Ademais da súa arquitectura, os seus espazos naturais, o seu clima ou a súa lingua, un elemento definitorio das particularidades dun pobo é a súa gastronomía. Os alimentos de proximidade son tamén símbolos de identidade que nos permiten coñecer un lugar a través dos seus sabores.
As fecundas terras da nosa vila e as augas do Cantábrico e da nosa ría son a despensa que nos fornece de produtos de tempada durante todo o ano. Patacas de Vilaselán, pementos de Piñeira, carne de Arante, percebes de Rinlo… Todas e cada unha das doce parroquias nos agasallan con froitas, verduras, mel, carnes e peixes ou cogomelos para elaborar pratos con apego á terra e pratos con olor a mar, pratos que nos fan sentirnos un pouco máis ribadenses, que nos fan sentila raíz que nos une ao lugar.
Así como as labouras comunais agrícolas de sementeira e colleita serviron durante moito tempo de lazo de unión para a comunidade, a degustación destes alimentos segue sendo a perfecta excusa para a xuntanza de veciños e amigos. Cambian os tempos, cambian os costumes, pasamos da lareira ás barras dos nosos bares e restaurantes, cheas de propostas culinarias regadas cos mellores caldos.
Ribadeo ofrece 365 días de sabores diversos, 365 días que tentamos concentrar no noso “Ribadeo de Tapeo”, onde poderemos disfrutar, entre outras propostas, da “Tapa Ribadeo”, onde cada establecemento de restauración concentra nun par de bocados o mellor dos nosos produtos locais.
Produtos “Kilómetro 0”, produtos con pegada ecolóxica, manxares que van da horta, dos pastos, e da ría á mesa. Do produtor ó consumidor na maioría dos casos, lembrándonos os tempos nos que as labregas baixaban cos seus cestos ao mercado da vila e as pescantinas subían cos seus peixes ás parroquias.
Nos mercados dos mércores e dos domingos, na nosa Praza de Abastos e en parte do pequeno comercio de Ribadeo podemos atopar estes produtos frescos e tamén elaborados en forma de zumes ou marmeladas, chocolates, repostería ou empanadas. Os consumidores colaboramos coa compra e consumo destes manxares, co mantemento do imprescindible sector primario, coa vida de produtores, mariscadores e pescadores e coa conservación dos saberes antigos e do medio ambiente.
Petisco a petisco, non deixes de desfrutarnos, saborea Ribadeo.
Pablo Vizoso Galdo
Concelleiro de Economía, Desenvolvemento Local e Turismo
O turismo gastronómico é unha experiencia turística na que un aprende, aprecia e consome comida e bebida que reflicte a cociña, a herdanza e a cultura local.
Para os ribadenses, este concepto é particularmente interesante, pois gústanos diferenciarnos dunha sociedade que parece cada día máis global, onde sempre se consomen os mesmos produtos.
Para nós, a gastronomía é cultura, tradición, historia, así como un reflexo da nosa verdadeira identidade local que nos une a todos e todas a través dun feito universal: comer e beber.
Xa sexa reproducindo pratos tradicionais ou levando a cabo novas creacións, a cociña é unha obra de arte que atopou nas barras dos bares e as salas dos restaurantes un escenario onde expresarse.
O turista gastronómico non só se interesa polos alimentos que goza -que deben ser de orixe local, por suposto-, senón que quere saber máis acerca da súa historia, dos seus procesos de elaboración e da forma coa que se presentan na súa mesa. Este turista non só consome un produto, consome unha historia, todo un universo de sensacións para botar a imaxinación a voar e gozar, só ou acompañado.
Ribadeo de Tapeo debe servir como unha marabillosa oportunidade para que a nosa vila e os seus actores poidan interactuar directamente cos visitantes, chegando dende o seu padal ao seu corazón. Unha experiencia cento por cento vivencial que capturará os cinco sentidos.
Que é A pedir de boca?
A Concellería de Desenvolvemento Local, Turismo e Economía, lanza unha nova iniciativa “A pedir de boca” co obxectivo de apoiar os establecementos hostaleiros do Concello de Ribadeo que dispoñan do servizo de comida a domicilio ou comida para levar, e así, contribuír a incentivar este sector neste sensible momento.
Co lema “ESTAMOS LISTOS/AS, PARA RECIBIR OS TEUS PEDIDOS”, o Concello de Ribadeo poñerá a disposición unha plataforma tecnolóxica de visibilización conxunta para todos os establecementos de Ribadeo. Unha aplicación para móbiles (IOS e Android) onde se ofreceran produtos culinarios pensados para LEVAR A DOMICILIO OU RECOLLER NO ESTABLECEMENTO.
Son establecemento
Estamos listos/as, para recibir os teus pedidos.
Quen pode participar?
Sabemos, que a tendencia de encargar comida a domicilio e/ou para levar está en alza, polo que creemos que este é o momento de dar a coñecer dunha maneira integrada este novo servizo que moitos de vós xa estades a ofrecer. Á súa vez, esta ferramenta poderá ser empregada para promocionar os menús especiais que queirades presentar este Nadal.
Poderás adherirte gratuitamente se es un negocio hostaleiro de RIBADEO; restaurante, mesón, pizzería, hamburguesería, bar, etc....A única condición que deberás de cumprir é dispor do servizo de comida a domicilio e/ ou comida para levar.
O concello de Ribadeo non ofrece nin vende ningún tipo de comida, é o negocio adherido quen vende directamente os seus produtos.
Polo tanto, o Concello de Ribadeo como un mero intermediario, sen ánimo de lucro, achéga unha ferramenta máis para que os establecementos ou negocios de Ribadeo poidades dar visibilidade aos vosos produtos gastronómicos.
Coa pretensión, por outra banda, de crear conciencia de comunidade na cidadanía e entre todos/as contribuír a protexer e manter os nosos negocios locais.
Polo tanto, poden adherirse gratuitamente todo tipo de establecementos hostaleiros de RIBADEO que nestes momentos ofrezan: COMIDA A DOMICILIO E/ OU COMIDA PARA LEVAR (a recoller no propio establecemento); restaurantes, mesóns, bares, pizzerías, hamburgueserías, etc....
Que che ofrece A Pedir de Boca?
· Promoción e publicidade gratuíta do teu establecemento, e en concreto do servizo de Comida para levar e/ou Comida a domicilio.
· Publicitar os teus pratos habituais e os menús especiais deste Nadal.
· Ampliar o teu número de clientes sen que interfira na capacidade do teu local.
· Facer chegar a todo tipo de público comida a domicilio de boa calidade.
· Unha maneira de innovar e renovar a imaxe do teu negocio dándolle un valor engadido ao teu establecemento.
· Unha posibilidade de contacto coa túa clientela a tan só un CLICK.
· Ademais esta plataforma é unha ferramenta de promoción para o conxunto da hostalería e restauración ribadense.
Como participo desta campaña?
