaleiro, remitindo unha resposta a clientela na maior brevidade posible (no caso do whatsapp ou mail).
· -Os pagos serán directamente xestionados entre cliente e provedor, indicándose sempre a forma de pago admitida polo establecemento: tarxeta, efectivo ou online.
Bases del concurso
Aclaracións finais:
•O concello de Ribadeo non ofrece nin vende ningún tipo de comida, é o negocio adherido que vende directamente os seus produtos.
•O Concello de Ribadeo é un mero intermediario, sen ánimo de lucro, que achega unha ferramenta para que os establecementos ou negocios desta bisbarra poidan poñerse en contacto cos seus clientes.
•O concello de Ribadeo non terá ningunha responsabilidade nin obrigación por ningún importe que se lle pague ao negocio adherido, ou que este cobre, tampouco polas controversias relacionadas.