Listado de tapas Ver mapa

Semifrío de queixo con marmelada de pementos de padrón. Tapa Ribadeo. Tapa Vexetariana.
Z4 - Hotel Restaurante La Villa
3x1=Petisco
Representa a vida do paspallás dende que sae do niño. Tapa apta para celíacos.
Z4 - El Rincón del Gordo
A vida do paspallás
Torta de millo rechea de carne e verduras.
Z4 - Mesón Morriña
Arepa rechea
Brandada de bacallau sobre coca
Z3 - Mareta
Bicoca
Bolo de pan rústico recheo de carne desmenuzada con ovo, entrefebrado, gromos de leituga, queixo e mollo de mango habanero. Mañá: 13:00h a 15:00h e Tarde: 20:00h a 23:00h. Luns e martes á mañá. Tapa Ribadeo.
Z2 - Cienfuegos
Boliño Cienfuegos
Elaborada con diferentes sabores, texturas e aromas do mar. Tapa Ribadeo.
Z1 - Parador de Ribadeo
Brétema
Neste petisco fúndense os sabores dos produtos da terra e o mar. Deixando entrever moi sutilmente a intensidade do sabor mariño. Cunha textura suave e lixeira, moi agradable ao padal que nos deixa unha sensación agridoce. Tapa apta para celíacos.
Z3 - A Ribeira
Capricho Mariño
Mousse de queixo do cebreiro, con crumble de xamón serrano, noces garapiñadas en viño Mencia D.O. e mollo de mencía.
Z2 - Hotel AG Porcillán
Con queixo e viño facemos o camiño
Cesto crocante de plátano recheo de carne e mollo de pemento.
Z1 - La Brisa
Cruzando o mar
Días de feira. Tapa Ribadeo. Tapa apta para celíacos.
Z2 - Restaurante Marinero
Días de feira
Xibia en mollo con puré de pataca e mazá. Tapa Ribadeo.
Z2- Bar Estopa
Enxíbate na ría
Pescada do pincho de Celeiro en tempura con patacas e mollo. Tapa Ribadeo.
Z2 - Náutico Bar & Tapas
Fish and chips
Trátase de diferentes elaboracións ata conseguir un guiso que se como dun bocado. Guiso mariñeiro de horta e montaña. Tapa Ribadeo.
Z1 - Cayo Coco Grastobar
Guiso de taberna
Cama de torrada con solombo de porco e cogumelo en salsa de améndoas, langostino e tomate cherry. Tapa Ribadeo.
Z2- A Curuxa
Illote recheo
Tapa mariñeira con toques afumados. Tapa Ribadeo Tapa apta para celíacos.
Z2 - Texturas Galegas Javier Montero
Lareira do Mar
Segredo de porco á grella sobre crema de grelos e queixo de arzúa acompañado dunha parmentier. Tapa Ribadeo.
Z2 - O Alén
Manda Carallo
Minicachopo de chacina con cebola caramelizada, queixo e acompañada de puré de patacas con verduras. Tapa apta celíacos.
Z3 - Delicates
Minicachopo Delicatés
Espaguetes cunha albóndega de carne e queixo no seu interior.
Z3 - Cafetería Delicias
Nobelo da avoa
Polbo ó galega en tempura sobre pil pil de pemento. Tapa Ribadeo. Tapa apta para celíacos.
Z4 - Restaurante O Piano
O que quedou do calafate
- Empanada de bonito (8-10 persoas) _ 24 € - Pastel de peixe e marisco (6 persoas) _ 24€ - O noso biscoito (8 persoas) _ 14 € - Torta de queixo (6 persoas) _ 18 € - Pastitas de té (15 unidades)_ 8 € - Torta da avoa (8 persoas) _ 25 € Só se venderán os produtos enteiros, non é posible a venda por racións.
R_Hotel Restaurante O Cabazo
Oferta gastronómica permanente.
Torrada de polbo con queixo, patacas e pemento.
Z2 -Maloserá
Polbiño 2.0
Polo acompañado de arroz branco, patacas fritas e chícharos. Tapa Ribadeo.
Z4 - La Nueva Cervecería
Polo á francesa
Tapa doce. Tapa Ribadeo. Tapa vexetariana.
Z4 - Hotel Restaurante Javier Montero
Recordos da infancia
Bisté de polo aliñado envolto en entrefebrado e acompañado de patacas. Tapa Ribadeo. Tapa apta para celíacos.
Z1 - Madisón
Rolo Madison
Agradable tapa de sabores típicos da cociña do sur.
Z2 - Bar Galicia
Sabores do sur
Espeto de langostino e mexillón, queixo crocante, nata e patacas chips.
Z3 - Pulpería O Forno
Sea Monkey
Costela asada a baixa temperatura, sobre tortilla de trigo, con matices cítricos e picantes.
Z4 - A Mirandilla Restaurante
Taco de costela de porco
Timbal de tenreira galega con verduras de tempada (pementos, cenorias e cebola) bañado por un coulise de cenoria. Tapa Ribadeo.
Z3 - Fumarel
Timbal de tenreira galega
Unha torrada de pan de avea caseiro con verduras e o máis xugoso do porco.
Z3 - Café-Bar Nevada
Torrada de avea e porco
Torto de fariña de millo cuberto cunha mestura de zorza, nata e cogumelos. Tapa apta para celíacos.
Z3 - Cervecería San Roque
Torto San Roque
Voluván de hoxaldre recheo de polo con mollo de mostaza e ensalada verde.
Z3 - La Bugalla
Volován a Bugalla
Arroz de pescada con luriña angulada, ali-oli e mollo de tinta, acompañado de pan negro. Tapa Ribadeo.
Z3 - Prohibido
X