Cuntis 2017

Cuntis (Pontevedra)

Listado de tapas Ver mapa

Ingredientes: ovos, fariña, leite, nata, queixo relado, grelos, lacón, sal, pementa negra e aceite de oliva. Elaboración: Co forno prequentado a 210 graos, preparamos e cortamos os grelos en anacos e salteamos un pouco co lacón cortado tamén en anacos. Retiramos e reservamos. Facemos a masa: poñemos a fariña, o leite, a nata e os ovos e mesturamos todo ata facer unha crema. Engadimos o queixo, a sal e a pementa e mesturamos todo. Nun molde colocamos os grelos e o lacón, cubrindo o fondo, recheamos coa crema e metemos no forno.
A FONTIÑA
CAFLOUTIS DE LACÓN E GRELOS
Ingredientes: lacón, patacas, ovos, grelos, pan relado, leite, queixo, sal e aceite Elaboración: Cocer o lacón. Na auga do lacón cocemos tamén as patacas. Desfacemos o lacón e esmagamos as patacas. Mesturamos con ovo, pasar por leite e pan relado. Facer unas boliñas redondas e fritir. Crema: cocemos os grelos na mesma auga do lacón, botamos queixo e trituramos.
BAR O TRASPASO
DELICIAS DE PATACA E LACÓN CON CREMA DE GRELOS
Ingredientes: tomate, pemento, lacón, chourizo, cebola e fideos. Elaboración: Sofritir as verduras e cocer o lacón. Engadir no caldo do lacón os fideos e deixar cocer durante 15 minutos.
MESÓN O VALENCIANO
FIDEUA DE LACÓN
Ingredientes: lacón, patacas, allo e aceite de oliva. Elaboración: Pelamos e troceamos tanto as patacas coma os allos e engadimos aceite de oliva. Trituramos todo ata obter unha crema que lle botamos ó lacón cocido.
CERVEXARÍA A BOLERA
LACÓN Á BOLOÑA
Ingredientes: boliños de pan de hamburguesa, hamburguesa de carne mixta, queixo, lacón, grelos, aceite de oliva e pemento doce. Elaboración: Fritimos as hamburguesas, colocamolas no boliño de pan e a continuación poñemos enriba un pequeño trisco de queixo. De seguido, engadimos lacón e unha folla de grelo(cocidos previamente), decoramos cun pouco de pemento doce e unhas pingas de aceite de oliva.
FOGAR DO PENSIONISTA
LACONBURGUER
Ingredientes: Lacón, grelos, orella, cebola, allo, loureiro, pementa, azafrán, curry, patacas, cogomelos, pemento vermello, viño branco, brandy, chícharos e aceite de oliva virxe. Elaboración: Unha vez cocidos o lacón, a orella e os grelos troceamos o lacón e a orella e reservamos. Na tarteira sofritimos a cebola, o allo, o pemento vermello e engadimos o viño branco e o brandy, deixamos uns minutos e seguimos engadindo o azafrán, o curry, os chícharos, os cogomelos, as patacas, o loureiro e salpementamos. Cando estea case feito engadimos o lacón, a orella e os grelos.
BAR MONCHO
LACORELLA
Ingredientes: pan feito con grelo, queixo de tetilla, lacón e cebola caramelizada. Elaboración: collemos unha rebanda de pan-grelo, colocamos un anaco de lacón e outra de queixo de tetilla, coroamos con cebola caramelizada e damos un golpe de forno para servilo quente.
A TENDA DA PONTE
MANTO DE GRELO E LACÓN CON QUEIXO DE TETILLA E CEBOLA CARAMELIZADA
Ingredientes: pan con pasas, lacón, queixo de rolo, salsa de soia e azucre. Elaboración: Nunha rebanda de pan con pasas colocamos lacón picado e un anaco de queixo de rolo. Caramelizamos o azucre nunha tixola e engadimos a salsa de soia, unha vez espesa botamos por riba do montado.
A CASA DA BURGA
MONTADO DOCE DE LACÓN CON QUEIXO DE ROLO EN SALSA DE SOIA
Ingredientes: arroz, cebola, tomate, allos, manteiga, aceite, lacón e cogomelos. Elaboración: Sofritir cebola, tomate, allo cos cogomelos e engadimos o lacón (previamente cocido). Botamos o arroz e auga deixamos facer a lume lento 20 minutos. Unha vez feito o arroz engadimos a manteiga.
