Listado de tapas Ver mapa

Fariña de millo fina, entreteto, cebola doce, carne mechada, queixo, polo e aguacate. Mañá 12:00 a 14:00h Tarde 19:00 a 22:00h Martes pechado. • Tapas Ribadeo: non • Celíacos: non • Vexetarianos: non
Zona 3 - A Ribeira
Arepas fritas de roxóns
Aperitivo formado de pé crocante de pan de leite recheo de brandada de nécora e mexillón coa súa salva en salsa picante. Para o barquillo: Pan de leite (glute, lácteo) 1 ovo batido. Para a brandada: 50 ml de aove,50 gr de fariña (glute), 1 cenoria, 1 porro, 1/2 l salsa nécora (pescado, crustáceos). Para o mollo picante : 50ml de AOVE, 1 cebola,1 dente de allo, 150 ml de salsa de tomate, 1 chile, 1 culler de pemento de la Vera, 1 vaso de viño albariño (sulfitos). Para os barquillos cortamos o pan en rebandas, estirámolas co rolete, pintamos con ovo, dámoslle forma de barquillo cilíndrico e enfornamos a 160 graos durante 8 minutos. Retiramos e reservamos. Para a brandada quentamos o aceite lixeiramente, douramos as verduras, engadimos a fariña e incorporamos a salsa do marisco a poucos ata conseguir a textura da brandada. Para o mollo picante poñemos o aceite a temperar e vamos incorporando o resto dos ingredientes a poucos deixando para o final o viño branco, engadimos os mexillóns e deixamos cocer 2 minutos. Mañá 13.00 a 15.00h Tarde 20.00 a 23.00h • Tapa Ribadeo: Non • Celíacos: Non • Vexetarianos: Non
Zona 1 - Parador de Ribadeo
Barquillo crocante de mexillón picante
Bisté de cocho recheo de lacón e queixo de Arzúa afumado, acompañado de grelos con allo e pemento. Dous bistés de cocho e no medio lacón cocido e un lisco de queixo de Arzúa. Pasamos os bistés por fariña, ovo e pan raiado. Douramos os grelos con allada e pemento. Mañá 13.00 a 15.00h Tarde 19.00 a 22.30h Domingo á noite pechado. • Tapa Ribadeo: si • Celíacos: non • Vexetariano: Non
Zona 4 - Bar de Tere Estación de Autobuses
Cachopo da terra
Mañá 13.00 a 15.00h Tarde 19.30 a 22.30h Martes pechado. • Tapa Ribadeo: Non • Celíacos: Non • Vexetarianos: Non
Zona 4 - Mareta
De vento
Delicias de polbo á flor Polbo, panko, patacas, porros, aceite, pemento, ceboliño, ovos e coandro (para celíacos usarase fécula de millo) Cocemos o polbo, facemos o rebozado con ovos, panko, puré de pataca, pemento e coandro. Fritímolo e decorámolo con ceboliño e mollo coandro. Mañá 13.00 a 15.30h Tarde 20.00 a 23.00h • Tapa Ribadeo: Si • Celíacos: Si • Vexetariano: Non
Zona 3 - La Flor de Jose
Delicias de polbo á flor
Eclair recheo de crema de andaricas, decorado con varias salsas simulando un pastel petisú. Para o eclair: leite, auga, manteiga, fariña, ovos e sal. Para a crema de andaricas: andaricas, cebola, porro, allo e brandy. Para a bechamel: crema de andaricas, fariña, leite e manteiga. Eclair: Nunha pota mestúranse todos os ingredientes menos a fariña e lévanse a ebulición, engádese a fariña e amasase. Dáselle forma e enfórnase. Crema de andaricas: Saltéanse as verduras e engádense as andaricas e o brandy e cocíñase. Tritúrase fino e pásase por un chino. Bechamel: Únense a metade da crema de andaricas e a metade do leite. Énchese o eclair coa crema de andaricas e adórnase como se fore un pastel. Mañá de 12.30 a 14.30h Tarde de 20.00 a 23.00h luns todo o día, mércores e domingo á noite pechado. • Tapa Ribadeo: Si • Celíacos: Non • Vexetariano: Non
Zona 3 - Bar Queimada
Eijo
