Gale-Tapa 2018

Cuntis (Pontevedra)

Listado de tapas Ver mapa

Ingredientes: xabaril, cebola, pemento vermello, cenoria, allos porros, tomiño ou ourego, perexil, sal, viño tinto, fariña e aceite. Elaboración: cortamos a carne en anacos e adobamos con allo, perexil e sal. Poñemos nunha cazola e engadimos por riba todas as hortalizas ben picadas, un pouco de tomiño e ourego, o viño tinto e aceite, deixamos macerar dous días, remexendo de vez en cando. Nunha cazola, e previamente enfariñada a carne, fritimola e engadimos as hortalizas da maceración xunto co viño e deixamos cociñar a lume baixo, aproximadamente duas horas.
FOGAR DO PENSIONISTA
"CUBIL DO XABARIL"
Ingredientes: pataca, ovo, pemento vermello e verde, cebola, queixo e xamón cocido. Elaboración: cocer as patacas e os ovos; picar os pementos vermello e verde e a cebola. Mesturar todo e engadirlle vinagre e aceite.
O MESÓN DE MARÍA
"LIBRO DE PATACA Á VINAGRETA"
Ingredientes: pan tostado, aceite, allo, perexil, queixo fresco, tomate, bocarte e vinagre balsámico. Elaboración: Nunha tosta de pan, previamente tostada, poñemos o preparado de allo, aceite e perexil; colocamos o queixo fresco e o tomate en toras e sobre o mesmo os bocartes xa escabechados cun pouco ce vinagre balsámico.
PARRILLADA FOXOS
"MARÍA VICTORIA"
Ingredientes: ovos cocidos, maionesa, paus de cangrexo, mexillóns e pan tostado. Elaboración: cocer os mexillóns e os ovos; mesturar xunto cos paus de cangrexo e a maionesa. Colocar enriba do pan tostado e listo.
CAFÉ-BAR O PASEO
"O SABOR DA NOSA TERRA"
Ingredientes: raxo, cenoria, ovo cocido, tociño entrefebrado, pemento piquillo, olivas negras, pemento vermello, cebola, porro, pementa negra, aceite, sal, allo, viño branco e champiñóns. Elaboración: abrimos o raxo pola metade, botamos a cenoria, olivas, ovo cocido, touciño entrefebrado e pemento de piquillo todo ben picado. Pasamos o raxo pola tixola e engadimos o pemento vermello, a cebola e o viño branco; e pasamos a metelo no forno. Sofritimos os champiñóns co allo. Collemos o zume que soltou o raxo e reducimos para a salsa. Cortamos o raxo en toras e servimos acompañado dos champiñóns e a salsa.
BAR O TRASPASO
"RAXO RECHEO CON SALSA VICTORIA"
Ingredientes: lura da ría, allo negro, maionesa, fariña, sal, leituga e un bo pan. Elaboración: Salgar, enfariñar e fritir as luras. Facer a maionesa cos allos negros. Montar os bocadillos coa leituga e as luras fritidas, acompanar co ali-oli negro.
O PARLADOIRO
"SON DA RÍA"
Ingredientes: Fresas, tomate, allo, pan brioche, aceite de oliva, vinagre, sal, lagostinos, ovo, panko (pan relado xaponés), salicornia (planta) e arroz inflado. Elaboración: Mesturar tódolos ingredientes e triturar. Pelar os lagostinos e picar nunha brocheta, pasar polo ovo, o panko e fritir en aceite.
BAR RESTAURANTE DON MANUEL
ANAGNÓRISE
Ingredientes: Raxo, sal, tomiño, allo, aceite e queixo Philadelphia. Elaboración: Picamos o raxo e fritímolo co allo, engadímoslle aceite de oliva e queixo Philadelphia.
CERVEXARÍA A BOLERA
BRÉTEMA
Ingredientes: Manteiga, cebola, fariña, leite, queixo, marmelo, especies, sal, pan relado e ovo. Elaboración: Faise unha bechamel (cebola picada, manteiga, fariña e leite). Sazonar con especies ao gusto e engadimos queixo e marmelo. Deixamos arrefriar e facemos boliñas que fritimos en aceite.
CAFÉ-BAR BATIFOULA
CROQUETA DE QUEIXO CON MARMELO
Ingredientes: Mexillóns, cebola, pementos verde e vermello, viño branco, vinagre, aceite, sal e ovo. Elaboración: Cocer ao vapor os mexillóns e deixalos nunha cuncha; picar a cebola, os pementos e cocer os ovos. Mesturamos o aceite, o vinagre e o viño branco e engadimos os pementos, a cebola e o ovo todo ben picado. Reencher con esto as cunhas baleiras.
A FONTIÑA
O AMOR E AS PALABRAS
Ingredientes: -Pemento vermello, pemento verde, cabaciña, allos, cebola, salsa de tomate, patacas, mexillóns, sal e aceite. Elaboración: Facemos un pisto sofritindo tódolos ingredientes en aceite con sal. Engadimos a salsa de tomate, patacas e os mexillóns. Listo para servir.
7 CAMIÑOS
ZARAGALLADA