· Se desexas adherirte deberás cumprir coas seguintes condicións:
Adhesión ao programa e aceptar as condicións do mesmo, para iso deberás cubrir toda a información
solicitada a través do formulario que achegamos e ENVIAR POR CORREO ELECTRÓNICO de 5 a 10 FOTOS DO ESTABLECEMENTO E DOS PRODUTOS OU SERVIZOS.
Ademais deberás:
- Ser titular dunha empresa, negocio ou autónomo en Ribadeo.
- Ofrecer sevizos de comida a domicilio e/ou comida para levar
*O PRAZO PARA A ENTREGA DE DOCUMENTACIÓN SERÁ ANTES DO 4 DE DECEMBRO ENVIANDOA AO CORREO ELECTRÓNICO turismo@ribadeo.org.
Outras condicións
· Contactar co Concello de Ribadeo turismo@ribadeo.org no caso de que ocorra calquera incidencia técnica.
· Non cabe reclamación nin solicitude de compensación algunha á plataforma online do Concello de Ribadeo por desacordos cos clientes etc.
· Cumprir con toda a legalidade vixente en canto a impostos, transaccións económicas e outra lexislación que competa ao tratamento dos produtos, e demais índoles que poidan afectar ás vendas.
Son cliente
“Cada pobo come segundo a súa alma, antes tal vez que segundo o seu estómago.” Emilia Pardo Bazán
E que pasa coa clientela ?
· Come coa ALMA:. As/os nosos/as cociñeiras/os fixéronnos unha selección da carta para levarcha ata a porta da túa casa ou para ser recollidos no seus establecementos, e están listos para recibir os teus pedidos. Ti só tes que pedir o que realmente desexas. #ComeConAlma e goza do sabor da nosa mellor cociña.
· As/os nosas/os cociñeiros, os teus superheroes: nesta ocasión os protagonistas son os nosos/as cociñeiros/as que comparten a súa sabedoría. Achegámosche unha forma rápida de acceder a elas/es, unha sinxela maneira de non perder a súa cociña, podendo disfrutala nestas circunstancias.
· Comer pode ser só unha desculpa: pasar tempo coa nosa familia e amigos e gozar da gastronomía (xa sexa nun restaurante ou no noso propio fogar) son dúas fontes que máis felicidade nos achegan, en Ribadeo podes atopalas e ser SUPERFELIZ.
· Economiza o teu tempo. Esta opción permíteche elixir onde e cando comer, se tes présa a comida para levar é a mellor opción para non perder o tempo.
· Comodidade. Non supón esforzos, non é necesario facer a compra, nin cociñar, pero ademais tampouco terás que fregar ou recoller. Cando che levan a comida a casa tampouco tes que desprazarte, todo son vantaxes.
· Adaptabilidade. Podes elixir o lugar onde comer: no traballo, gozar do xantar ao aire libre ou na casa. A comida a domicilio adáptase ás túas necesidades e ao tempo do que dispós.
· Auxilio. Socórrente en caso de recibir unha visita inesperada na casa ou se queres celebrar unha pequena reunión familiar.
Funcionamento
“Gozar dunha auténtica obra de arte culinaria no lugar que ti elixas.”
Funcionalidade da plataforma?
· Unha vez que a clientela descargue e acceda a aplicación “Ribadeo Gastronómico” obterá información de todos aqueles establecementos que ofrecen Comida a domicilio ou para levar.
· Unha vez elixido o pedido a clientela realizará a comanda segundo a modalidade que o establecemento elixa, que poderá ser vía chamada telefónica, whatsapp ou outras.
· As comandas sempre serán verificadas polo hostaleiro, remitindo unha resposta a clientela na maior brevidade posible (no caso do whatsapp ou mail).
· -Os pagos serán directamente xestionados entre cliente e provedor, indicándose sempre a forma de pago admitida polo establecemento: tarxeta, efectivo ou online.
Do 20 ao 22 de decembro do 2019, ambos os dous incluídos.
O concurso dará comezo ás 20:00 h. do 20 de decembro.
O horario de degustación das tapas será de 12:30 a 15:30 horas e de 20:00 a 23:00 horas, a excepción do día 22 de decembro (domingo) que será ata as 15:30h.
A XII edición do Santiago(é)tapas, o concurso de tapas de Santiago, é un evento promovido por Turismo de Santiago e organizado pola Asociación Hostalería Compostela, co apoio da Deputación de A Coruña e o patrocinio de Mahou.
Del 27 de septiembre al 6 de octubre de 2019
VIII Edición do concurso de pinchos “Pinchos da Miña Terra” organizada pola Asociación Celanova Chea, e ca participación dos principales establecementos hosteleiros da nosa Vila. 2 fins de semana para degustar sabores, participar como xurado popular, gañar premios e disfrutar... onde o mundo se chama Celanova. Ven e disfruta dunha Celanova CHEA.
A orixe dun costume en ocasións é tan funcional que o esquecemos. Así,o tapeo naceu aló pola Idade Media onde nas tabernas e mesóns se tapaban os vasos de viños cun anaco de pan ou lasca de xamón para evitar que as moscas se mergullaran na bebida ou mesmo que perderá o seu arume, popularizándose a mediados do século XX nos nosos bares, onde se converteu nunha tradición de relación sociais da veciñanza.
Ribadeo de tapeo, con catorce anos de historia, supuxo a evolución dos ingredientes que dende o seu inicio configuraban as tapas, cun toque de sofisticación que nos permite degustar pequenos bocados cun variadísimo repertorio de ingredientes e elaboracións, que nada teñen que envexar á alta cociña.
Se todo isto o aderezamos co enxeño e o traballo da hostalería ribadense, acádase un produto máxico, presentado en pratos de amizade e bo ambiente onde ribadenses e visitantes réndense aos praceres culinarios durante once días.
Pero, ante todo, o que se persigue é plasmar unha cociña con alma, que anhela reencontrarse coas súas orixes, e onde a materia prima é protagonista principal.
Ana María Martínez
Concelleira de Turismo, Desenvolvemento Local e Comercio.
VIII EDICIÓN CONCURSO DE TAPAS EN A ESTRADA “SANTAS TAPAS ”
A asociación Hosteleiros Da Estrada (HE) en colaboración con ACOE organiza ó Concurso de Tapas “SANTAS TAPAS”, da noite do 17 de Abril ata a manán-tarde do 21 de Abril de 2019 , có obxectivo de promocionar a restauración local e potenciar o turismo no municipio.
Concurso gastronómico con degustación de tapas ao prezo único de 1,5€ nos establecementos de hostalería inscritos. O obxectivo é incentivar a cultura do tapeo, revalorizar os produtos autóctonos e de proximidade, nomeadamente peixes e mariscos da ría e promocionar o sector hostaleiro tanto no propio concello de Fene coma no resto da comarca.
