Listado de tapas Ver mapa

A tapa visualmente parecerá un brownie de chocolate sobre unha sopa de toffe. Realmente é rabo de tenreira prensado sobre un parmetier de pataca e cogomelos. Tapa Ribadeo.
Z2 - Texturas Galegas Javier Montero
Brownie salgado.
Trampantollo de caldo de polo espesado simulando un café acompañado dunha magdalena salgada de polo. Tapa Ribadeo. Tapa Celíacos.
Z4 - El Tranvía
Café da granxa.
Tosta de chacina de León con queixo de cabra, canónigos, froitos secos e tomate esferificado.
Z2 -Maloserá
Canapé cazurro.
Dadiños de año de leite macerados sobre cesta crocante de queixo cremoso galego gratinado, acompañado de xelatina de piquillos. Tapa celíacos e Tapa Ribadeo.
Z3 - Fumarel
Cestiña de dados de año de leite.
Vieira a baixa temperatura con torta de placton, tallaríns de lura da ría, faba verdiña e sopa de ourizo. Tapa Ribadeo e Tapa celíacos.
Z4 - O Piano
Da leira e da ribeira.
Fondo do mar dentro da copa que provocou a resaca. Tapa Ribadeo e Tapa celíacos.
Z4 - Hotel Restaurante La Villa
Despois da resaca.
Un guiso de tenreira con verduras cunha base de caldo con espesante de fariña de yuca acompañado de arroz branco. Comida típica do nordeste brasileiro.
Z4 - La Cuchara de Palo
Escondidiño de tenreira.
Ravioli de faba recheo de cabaza e estrugas con mollo de queixo. Tapa Ribadeo e tapa vexetariana.
Z2 - Amodiño
Favioli.
Rolo de tortilla de pataca, lacón, queixo e grelos, con puré de garavanzos cun mollo á galega.
Z1 - Taberna Antón
Lacón and Roll.
A nosa tapa pode enganar á vista coa súa apariencia de sobremesa, pero á hora de saboreala non ten nada que ver. Tapa Vexetariana.
Z1 - La Brisa
Non é o que parece.
Caniña rechea de brandada de bacallau, picada de xamón e cogomelos.
Z1 - Hotel Restaurante O Cabazo
Oh la la…ó verán!
Tapa con diferentes sabores e texturas mariñadas aderezadas con froitos e aromas da horta. Tapa Ribadeo.
Z1 - Parador de Ribadeo
Petisco de mar.
Base de algas e verduras, enriba un niño de pataca cun taco de polo e outro de gambón. Todo isto mariñado cunha redución de queimada. Tapa Celíacos.
Z3 - O Indiano
Queimada de mar e terra.
"Rabodeo". Tapa Ribadeo.
Z2 - Restaurante Marinero
Rabodeo
Pan Bao rechea de entrefebrado, vexetais, froitos secos e mollo oriental.
Z3 - Mareta
Ri Bao deo.
Roliño de polo, entrefebrado e queixo.
Z3 - Café - Cervecería Delicates
Roliño Delicatés.
Crocante de sobrasada e mazá en mollo de figos ao Oporto.
Z2 - Cienfuegos
Saquiño crocante.
Milfollas de xamón, queixo, berenxena e cebola caramelizada.
Z1 - Cafetería Rosa Lar
Sempre Rosalar.
Rulo de pasta con entrefebrado, carne e verduras con mollo e unha tosta de pan.
Z3 - Café-Bar Nevada
Tosta de rolo de carne.
Zanquiño de paspallás sobre cama de patacas panadeira con crema de cogomelos e pasas con crocante de fideos chinos.
Z4 - A Dorada do Cantábrico
Zanquiño de paspallás.
Tartaleta de tortilla campesiña coroada con zorza.
Z1 - De boca en boca
Zorz-illa.