Empanadilla de bacallau fritida acompañada de crema tártara e tomate confeitado. Bacallau, cebola, allo, pementos, perexil, tomate, olivas negras, fariña de trigo, aceite de oliva, cogombro, alcaparra e maionesa. Para a elaboración da masa necesítase fariña de trigo de forza, ovos, aceite de oliva, azucre, sal e auga morna. Mesturase todo e amásase. Divídese a masa en porcións e deixase repousar. Por último dáselle forma de disco. Para a elaboración do recheo previamente desálgase o bacallau, quítaselle a pel e cortase en anacos pequenos. Sofrítense as verduras en aceite de oliva con pemento doce e picante. Engádese o bacallau e por último sal o gusto e pementos do “piquillo”. A crema tártara faise mesturando maionesa, perexil, alcaparras, cogombro e cebola. Triturase coa mesturadora. Mañá 13.00 a 15.30h Tarde 20.00 a 23.30h Luns pechado. • Tapa Ribadeo: Non • Celíacos: Non • Vexetarianos: non
Zona 3 - Fumarel
Empanadilla de bacallau con crema tártara
Ensalada de tomate con envinagrados frescos, atún ou ventrecha e bacallau ao toque do bar. Tomate de pera, aceite, vinagre, sal, ovo duro, atún, olivas negras, alcaparras e bacallau. Bótase o tomate de pera nunha cunca, córtase e aplícase atún ou ventrechaa. Engádese vinagre, sal, AOVE e bacallau esmigallado, alcaparras e ovo duro. Mañá 11:00 a 14:00h Tarde 20:00 a 23:30h Martes pechado. • Tapa Ribadeo: non • Celíacos: sí • Vexetarianos: non
Zona 2 - Motor Head
Ensalada Murciana Motorhead
Pan torrado cos ingredientes colocados enriba a modo de espeto. Piparra, bocarte, anchoa, ceboliño, cogombro, oliva e pan Colocamos os ingredientes nun espeto enriba do pan torrado. Mañá 12.00 a 14.00h Tarde de 20.00 a 23.00h Mércores pechado. • Tapa Ribadeo: Si • Celíacos: Si • Vexetarianos: on
Zona 3 - Cafetería La Lira
Gilda de Ribadeo
Lingote de leitón celta en cama de mazá de sidra xelificada e cuberto de lascas "Mi Cuit" á ron anello. Leitón celta, mazá de sidra Reineta, fígado de pato fresco, ron anello. Horario: Mañá de 13.00 a 15.00h Tarde de 21.00 a 24.00h Luns pechado • Tapa Ribadeo: Si • Celíacos: Non • Vexetarianos: Non
Zona 2 - Pulpería A Menchina
Lingote de leitón
Receita especialidade da casa con grande aceptación pola clientela. Luriña, polbo, gambas, cebola, nata, allo, AOVE, pemento, sal e pemento. Pataca, manteiga, leite e ovo sobre mollo mariñeiro. Douramos a cebola, o allo e o pemento. Cortamos o polbo e as gambas e agregamos. Engadimos sal e pementa. Enchemos a luriña e fritímola en aceite ben quente. Colocamos a luriña nunha cazola con mollo mariñeiro e enfornamos 12 minutos. Presentámola sobre puré de patacas e salseamos con mollo mariñeiro. Mañá 13.00 a 15.00h Tarde 20.00 a 23.00h • Tapa Ribadeo: Si • Celíacos: Si • Vexetarianos: Non
Zona 3 - La Quinta
Luriña rechea de polbo e gambas
Volován recheo de luriñas e patacas palla Volován, luriñas, patacas, allo, cebola, perexil, aceite e sal Cociñamos as luriñas cun pouco de aceite, allo, cebola no seu propio mollo. Con iso enchemos o volován e adornamos con patacas palla Mañá 12.30 a 15.00h Tardes 20.00 a 23.00h Martes pechado. • Tapa Ribadeo: Si • Celíacos: Previo aviso • Vexetariano: Non
Zona 4 - O Indiano
Luriñas indianas
Tapa feita con produtos do comercio local Solombo de porco, vermú Arnao, chocolates Moreno e pan doce Facemos o mollo a base de verduras, especias, vermú onde cociñamos o solombo durante 4 horas. Ao final engadimos o chocolate. Mañá 13.00 a 15.00h Tarde 20.00 a 23:00h Luns pechado. • Tapa Ribadeo: Si • Celíacos: Non • Vexetarianos: Non
Zona 2 - Barallocas
Made in Ribadeo