O concurso celebrarase do 12/10/2018 ao 14/10/2018 e do 19/10/2018 ao 21/10/2018
Os establecementos participantes servirán as tapas como mínimo entre as 13h. e as 15h. e entre as 20.30h. e as 22:30 horas dos venres e sábados, e de 13h. a 15h. os domingos.
Haberá premios do xurado e do público para os establecementos participantes e tamén agasallos á fidelidade da clientela.
Toda a info en www.fenevivo.gal
O evento TapTeo naceu coa fin de promocionar a hostalería local e impulsar o turismo enogastronómico no municipio, dando a coñecer a riqueza, variedade e calidade da gastronomía galega feita con produto excelente e de proximidade.
A V Edición do Concurso de Petisco do Concello de Teo TAP(T)EO 2018, está a piques de comenzar. Do 21 ao 30 de setembro celebrarase esta festa gastronómica que estará amenizada con actuacións musicais nos locais a cargo da Banda de Música Cultural de Teo Cada. 2€ será o módico prezo do petisco cun horario de 13.00 a 15.30 e de 20.00 a 23.00. Tanto a temática da tapa como os ingredientes da mesma serán de libre elección por parte do establecemento participante.
Horario do concurso:
Tapea por Fene, pide que cada establecemento che poña na Fenerruta o seu selo ao degustar a tapa e cando as probes todas poderás votar pola túa tapa favorita, creativa e tradicional.
Queremos convidarvos a saborear a vida, un pracer que nos últimos tempos se está a diluír pola velocidade que nos imprime o día a día. Paseniñamente, no sentido máis amplo, o Ribadeo de Tapeo é un deses espazos nos que un se pode perder, encontrar, reencontrar, relaxarse, recargarse...........un lugar para gozar saboreando o tempo entre amigos/as.
Sabemos que os mellores agasallos son os que nos permiten construír recordos, xunto ás persoas que máis queremos, e aquí os nosos/as cociñeiros/as poñen o seu graíño de area, ofrecendo barras máxicas sempre atarefadas, nas que se atopan amigos/as, familias e conversas que flúen entre produtos esenciais da gastronomía local.
O noso pobo é famoso pola súa exquisita gastronomía e a súa arte culinaria, e de todo o que nos identifica, quizais sexa este estereotipo un dos que máis nos agrada.
A través desta arte interpretamos o noso territorio, e queremos que os veciños/as e visitantes sintan a terra usando os produtos que nacen dela.
Xogamos no eixo sinxelo de elixir aquilo xenuíno, sen alharaca, respectando as estacións, gardando fidelidade ao medio, e non o facemos por tendencia, facémolo por convicción.
Un medio ambiente habitado por excelentes petiscos no que a cociña non é só unha forma de saborear os alimentos, é un estilo de vida, unha tradición cultural que traspasa fronteiras.
Durante este décimo terceiro Ribadeo de Tapeo temos como obxectivo por en relevo o papel das tapas como elemento diferencial da nosa gastronomía, así que vos animamos a participar neste xogo de sabores.
Ana María Martínez
Concelleira de Turismo, Desenvolvemento Local e Comercio.
Un ano mais a ACOE organiza por Semana Santa o Concurso de tapas "SANTAS TAPAS".
Dende o mércores 28 de Marzo ás 20:00 horas ata o domingo 1 de abril ás 23:00 horas tódolos establecementos participantes ofrecerán tapas por 1,80 € cada unha.
Aquí vos deixamos os establecementos hosteleiros participantes cas súas respectivas tapas.
1- Ruta CastelaoVELIS NOLIS BISTRÓSalmón mariñado con aneto e algas crocantes.
NICOL´S GASTROBARMexillóns recheos.
ENREDOMar e Terra
TABERNA NAVEGACIÓNVerduriñas e bacallao co seu pil-pil de azafrán.
20BERZASTosta de cecina con queixo do país con crema de pemiento asado, noces e pistacho.
O CANDIL DE SILVIATortiña de pekin con porco celta.
ROBERT´SEspiral de langostino con queixo galego e kimchi.
SCALAPango.
2- Ruta Neira VilasCAFETERÍA ÁLAMEDACostillar de porco galego lacado con salsa de café, coiro crocante e crema de castañas.
RESTAURANTE ANDALUCÍAEn dous bocados.
AMADEUSSinfonía de carne con puré de boniato estilo amadeus.
TAPERÍA O LARSolombo de porco con pera e Pedro Ximenez.
COME,BEBE,CALAGalizuela
SAMANÁPan gua bao de panceta á parrilla con salsa de iogur e soia.
ACAPULCOMini hamburguesas gourmet.
3- Ruta RosalíaOASISTorrija con cítricos e secreto ibérico.
O CAFÉ DE XULIAMilfojas de mazá e rabo de tenreira.
PIZZERIA GALEGAFlor de gula.
EUREKASolombo de porco.
MESÓN DA ESTRADATigresón.
O PASEOPastel de primavera.
BOLICHETixola española.
As persoas que selen a súa papeleta en tres locais de cada grupo (cada grupo ten asignada unha cor) participará no sorteo de moitos agasallos e se valorades as 22 tapas de cada local (tendo o selo de cada local hosteleiro) podedes participar no sorteo de 1.000 € !!
Os horarios nos que se servirán as tapas son:Mañá: de 12:00 a 15:00 h.Tarde: de 20:00 a 23:00 h.
Para mais información podedes chamar o 607 165 928 ou enviar un mail a info@acoe.es ou mandarnos un mensaxe dende esta nosa páxina de Facebook.
TAPEA LAMPREA 2018 PONTECESURES (9, 10 E 11 DE MARZO DE 2018)
DESCRICION LOCAIS E TAPAS
SALÓN DE TÉ SOLES: (Redondo, 24 – 986 188 332)
Nome da tapa: Ham´Burguesa do Ulla.
Descrición da tapa: Hamburguesa de lamprea con Queixo San Simón da Costa e pan bao.
PARRILLADA ISIDRO: (Avenida de Arousa, 16 – 986 557 377)
Nome da tapa: Cuna do Ulla.
Sen descrición.
BAR O MECO: (Praza de Pontevedra, 3 – 646 233 900)
Nome da tapa: Lamprea á bordelesa.
Descrición da tapa: Lamprea á bordelesa con arroz e picatoste.
CASA CHAVES: (Ullán, 24 – 986 557 259)
Nome da tapa: As barquiñas do Ulla.
Descrición da tapa: Dúas tartaletas de lamprea: Unha de lamprea, arroz e salsa bordelesa; e outra de lamprea con salsa de arroz e queixo.
BAR MAMBÍS: (Patifas, 2 - 986 556 778)
Nome da tapa: Tortilla de lamprea con salsa bordelesa.
Sen descrición.
BAR NU-2: (Carlos Maside, 10 – 680 911 373)
Nome da tapa: Barquiño de lamprea do Ulla.
Sen descrición.