CAFÉ-BAR BATIFOULA
O RISSOTO
Ingredientes: Nata, nabo, pataca, pasta, lacón, perlas de chourizo e queixo. Elaboración: Faise unha crema fina de nata e pataca, cocemos a pasta, trocéase o lacón cocido, emprátase nesta orde e decórase coas perlas de chourizo e queixo.
BAR RESTAURANTE DON MANUEL
PERLAS DE INVERNO
Ingredientes: masa de millo, mozarella, lacón e grelos. Elaboración: Estiramos nunha bandexa de forno a masa de millo e colocamos encima a mozarella, o lacón e os grelos previamente cocidos e picados; finalmente, metemos todo no forno.
CAFÉ-BAR CHISTOSO
PIZZA DE MASA DE MILLO E LACÓN CON GRELOS
Ingredientes: Para o recheo: leite, fariña, sal, lacón e grelos cocidos e picados, manteiga e pasta filo. Para a salsa: cebola, tomate natural, chile, aceite, sal e azucre. Elaboración: Preparar unha bechamel con lacón e grelos; recheamos con esta bechamel a masa filo e enrolamos, metemos no forno 10 minutos. Acompañamos cunha salsa de tomate con chile.
O PARLADOIRO
ROLIÑO DE INVERNO
Ingredientes: lacón, cenoria, porro, repolo e queixo Elaboración: Sofritimos as verduras e hortalizas, facemos uns rolos de lacón recheos coas verduras, hortalizas e queixo. E forneamos durante 10 minutos.
CAFÉ-BAR CHELSEA
ROLIÑOS DE LACÓN CON VERDURAS E QUEIXO
Ingredientes: falda de porco, lacón, ovo, chourizo, aceitunas, cenorias, pemento morrón. Elaboración: Recheamos os rolos, doramos na tixola e forneamos; fritimos as verduras picadas con patacas. Loncheamos o rulo e bañamos con salsa de pementa verde.
7 CAMIÑOS
ROLO DE LACÓN
Ingredientes: masa follada, lacón, queixo, ovos e leite. Elaboración: Facemos tiras coa masa de 3 cm de ancho. Cortamos o lacón e o queixo cun ancho de 4 cm para que sobresaian da masa. Envolvemos coa masa as tiras de lacón e queixo en forma de rosa. Batemos un ovo cun pouco de leite e untamos a masa para que lle dea cor. Metemos as rosas de lacón en moldes para fornear uns 20 minutos.
O POTE
ROSAS DE LACÓN
Ingredientes: raxo, lacón, pementos de piquillo, grelos, nata, cebola, allo, tomate, ourego, cervexa, tomiño e pementa. Elaboración: Abrimos o raxo como un libro, rechéase con lacón e pementos de piquillo. Atamos e doramos na tixola, despois quitamos e metemos nunha pota con cebola, tomate, allo, cenoria e cervexa. Unha vez feito quitamos. Preparación da salsa: cocemos os grelos e trituramos. Despois botamos nunha pota cunha cebola, tres patacas, aceite, sal, pementa, tomiño, 1 litro de caldo de verduras e nata.
BAR ISLA
ROSBIF DE PORCO RECHEO DE LACÓN E CREMA DE VERDURAS CON GUARNICIÓN DE MAZÁ ASADA E CONFITADA
Ingredientes: pasta filo, pataca, lacón, manteiga e sal Crema de grelos: grelos, patacas, cebola, allo, auga, aceite e sal Elaboración: Preparación da crema: picamos allo e cebola e sofritimos en aceite. Cocemos as patacas e os grelos. Mesturamos todo e facemos a crema. Preparación dos saquiños: cocemos as patacas e o lacón. Cortamos en anaquiños e facemos un puré coas patacas e mesturamos todo. Cortamos unha folla de pasta fío en catro, untamos coa manteiga. Botamos unha cullerada do puré, pechamos como unha bolsiña e atamos con ceboliño. Colocamos os saquiños nunha bandexa de forno e metemos durante 20 minutos. Sacamos e colocamos nun prato cunha pouquiña crema de grelos.
CAFÉ-BAR O PASEO
SAQUIÑOS DE LACÓN E CREMA DE GRELOS