Eijo
Eclair recheo de crema de andaricas, decorado con varias salsas simulando un pastel petisú.
Para o eclair: leite, auga, manteiga, fariña, ovos e sal. Para a crema de andaricas: andaricas, cebola, porro, allo e brandy. Para a bechamel: crema de andaricas, fariña, leite e manteiga. Eclair: Nunha pota mestúranse todos os ingredientes menos a fariña e lévanse a ebulición, engádese a fariña e amasase. Dáselle forma e enfórnase. Crema de andaricas: Saltéanse as verduras e engádense as andaricas e o brandy e cocíñase. Tritúrase fino e pásase por un chino. Bechamel: Únense a metade da crema de andaricas e a metade do leite. Énchese o eclair coa crema de andaricas e adórnase como se fore un pastel.
Mañá de 12.30 a 14.30h
Tarde de 20.00 a 23.00h
luns todo o día, mércores e domingo á noite pechado.
• Tapa Ribadeo: Si
• Celíacos: Non
• Vexetariano: Non