CARABELA: ( San Lois, 28 – 986 557 954)
Nome da tapa: Pionono de lamprea.
Sen descrición.
HOLLYWOOD: (San Lois, 3 – 986 557 005)
Nome da tapa: Chaôfán con lamprea e salsa bordelesa.
Sen descrición.
PIZZA BAMBINO: (Sagasta, 19 – 986 557 470)
Nome da tapa: Lamprea á italiana
Descripción da tapa : Pizza e Lasagna de Lamprea.
A CASA DO RÍO: (Víctor García, 1 – 986 557 743)
Nome da tapa: Cazola de lamprea.
Sen descrición.
Durante 2 fins de semana Arteixo disputa o seu coñecido e exquisito Concurso de Tapas, do 2 ao 4 e do 9 ao 11 de marzo. Nesta ocasión ademáis, faino coincidindo do 2 ao 4 de Marzo coa Feria de Oportunidades e coa Feira de Vehículos de Ocasión “AutoArteixo” nas que expoñen máis de 25 vendedores de vehículos e comercios de Arteixo, Betanzos e Carballo que liquidan restos de stock baixo carpas no Paseo Fluvial, no centro do pobo, e moi preto dos 12 bares participantes no XII Concurso de Tapas por Arteixo.
PREMIOS x (é) TAPAS
CON 1 (é)TAPA COMPLETADA UN PREMIO A ELIXIR ENTRE:
CON 2 (é)TAPAS COMPLETADA UN PREMIO A ELIXIR ENTRE:
CON 3 (é)TAPAS COMPLETADA UN PREMIO A ELIXIR ENTRE:
*As ceas inclúen "menú degustación" proposto polo restaurante para a ocasión, auga e café, non inclúen adega.
Realizarase reserva previa e están suxeitas a dispoñibilidade. Válidas ata o 31 de decembro de 2017.
CON 4 (é)TAPAS COMPLETADA UN PREMIO A ELIXIR ENTRE:
CON 5 (é)TAPAS COMPLETADA UN PREMIO A ELIXIR ENTRE:
CON 6 (é)TAPAS COMPLETADA UN PREMIO A ELIXIR ENTRE:
TAPASPORTE EXPRESS:
*Premios directos ata finalización de stock
O Concello de Teo organiza as xornadas enogastronómicas culturais PicoTeo 2017 nas que participan dezanove establecementos de hostalaría local. O PicoTeo funcionará os días 20, 21, 22, 27, 28 e 29 de outubro e o 3, 4 e 5 de novembro. A clausura destas primeiras xornadas gastronómicas farase o 11 de novembro na Feira do San Martiño en Calo.
Segundo explica a concelleira de Promoción Económica, Conchi García, "traballamos e impulsamos estas xornadas como estratexia de desestacionalización turística e para dinamizar a oferta turística e enogastronómica no Concello de Teo". O Picoteo oferta "Pinchos", "Racións" e "Menús", según a opción que escolleu cada local participante. Cada unha destas propostas ten como protagonistas principais os queixos, os viños galegos e o pan con certificación de calidade.
Cada pincho, ración e menú está maridado cun viño galego con denominación de orixe. Os prezos do pincho e a copa son 3 euros; da ración e dúas copas serán 7,5 euros e o menú con copa de viño serían 15 euros. O horario no que se servirán as tapas, racións e menús son de 13:00 a 16:00 horas e de 20:00 a 23:00 horas.
Establecementos participantes
Os establecementos que participan nesta iniciativa son os seguintes: Carboeiro, O Carmelo, A Capilla, Pazo de Adrán, As Brasas, Bariloche, O Rincón de Sara, Congreso, Maradentro, Canaletto, A Veiga, Portugalicia, Armando Blanco, O Son do Miño, María Castaña, A Raiola, O Pintor, Chaves e Casa Pernas.
Eventos culturais
As xornadas enogastronómicas PicoTeo terán tamén un importante compoñente cultural e nos locais haberá música en vivo. Algúns establecementos terán sesión vermú e outras músicas nocturna. Tamén hai dúas ofertas musicais diferenciadas, cun grupo de gaiteiros ou un cuarteto de vento. Os músicos pertencen á banda da SR de Calo.
Clausura no San Martiño
Un dos momentos importantes do PicoTeo será a clausura, o 11 de novembro na feira do San Martiño. O programa dese día conta coa colaboración da consellería de Medio Rural e dos Consellos Reguladores dos produtos certificados galegos: dos viños (DO Ribeiro, Rías Baixas, Valdeorras, Monterrei e Ribeira Sacra), coma os queixos (DOP Queixo Tetilla, Arzúa Ulloa, San Simón da Costa e Cebreiro) como a IXP Tenreira Galega, Pataca Galega, Pan de Cea, Mexillón de Galicia, Mel de Galicia, Castaña de Galicia e Augardentes e licores tradicionais.
O programa do 11 de novembro virá moi cargado de actividades. Poderemos desfrutar do taller "Percorrer Galicia a través dos seus viños, dende dentro da copa" a cargo da sumiller Mercedes González; haberá unha demostración culinaria con produtos das distintas certificacións de calidade galegas; unha cata comentada dos catro queixos con denominación de orixe e elaboracións culinarias; un obradoiro de elaboración de pan e unha cata comentada dos viños teenses dentro da DO Rías Baixas. Na carpa municipal ese 11 de novembro tamén se darán a coñecer os resultados dos sorteos do PicoTeo 2017.
Saborea As Pontes 2017 - IX Concurso de Tapas Vila de As Pontes
Información del concurso
Padrón acolle as VII Xornadas Gastronómicas Saborea Padrón dende o venres 6 ao domingo 15 de outubro do 2017.
É unha iniciativa para a promoción e posta en valor da hostalería padronesa e a nosa gastronomía, que conta cunha grande calidade .
O público pode votar a súa tapa favorita nos ‘pasaporte’ do evento que lle serán entregados coa consumición. Unha vez cubertos, hai que depositalos nas urnas do evento presentes en todos os establecementos participantes.
Condicións de uso do Pasaporte
Premios para os usuarios do Pasaporte
As persoas que participen co seu voto na elección da mellor tapa participa simultaneamente no sorteo de diferentes vales:
* 1 vale de 100€ para consumicións no establecemento gañador.
* 3 vales de 50€ cada un para consumicións nun dos establecementos participantes (o vale non se fracciona)
En cada pasaporte deberá estar selado un mínimo de 3 locais participantes diferentes.
Sorteo especial
Todas aquelas tarxetas cubertas con 6 selos dos establecementos participantes entrarán no sorteo dun premio especial dunha das seguintes opcións a escoller: aloxamento dunha noite con almorzo para dúas persoas no hotel O Semáforo de Fisterra, con queimada e agasallo especial, ou unha experiencia turística a escoller entre diversas propostas existentes no sitio web www.planb.es.