Outra versión do cocido galego. Lacón, grelos, orella de porco celta, garavanzos, patacas, chourizos, cebola, cenoria, AOVE, manteiga e sal. Mañá 13.00 a 15.00h Tarde de 20.30 a 23.30h Domingo a mediodía e martes pechado. • Tapa Ribadeo: Si • Celíacos: Si • Vexetarianos: Non
Zona 4 - O Piano
Máis cocido
Panipuri recheo de cordeiro con crema de iogur e tapenade. Mañá de 13.00 a 15.00h Tarde de 20.15 a 23.15h Mércores á noite e xoves pechado • Tapa Ribadeo: Non • Celíacos: Non • Vexetarianos: Non
Zona 2 - La Solana
Marisco do cortello
Boliño con carne verduras e pan Tenreira, polo de corral, galiña, touciño, garavanzos, chourizo ibérico, pan molete, alioli, ceboliño e trufa Prepárase un cocido e córtase toda a carne, colócase sobre o pan e por enriba ponse o alioli e trufa Mañá 13.00 a 15.00h Tarde de 20.00 a 23.00h Luns pechado. • Tapa Ribadeo: si • Celíacos: non • Vexetarianos: non
Zona 2 - Mesón D Cata
Molete da Avoa
Boliño preñado recheo de marisco. Fariña, sal, lumbrigante, centola, lagostino, ourizo de mar, tomate, cebola, cenoria e ovo. Preparamos un pan caseiro de lumbrigante e enchémolo cunha boloñesa de centola e lagostino. Rematamos cunha maionesa de ourizo, e un "topping" de ovo. Mañá 12.00 a 14.30h Tarde 20.00 a 23.00h Domingo á noite e luns pechado • Tapa Ribadeo: si • Celíacos: non • Vexetarianos: non
Zona 2 - Restaurante Marinero
Molete mariño
Curry de verduras "As Fadegas" con chutney de aromáticas da pradeira e crema de coco. Horario: Mañá de 12.30 a 14.30h Tarde de 19.00 a 22.00h Domingo tarde e luns todo o día pechado. • Tapa Ribadeo: Si • Celíacos: Si • Vexetarianos: si
Zona 2 - Kalpa Amodiño Taberna Gastronómica
Oda á terra
Ostra da ría de Ribadeo con millo e maracuxá. Ostra, millo, maracuxá, cebiliña, manteiga, leite, aceite, sal e ceboliño. Quentamos as ostras no forno e reservamos. Mollo: Dourar a ceboliña con manteiga, engadir millo e salgar. Engadir leite e maracuxá/froita da pasión. Engadir auga de ostra e cociñar durante 5 minutos. Fritir torta de millo e picar. Martes, Mércores, Xoves e Venres Tarde de 20.00 a 23.00h Sábado e domingo Mañá de 13.00 a 15.00h Tarde de 20.00 a 23.00h Luns pechado Tapa Ribadeo: Si Celíaco: non Vexetarianos: non
Zona 2- A Cova
Ostracuxá
Plátano verde de cociñar frito, pisado con "topping" de carne de porco mechada, aguacate, tomate e perexil Plátano verde, carne de porco, tomate, cebola, allo porro, allo, pemento, aguacate, perexil, AOVE e sal Martes, mércores, xoves e venres: Tarde 19.00 a 22.00h. Sábado e domingo: Mañá 13.00 a 15.00h Tarde 19.00 a 22.00h Luns pechado. • Tapa Ribadeo: non • Celíacos: si • Vexetarianos: non
Zona 4 - Circulo Habanero A Devesa
Patacón crioulo
Polo con ananás en mollo agridoce acompañado de améndoas torradas e guarnición de arroz. Coxa de polo sen óso, rodas de ananás, zume de ananás, mollo de soia, mel, allo, xenxibre, maicena, améndoas torradas, sal, pementa e aceite de oliva. Partir as ananás e o polo en cadrados. Mesturar o zume de ananás, o mollo de soia, o mel, o allo picado e o xenxibre. Reservar. Sazonar o polo con sal e pementa, dourala a lume medio-alto nunha tixola con aceite de oliva. Verter a mestura sobre o pito e engadir os anacos de ananás e a maicena diluída en auga. Cociñar ata reducir e acaramelar a salsa. Engadir as améndoas torradas. Servir acompañado de arroz. • Tapa Ribadeo: Non • Celíacos: Si • Vexetarianos: Non Mañá de 13.00 a 15.00h Tarde de 20.00 a 23.00h 17 de maio pechado.
