Luriña rechea de polbo e gambas
Receita especialidade da casa con grande aceptación pola clientela. Luriña, polbo, gambas, cebola, nata, allo, AOVE, pemento, sal e pemento. Pataca, manteiga, leite e ovo sobre mollo mariñeiro.
Douramos a cebola, o allo e o pemento. Cortamos o polbo e as gambas e agregamos. Engadimos sal e pementa. Enchemos a luriña e fritímola en aceite ben quente. Colocamos a luriña nunha cazola con mollo mariñeiro e enfornamos 12 minutos. Presentámola sobre puré de patacas e salseamos con mollo mariñeiro.
Mañá 13.00 a 15.00h
Tarde 20.00 a 23.00h
• Tapa Ribadeo: Si
• Celíacos: Si
• Vexetarianos: Non