O sistema de reconto dos votos emitidos polo público (‘pasaportes’ depositados nas urnas) farase mediante a suma de todos os votos obtidos.
Cada ‘pasaporte’ consta de casillas onde deberán de selar os establecementos onde se deguste a tapa e votar entre un e tres puntos a nota que se da á tapa consumida.
O concello de Vedra en colaboración cos establecementos de hostalería asociados á marca “Tabernas da Ulla” organiza o Roteiro - Concurso “Vedra de Tapas” co obxectivo de promover a restauración local.
* Datas: 6,7,8,11,12,13,14 e 15 de outubro de 2017
* Horarios: de 13:00 a 15:00 h. e de 20:00 a 23:00 h.
Venres 6 |
|
NOITE |
Sábado 7 |
MEDIODÍA |
NOITE |
Domingo 8 |
MEDIODÍA |
|
Mércores 11 |
|
NOITE |
Xoves 12 |
MEDIODÍA |
NOITE |
Venres 13 |
|
NOITE |
Sábado 14 |
MEDIODÍA |
NOITE |
Domingo 15 |
MEDIODÍA |
|
Cada tapa terá un prezo de venda ao público de 1,50 €.
Tapa + albariño: Se os clientes degustan unha tapa acompañada por un viño albariño das adegas locais, o prezo de venda ao público será de 3,00 €.
Durante 2 fins de semana Arteixo disputa o seu coñecido e exquisito Concurso de Tapas, do 25 ao 27 de Agosto e do 1 ao 3 de septembro. Nesta ocasión ademáis, faino coincidindo do 2 ao 3 de Septiembro coa Feria de Vehículos de Ocasión “AutoArteixo” e cun roteiro de “Tendas na Rúa”, unha serie de comercios que liquidan restos de stock en postos nas rúas peonís máis céntricas da localidade.
A Asociación de Comerciantes e Hosteleiros de Arteixo, Arteixo Centro Comercial Aberto, co patrocinio do Concello de Arteixo e de Coca Cola, volve á carga co clásico concurso de Tapas na sua edición de verán, pero de novo resístese a que o clásico sexa sempre igual, presentando interesantes novidades.
O Concello de Neda coa finalidade de promover e dinamizar o sector da hostelería, organiza un ano máis a Ruta do Pincho.
Esta actividade está enmarcada nos actos previos á Festa do Pan de Neda que se celebra o primeiro domingo de setembro.
Oito son os locais participantes: Mesón A Canteira, Mesón O Fumazo, Cervecería Entreríos, Cervecería - Vinoteca O Lagar,, Café Bar Albarón, Cafetería - Panadería - Pastelería La Barra de Oro, Café Bar Chámalle cómo queiras e Café Bar Hiper Energy.
O Prezo do pincho en todos os establecementos é de 1 €.
Ruta do Marisco en Vilalba, los hosteleros ofrecerán tapas de marisco. El precio minimo es de 1,50 €, a partir de ese importe el Hostelero pondrá precio a su tapa en función de lo que ofrezca. Los horarios de la degustación de las tapas para el día 6 y 7 de Julio serán de 20:00 h a 23:00 h y los días 8 y 9 en ese mismo horario y ademas de 13:00 h a 15:00 h.
O Centro Comercial Aberto “As Travesas” pon en marcha a III Ruta do Pincho como forma de atraer máis visitantes e reforzar o Comercio e a Hostalería da zona das Travesas.
A proposta diríxese ós establecementos da zona, para desenvolver dende o venres 2 ata o domingo 18 de xuño do 2017.
Horario do concurso:
Tapea por Fene, pide que cada establecemento che poña na Fenerruta o seu selo ao degustar a tapa. Cando teñas alomenos 7 selos de tapa creativa e 10 selos de tapa tradicional, xa podes votar polas túas tapas favoritas a través da Fenerruta.
En Ribadeo somos amantes da cultura da boa comida, nós cremos que a cultura culinaria é parte importante na historia da nosa vila e do noso estilo de vida.
Conservamos os vínculos coa terra, o mar e a montaña, cos ingredientes que estes nos proporcionan; e a través da mesa, en lugares propios ou sociais, creamos lazos que se converten nunha forma marabillosa de pasar o noso tempo á beira doutras persoas.
A característica que mellor nos define como amantes da gastronomía é unha viva curiosidade, practicamente obsesión, por achar auténticos e orixinais sabores.
Porque no noso pobo a gastronomía leva o xerme do talento visionario, sustento onde se apoian as nosas personalidades creativas, innovadoras e rompedoras.
Neste recuncho, sentimos un profundo respecto polos nosos cociñeiros locais, compoñedores de melodías que harmonizan olores, sabores e texturas.
Nesta décimo segunda edición do Ribadeo de Tapeo invitámoste a convértete no noso explorador culinario, e a través das tapas, redescubrirnos para ter unha visión máis auténtica e profunda da nosa esencia.
Ana María Martínez,
Concelleira de Turismo, Comercio e Desenvolvemento Local.
A Campaña das Santas Tapas deste ano comeza o mércores 12 ata o domingo 16 de Abril.
Iniciativa promovida pola Plataforma da Biopsia Líquida de Ribeira cos hosteleiros da Pobra.
Atopanse 14 lcais inscritos que faran a sua tapa solidaria, cobrando por ela un prezo simbólico se 1,50 € para recaudar fondos para o estudo da Biopsia Líquida, doando a integridade do prezo da tapa para Oncomet.
TAPEA LAMPREA 2017 PONTECESURES (24, 25 E 26 DE MARZO DE 2017)
DESCRICION LOCAIS E TAPAS
1) 1) PIZZA BAMBINO: (Sagasta, 19 – 986 557 470)
Nome da tapa: Lamprea á italiana
Descripción da tapa : Pizza e Lasagna de Lamprea.
2) TELE BAR: ( A Plazuela, 2 – 986 557 408)
Nome da tapa: Bombitas de Lamprea.
Sen descrición.
3) CARABELA: ( San Lois, 28 – 986 557 508)
Nome da tapa: Sushi de Lamprea.
Sen descrición.
4) CASA CHAVES: (Ullán, 24 – 986 557 259)
Nome da tapa: Os saquiños do tesouro.
Descrición da tapa: Pasta filo rechea de lamprea con arroz, acompañada de crema de pataca con lamprea.
5) BAR MAMBÍS: (Patifas, 2 - 616 620 975)
Nome da tapa: Empanada de Lamprea ó estilo Mambís.
Sen descrición.
6) SALÓN DE TÉ SOLES: (Redondo, 24 – 986 188 332)
Nome da tapa: Lampreada.
Descrición da tapa: Caramelo de hojaldre relleno de lamprea, en su salsa con una base de arroz.
7) BAR O MECO: (Praza de Pontevedra, 3 – 646 233 900)
Nome da tapa: Lamprea á bordelesa.
Descrición da tapa: Lamprea á bordelesa con arroz e picatoste.