Zona 1 - Café Bar Madison
Petisco agridoce de polo e ananás
Ravioli esférico feito con grelos e recheo de cocido galego cunha base de pataca e un aceite de chourizo, cacheira de porco salgado, grelos, chourizo, pataca, aceite de oliva. Faise o cocido tradicional, cocendo o grelo aparte e despois coa axuda de papel filme facer un esférico con exterior con grelo e o recheo de cocido desfebrado. Por outro lado na auga do cocido cócensen patacas que despois se machucarán con AOVE. O chourizo desfébrase e confeitase en aceite de oliva. No fondo do prato collemos unha culler de pataca machucada, enriba o ravioli, previamente quentado ao vapor, e rematamos con chourizo confeitado en aceite. Mañá 12.30 a 14.30h Tarde 20.00 a 23.00h. Domingos á noite e luns pechado • Tapa Ribadeo: si • Celíacos: si • Vexetarianos: non
Zona 1 - Ramonita
Ravioli de cocido galego
Arroz cremoso con varios mariscos e grelos. Arroz, nata, mariscos e grelos. Cocemos o arroz coa nata, mariscos e grelos, e deixamos reducir ata que quede cremoso. Mañá 13.00 a 15.30h Tarde 20.00 a 23.00h • Tapa Ribadeo: Si • Celíacos: Si • Vexetarianos: Non
Zona 1 - A Tapería
Risoto de grelos con mariscos
Carne de vieira sobre unha velouté de peixe acompañada de crocante de xamón e trufa negra. Vieira, xamón curado, trufa relada, caldo de peixe, manteiga e fariña, allo, perexil e AOVE. Deshidratamos os liscos de xamón, trituramos e reservamos. Nun cazo fundimos a manteiga a lume lento, agregamos a fariña, integramos e torramos lixeiramente o conxunto a lume medio ata obter unha pasta. Vertemos pouco a pouco o fumet de peixe, botámoslle sal a vieira, engadimos aceite, allo e perexil e marcámola na prancha. Mañá de 13.00 a 15.00h Tarde de 20.00 a 23.00h Luns á noite e martes pechado. • Tapa Ribadeo: Si • Celíacos: Non • Vexetariano: Non
Zona 3 - Bar Galicia
Rocha salgada
Masa de fariña de trigo frita con recheo de queixo latino, acompañada de salsa de queixo "Riqueza" Fariña de trigo, ovos, sal, queixo latino e leite. Mesturamos a fariña de trigo cos ovos e o leite. Remover ata facer unha masa densa esalgar ao gusto. Estender a masa ata que o grosor sexa duns poucos milímetros. Cortar tiras finas da masa ao longo poñendo o queixo no centro. Enrolar as tiras e poñelas na tixola. Retirar cando estean douradas. Mañá 13.00 a 15.00h Tarde 19.30 a 22:30h • Tapa Ribadeo: non • Celíacos: Non • Vexetarianos: Non
Zona 4 - La Bugalla
Tequeños con mollo de queixo
Pan de molde, marmelada, cebola, azucre, queixo fresco, polbo, pemento, porro. Untar o pan de molde con crema de polbo, queixo, cebola confeitada, marmelada. Enrolar e fritir. Mañá 13.00 a 15.00h Tarde 20.00 a 23.00h Luns pechado. • Tapa Ribadeo: Si • Celíacos: Non • Vexetarianos: Non
Zona 1 - O Lar de Manolo
Tigretostón
Tosta de pan de trigo con puré de pataca, lacón cocido e regada con salsa de pemento. Pan de trigo, patacas, sal, leite, manteiga, lacón cocido, pemento doce, AOVE. Cocemos as patacas con sal, cando estén brandas escoamos e engadimos un pouco de leite e manteiga para esmagalas e facer o puré. Cocemos o lacón enteiro, cortámolo en liscos finos, facemos un mollo de pemento e AOVE para regalo. Mañá 12.30 a 15.30h Tarde 20.30 a 23.30h • Tapa Ribadeo: Non • Celíacos: Non • Vexetarianos: Non
Zona 1 - Cafetería Rosa Lar
Tosta galega
Mouse de queixo e foie. Magret, nata, queixo, mazá, manteiga, azucre, sal, abelás e verduras. Prepárase a mousse de queixo e a mousse de magret, e faise unha compota de mazá. Colócanse en capas superpostas. Mañá 13.30 a 15.30h Tarde 19.30 a 22.30h • Tapas Ribadeo: Non • Celíacos: Non • Vexetarianos: Non
Zona 2 - Hotel AG Porcillán
Último bocado
Esfera de parmesano con paté de tomate e anchoa. Queixo parmesano, aceite, tomate, anchoa, fentos, ovo e especias. Relar o parmesano e combinar có ovo. Con esta mestura facer bolas de un ou dous centímetros de diámetro. Fritir as esferas en aceite ata que se douren. Tritura os tomates cun pouco de auga, pementa, sal e aceite. Sirvir as esferas de parmesano cubertas co paté, anchoa e decorar con herbas aromáticas. Mañá 13:00 a 15:00h Tarde 20:00 a 23:00h • Tapa Ribadeo: non • Celíacos: non • Vexetarianos: non
Zona 4 - El Portolés
Unami
Xiba da ría en labras sobre unha lentella mollada en manteiga café Xiba da ría, lentellas, manteiga, café, algas e sal. Procesamos a choco e cortamos para obter unhas labras. Cocemos a lentella. Infusionamos a manteiga co café. Mañá 12.30 a 15.00h Tarde 19.30 a 23.00h Domingo á noite e Luns pechado • Tapa Ribadeo: Si • Celíacos: Si • Vexetarianos: Non
Zona 2 - El Oviedo
Xiba, lentella caviar e manteiga café