8) CHURRASQUERÍA O CANDIL: (Rúa dos Namorados, 29 – 986 557 561)
Nome da tapa: Empanada de Lamprea.
Descrición da tapa: Empanada de lamprea con salsa e patacas fritas.
9) BAR CHOCO: (Praza dos Valeiros, 4 -986 556 640)
Nome da tapa: Lamprea á bordelesa con rodaja de cachelos.
Sen descrición.
10) BAR NU-2: (Carlos Maside, 10 – 680 911 373)
Nome da tapa: Cesta de Lamprea do NU-2.
Sen descrición.
11) A CASA DO RÍO: (Víctor García, 1 – 986 557 575)
Nome da tapa: Tartaleta de la Reina del Ulla.
Sen descrición.
28 establecimientos de restauración de nuestro municipio participan en esta III Ruta de la Tapa Saludable de Benalmádena, ofreciendo sus mejores tapas. Son tres los objetivos fundamentales: LLevar la dieta mediterránea a la tapa saludable, promover el pasear caminando como la forma más natural, saludable y ecológica de desplazarse por la ciudad y disfrutar con amigos y familiares.
El precio de la tapa sera de 2 euros tapa + consumición (vino, cerveza o agua).
A biopsia líquida é un novo método de análise, rápido e sinxelo, para analizar tumores a través dunha extracción de sangue.
O grupo de Oncoloxía Médica Traslacional (Oncomet) do Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela (IDIS) leva anos traballando nesta técnica.
Para continuar avanzando e que os doentes de cancro poidan beneficiarse o máis rápidamente posible das vantaxes destas novas técnicas e axudarnos a situar a Galicia na vangarda da investigación, precisamos da túa axuda.
Campaña de micromecenado.
BIOPSIA LÍQUIDA
GALICIA NA VANGARDA DA INVESTIGACIÓN ONCOLÓXICA.
¡ C O L A B O R A !
ONCOMET
www.oncomet.es
colabora.biopsia.liquida@oncomet.es
Teléfono: 981 955 344
"Entroido de cine nos bares de Vilalba" e vai a ser do 25 ao 28 de Febreiro.
Hosteleiros colaboradores van a decorar os locales e tamen se vai a disfrazar o persoal de cada local, a temática vai a ser de películas de cine.
Vaise a sortear unha cesta con productos tipicos do entroido.
XA ESTÁ AQUÍ a edición de inverno do Concurso de Tapas por Arteixo
de ARTEIXO CENTRO COMERCIAL ABERTO!!
Do Xoves 16 ao Domingo 19 de Febreiro, 18 establecementos hosteleiros de Arteixo, ofrecerán en horario de mediodía e tarde-noite a sua tapa concursante (1,80 €), acompañada da tua bebida favorita, e festexamos así o "X Concurso de Tapas por Arteixo".
Neste concurso, hai 2 xurados. O máis importante son os propios consumidores, que cada 4 tapas consumidas e seladas nunha papeleta, poden emitir un voto coa sua opinión de cal é a mellor tapa de entre as 4 degustadas e seladas en cada papeleta. A cambio do seu voto, ademáis de disfrutar das deliciosas tapas, todas as papeletas válidas (con 4 selos e os datos do cliente) entran no sorteo de 2 premios de 150 € cada un, e un premio de 300 € en vales de compra válidos ata o 31 de marzo para as case 80 tendas, bares, restaurantes e empresas de servizos asociados ao CCA, que aparecen no listado de socios na web www.ccaarteixo.com.
Os consumidores elixen a "Mellor Tapa- Xurado Popular, mentres que contamos tamén cun xurado profesional, que elixe a "Mellor Tapa - Xurado Profesional - A Tapa con Máis Chispa". As tapas gañadoras reciben un diploma e trofeo e un agasallo de productos de Coca Cola, porque un ano máis contamos coa colaboración de COCA COLA, que nos invita a “SENTIR o SABOR DE COCA COLA, DE TAPAS POR ARTEIXO” unha edición máis.
Todos los amantes de la buena cocina pueden gozar, desde el jueves 17 de noviembre al domingo 4 de diciembre, de las mejores tapas en Santiago de Compostela.
La ciudad acoge el IX Concurso Santiago(é)tapas, una iniciativa que tiene como fin promover nuestra gastronomía a través de estos pequeños pero exquisitos platos.
El público puede votar su tapa favorita en los posavasos especiales del concurso que le serán entregados con la consumición. Una vez cubiertos, hay que depositarlos en las urnas del concurso presentes en todos los restaurantes y bares participantes.
Los productos gallegos de calidad, amparados por las denominaciones de origen e indicaciones geográficas protegidas, cobran especial relevancia en las tapas.
Como cada mes de novembro poñemos en marcha o Chantapas.
Este ano a novidade máis importate será que cada establecemento participantes presentará soamente unha tapa.
A tapear no corazón de Galicia!
CONCURSO DE TAPAS, MARIDAXE E CATA DE VIÑOS.
21 LOCALES PARTICIPANTES DO CONCELLO DE VILALBA.
Horario para degustar as tapas e realizar a cata de viño será de 13:30 a 15:00 h e de 20:00 a 23:00 os días 10,11,12 e 13 de NOVEMBRO.
Información del concurso
Padrón acolle as VI Xornadas Gastronómicas Saborea Padrón dende o venres 7 ao domingo 16 de outubro do 2016.
É unha iniciativa para a promoción e posta en valor da hostalería padronesa e a nosa gastronomía, que conta cunha grande calidade .
O público pode votar a súa tapa favorita nos ‘tapasporte’ do evento que lle serán entregados coa consumición. Unha vez cubertos, hai que depositalos nas urnas do evento presentes en todos os establecementos participantes.
Condicións de uso do Tapasporte
Premios para os usuarios do Tapasporte
As persoas que participen co seu voto na elección da mellor tapa participa simultaneamente no sorteo de diferentes vales:
* 1 vale de 40€ para consumicións no establecemento gañador.
* 3 vales de 20€ cada un para consumicións nun dos establecementos participantes (o vale non se fracciona)
En cada pasaporte deberá estar selado un mínimo de 3 locais participantes diferentes.
Sorteo especial
Todas aquelas tarxetas cubertas cos selos da metade dos establecementos participantes (8 establecementos) entrarán no sorteo dun premio especial.
O sistema de reconto dos votos emitidos polo público (‘tapasportes’ depositados nas urnas) farase mediante a suma de todos os votos obtidos.
Cada ‘tapasporte’ consta de casillas onde deberán de selar os establecementos onde se deguste a tapa e votar entre un e tres puntos a nota que se da á tapa consumida.
O concello de Vedra en colaboración cos establecementos de hostalería asociados á marca “Tabernas da Ulla” organiza o Roteiro - Concurso “Vedra de Tapas” co obxectivo de promover a restauración local.
* Datas: 7,8,9,11,12,14,15 e 16 de outubro de 2016
* Horarios: de 13:00 a 15:00 h. e de 20:00 a 23:00 h.
Venres 7 |
|
NOITE |
Sábado 8 |
MEDIODÍA |
NOITE |
Domingo 9 |
MEDIODÍA |
|
Martes 11 |
|
NOITE |
Mércores 12 |
MEDIODÍA |
NOITE |
Venres 14 |
|
NOITE |
Sábado 15 |
MEDIODÍA |
NOITE |
Domingo 16 |
MEDIODÍA |
|
Cada tapa terá un prezo de venda ao público de 1,50 €.
Tapa + albariño: Se os clientes degustan unha tapa acompañada por un viño albariño das adegas locais, o prezo de venda ao público será de 3,00 €.
XA ESTÁ AQUÍ a edición de verán do Concurso de Tapas por Arteixo
de ARTEIXO CENTRO COMERCIAL ABERTO!!
Do Xoves 4 ao Domingo 7 de Agosto, 19 establecementos hosteleiros de Arteixo, ofrecerán en horario de mediodía e tarde-noite a sua tapa concursante (1,80 €), acompañada da tua bebida favorita.
Neste concurso, haberá 2 tapas premiadas, cada unha con 150 € e diploma acreditativo: unha por un xurado profesional e outra, como xa é tradición, será premiada polo xurado popular, é dicir, polos propios consumidores, que cada 4 tapas consumidas e seladas nunha papeleta, poden emitir un voto coa sua opinión de cal é a mellor tapa degustada. A cambio do seu voto, ademáis de disfrutar das deliciosas tapas, todas as papeletas válidas (con 4 selos e os datos do cliente) entran no sorteo de 300 € en vales de compra para gastar nas case 80 tendas, bares, restaurantes e empresas de servizos asociados ao CCA, que aparecen no listado de socios na web www.ccaarteixo.com.
Nesta edición, ademáis de poder visitar os bares concursantes, hai varias tendas nas rúas peonís Avda do Balneario e en Canónigo Cándido Varela, que estarán abertas nun horario especial ampliado, para que o roteiro de tapas e compras sexa completo. Podes visitalas, ademáis de no horario habitual, o venres ata as 22 horas, o sábado de 19 a 22 horas e o domingo de 12 a 14 horas. Moda infantil e de adultos, calzado, complementos e perfumería en: TRISCOS, MEBÁ, CASUAL KIDS, REBULIR, PERFUMERÍA MARUXA E CORRECAMIÑOS. Consulta o mapa de ubicacións!
Contamos tamén coa colaboración de COCA COLA, que patrocina un divertido concurso paralelo coas Fotografías do público; neste concrso os clientes do roteiro de tapas que suben ao facebook de Arteixo CCA fotos das tapas acompañadas da consumición de Coca Cola, poden gañar xantares ou ceas se son elexidos como a foto máis orixinal, a máis divertida, ou a Foto "Sinte o Sabor". CONSULTA AS BASES DESTE CONCURSO E PARTICIPA!! As fotos deben reflexar unha tapa concursante e unha botella de Coca Cola aberta, e vaise valorar especialmente que nas fotos se imiten os anuncios de coca cola “SIENTE EL SABOR DE COCA COLA”, nos que se anima a reencontrar o especial sabor de Coca Cola cando se bebe pola botella.
I edición do concurso de tapas doces en Chantada.
22-23-24 e 29-30-31 de xullo dende as 19:00 horas e ata a hora de peche ou fin de existencias dos establecementos participantes.
EL TAPEO ES UNA NOBLE CULTURA, UNA FORMA DE COMPARTIR, DE VIVIR UNOS MOMENTOS DE RELAX.
ES UNA FORMA DE VIDA, LA NUESTRA.
DÉJESE LLEVAR Y DISFRUTE DE NUESTRA EXCELENTE GASTRONOMÍA!!!!
Chantada celebrará o seu II Concurso de Tortillas.
Datas: 1-2-3 e 8-9-10 de xullo.
Horario: 19:00 ata peche ou fin de existencias.
Ribadeo de Tapeo 2016
Teño a grata sensación que Ribadeo de Tapeo, logo de xa once anos é mais, moito mais que tapas. A xente agarda con ilusión esta cita gastronómica para saír a disfrutar con amigas e amigos das propostas creativas, unidas á tradición das nosas cociñeiras e cociñeiros.
Momento de redescubrir entre olores e sabores lugares tradicionais e novas apostas. Aproveitar para ir aqueles sitios nos que era difícil marchar nos vellos tempos, sacar esa espiña de enriba e convocar aos teus achegados, cos que te encontras tantas veces na rúa despedíndote cunha cita tan común como pouco habitual á hora de facela realidade: “A ver cando quedamos pa tomar algo?”
Moitos destes pequenos momentos gastronómicos van unidos á peregrinaxe de cantar e comer de bar en bar disfrutando do local, dos produtos da nosa terra e do noso mar, vestidos para enchernos a vista e o gusto.
Sendo conscientes, de que moitos reclaman a modernización e innovación como clave do éxito para a diferenciación, desde o concello queremos apostar por revalorizar as nosas tradicións, recuperar a memoria das cousas esquecidas, aprender a desaprender, a redescubrir un pasado que non pasa.
Con este espírito queremos voltar a pasearnos polos mercados locais, a unirnos nos bares de sempre e coa xente de sempre ao son da música cos Cantos de Taberna. Mestúranse na miña cabeza recordos de tanta xente compartido un viño e cantando na Cosechera, no Venecia etc…!!!!!
O valor do pequeno, en ocasións coma esta, é grande, a esencia da vida ben vivida, aprezando o labor da colectividade, da amizade, toda unha cadea de profesionais e persoas que son a alma do Ribadeo de Tapeo.
Sen mais queremos, a ritmo de cociña, levantar os ánimos e o apetito.
Larpeiros do mundo unídevos e vinde a Ribadeo a cantar e tapear!!!!!
Ana María Martínez,
Concelleira de Turismo, Comercio e Desenvolvemento Local.
EL TAPEO ES UNA NOBLE CULTURA, UNA FORMA DE COMPARTIR, DE VIVIR UNOS MOMENTOS DE RELAX.
ES UNA FORMA DE VIDA, LA NUESTRA.
DÉJESE LLEVAR Y DISFRUTE DE NUESTRA EXCELENTE GASTRONOMÍA!!!!
"Bai de Tapas" ofrece cerca de 60 tapas, en 28 establecimientos de Baiona, a un precio de 2 € o 3'50 €, combinado con un vino de los patrocinadores del concurso. Está organizado por la Concejalía de Turismo de Baiona y Aceba.
VIERNES: Tarde/Noche
SABADO: Mediodía y Tarde/Noche
DOMINGO: Mediodía
Trinta e dúas propostas gastronómicas danse cita nesta quinta edición da Ruta do Pincho da man doutros tantos establecementos hostaleiros esparexidos pola xeografía do municipio. Dende o casco urbano de Redondela, pasando polo centro de Chapela, descubrindo as Praias de Cesantes e Area Longa, nas máis acolledoras contornas rurais poderás degustar os sabores da nosa terra e do noso mar en pequenas porcións que farán espertar todos os sentidos.
Os mellores pinchos da Hostalaría do Concello de Redondela presentase para ser degustados xunto cunha coidada selección de viños da Bodegas Altos de Tarona, Regina Viarum e Herencia de Juan Alcorta a un prezo único de 2,75€.
A clientela poderá puntuar todos os pinchos e ademais participar no sorteo de relaxantes e saborosos premios:
1º Noite para dúas persoas no Hotel Balneario Augas Santas + Ruta Termal + Visita á adega Regina Viarum con degustación de viño.
2º Comida para dúas persoas nun dos locais participantes da ruta que elixa o premiado + Botella de viño.
3º Dous pases para Circuíto Termal completo no Talaso de Baiona(de luns a sábado).
Grazas ás valoracións da clientela os hostaleiros tamén verán recompensado o seu bo facer na cociña con un premio outorgado polas adegas colaboradoras.
Durante o periodo do concurso toda aquela persoa que desguste algunha das tapas que se presentan ao concurso recibirá un cupón a entregar na carpa da organización para poder degustar fabada ou fideuá GRATIS !!!!
A Campaña das Santas Tapas deste ano comeza o mércores 23 ata o domingo 27 de Marzo.
Ata o momento deixámosvos os comercios participantes cas súas respectivas tapas.
Os días 4, 5 e 6 marzo terá lugar o "Tapealamprea" en 15 establecementos hostaleiros de Pontecesures.
XA ESTÁ AQUÍ a edición de inverno do Concurso de Tapas por Arteixo
de ARTEIXO CENTRO COMERCIAL ABERTO!!
Do Xoves 18 ao Domingo 21 de Febreiro, 23 establecementos hosteleiros de Arteixo, ofrecerán en horario de mediodía e tarde-noite a sua tapa concursante (1,80 €), acompañada da tua bebida favorita.
Neste concurso, o xurado son os propios consumidores, que cada 4 tapas consumidas e seladas nunha papeleta, poden emitir un voto coa sua opinión de cal é a mellor tapa degustada. A cambio do seu voto, ademáis de disfrutar das deliciosas tapas, todas as papeletas válidas (con 4 selos e os datos do cliente) entran no sorteo de 300 € en vales de compra para gastar nas case 80 tendas, bares, restaurantes e empresas de servizos asociados ao CCA, que aparecen no listado de socios na web www.ccaarteixo.com.
Contamos tamén coa colaboración de COCA COLA, que patrocina un divertido concurso paralelo coas Fotografías do público; neste concrso os clientes do roteiro de tapas que suben ao facebook de Arteixo CCA fotos das tapas acompañadas da consumición de Coca Cola, poden gañar xantares ou ceas se son elexidos como a foto máis orixinal, a máis divertida, ou a Foto "Sinte o Sabor". CONSULTA AS BASES DESTE CONCURSO E PARTICIPA!! As fotos deben reflexar unha tapa concursante e unha botella de Coca Cola, e vaise valorar especialmente que nas fotos se imiten os novos anuncios de coca cola “SIENTE EL SABOR DE COCA COLA”, nos que se anima a reencontrar o especial sabor de Coca Cola cando se bebe pola botella.
VAI DE TAPAS NOIA 2015
15 Establecementos
25 tapas
O mellor berberecho¡¡
11, 12 e 13 de decembro
Todos os amantes da boa cociña poden gozar, dende o xoves 12 ao domingo 29 de novembro, das mellores tapas en Santiago de Compostela.
A cidade acolle o VIII Concurso Santiago(é)tapas, unha iniciativa que ten como fin promover a nosa gastronomía a través destes pequenos pero exquisitos pratos.
O público pode votar a súa tapa favorita nos pousavasos especiais do concurso que lle serán entregados coa consumición. Unha vez cubertos, hai que depositalos nas urnas do concurso presentes en todos os restaurantes e bares participantes.
Os produtos galegos de calidade, amparados polas denominacións de orixe e indicacións xeográficas protexidas, cobran especial relevancia nos petiscos.
O Tapasporte poderá recollerse nos seguintes puntos:
A validación dos Tapasportes presentados realizarase na Oficina de Santiago(é)tapas, sita na Oficina de información turística municipal de Turismo de Santiago (Rúa do Vilar, 63) de 12.00 a 15.00 e de 17.00 a 19.00 horas todos os días, entre os días 12 de novembro e 2 de decembro (ambos inclusive).
Para conseguir os premios correspondentes a cada (é)TAPAS, deberá presentarse o Tapasporte unha vez concluída a (é)TAPAS correspondente. Non se poderán retirar os premios correspondentes ás (é)TAPAS anteriores se non se validou o Tapasporte no seu momento.
Coa finalidade de fomentar o uso do Tapasporte entre os visitantes e turistas que se atopen na cidade nas datas do Concurso, e que, debido á reducida duración da súa estadía na cidade, non teñen a oportunidade de completar as rutas, establécese o TAPASPORTE EXPRESS, que contará cun espazo específico dentro do Tapasporte oficial do Concurso.
O Tapasporte Express poderá ser cumprimentado por visitantes ou turistas que se atopen aloxados en calquera establecemento hostaleiro da cidade, cunha pernoctación mínima de 1 día.
O Tapasporte Express poderá obterse:
Para que o Tapasporte Express teña validez deberá estar selado polo establecemento hostaleiro no que pernocten ou Oficina de Santiago(é)tapas, sita na Oficina de información turística municipal de Turismo de Santiago (Rúa do Vilar, 63). sempre que acrediten a pernoctación.
Para poder optar aos distintos agasallos, deberá presentarse debidamente cuberto na Oficina de Santiago(é)tapas, sita na Oficina de información turística municipal de Turismo de Santiago (Rúa do Vilar, 63) de 12.00 a 15.00 e de 17.00 a 19.00 horas, entre os días 12 de novembro e 2 de decembro (ambos inclusive).
O período de vixencia do Tapasporte Express será o da duración do Concurso: do 12 ao 29 de novembro de 2015.
Os usuarios que cubran o Tapasporte Express con tantos selos de establecementos distintos como (é)TAPAS ou rutas teñas sido definidas pola Organización, e sempre que cada un dos establecementos pertenza a cada unha das rutas ou (é)TAPAS establecidas, terán dereito a un agasallo seguro ata finalización de stock.
Unha ruta de tapas polos locais hostaleiros da Mancomunidade de Municipios Arousa Norte. Trátase dunha iniciativa turística que pretende poñer en valor o produto de tempada durante a última fin de semana de outubro o mes de novembro.
QuedamosdeTapas