Tapalacón 2018

CUNTIS (PONTEVEDRA)

Listado de tapas Ver mapa

INGREDIENTES: Pataca, lacón, grelos, puré de pataca, pemento e aceite de oliva. ELABORACIÓN: 1. Cocemos as patacas e baleirámolas. 2. Preparamos o puré, mesturámolo co lacón desmenuzado mailo grelo cocido e cortado. Reenchemos a pataca coa mestura. 3. Empratámola e decoramos con pemento e aceite de oliva, acompañado dun anaco de pan de millo.
A LAREIRA
A TAPIÑA
INGREDIENTES: follado, grelos, queixo, noces, pasas e ovo. ELABORACIÓN: 1. Cortar o follado para facer barriñas. 2. Cocer os grelos picados e as noces. 3. Xuntar os grelos picados, as noces e pasas co queixo para fundir. 4. Reencher o follado en forma de barriñas e facerlle a forma de caracola. 5. Meter ao forno, cando este a punto bater o ovo e pintar as caracolas.
A FONTIÑA
CARACOLA DE GRELOS, NOCES E PASAS
INGREDIENTES: Peituga de polo, grelos, lacón e queixo, fariña, pan raiado e ovo. ELABORACIÓN: 1. Reencher as peitugas con queixo e grelos. 2. Rebozámola e frixímola. 3. Colocámola nunha fonte, engadímoslle o queixo e o lacón frixido.
MESÓN DE MARÍA
CORDÓN BLUE DE GRELOS E LACÓN
INGREDIENTES: Cono de galleta, semente de sésamo negro, pataca, grelo, lacón, chourizo e crema de queixo. ELABORACIÓN: 1. Facer a galleta con sésamo en forma de cono. 2. Cocer a pataca, o grelo, o lacón e o chourizo. 3. Facer un puré coa pataca e o grelo, engadir o queixo. 4. Picar o lacón e o chourizo. 5. Para presentar e comer, engadir no corneto o chourizo, o lacón e facer unha bola co puré, servirase temperado.
A CASA DA BURGA
CORNETO CON SÉSAMO NEGRO DE LACÓN CON GRELOS E CHOURIZO
INGREDIENTES: Lacón, pataca, chourizo, grelo, aceite e pasta wonton. ELABORACIÓN: 1. Cocer o lacón previamente desalgado. 2. Na auga da cocción do lacón, cocer as patacas e facer unha crema con elas. 3. Sofrixir o chourizo, deshidratalo no forno e trituralo ata conseguir po. 4. Colocar o grelo e refrescalo, trituralo cun pouco de auga da cocción do lacón. 5. Reencher a pasta co lacón e os grelos, previamente picados e facerlle a forma de bolsiñas. 6. Cocer a pasta en auga de cocción do lacón. 7. Empratar, poñendo a crema de pataca no fondo do prato, o dumpling encima, con fío de crema de grelo e o po de chourizo.
BAR RESTAURANTE DON MANUEL
DUMPLINGS DE LACÓN CON GRELOS
INGREDIENTES: Lacón, cebola, aceite de oliva, fariña, auga, ovo, fermento de pan e sal. ELABORACIÓN: 1. Cocemos o lacón e picámolo. 2. Limpamos as cebolas e picámolas, nunha tixola pasámolas con aceite de oliva e botámoslle o sal. 3. Xúntase a cebola mailo lacón. 4. Amasamos a fariña co ovo e o fermento de pan e auga. 5. Deixámolo repousar un pouco e xa podemos estirar a masa, cortándoa en forma de circuliño para facer a empanadilla. 6. Botámoslle a mestura dentro, pechámola e xa por último frixímola.
CAFÉ-BAR O PASEO
EMPANADILLA DE LACÓN
INGREDIENTES: Lacón, grelos, chourizo, ovos, nata liquida e ceboliño. ELABORACIÓN: 1. Mesturamos os grelos, o chourizo, os ovos e a nata líquida. 2. Colocamos o lacón nun molde de silicona e enchémolo coa mestura. 3. Estará uns 20 minutos no forno. 4. Sacámoslle o molde e botámoslle o ceboliño por riba.
CAFÉ-BAR CHELSEA
FLOR DE LACÓN
INGREDIENTES: Para as migas: chourizo, pan duro, aceite e pemento. Para a crema de pataca: patacas, manteiga, leite, noz moscada e sal. Para o aceite: grelos cocidos e aceite de oliva virxe. ELABORACIÓN: 1. Cocer o lacón, laminalo, douralo na prancha e reservalo para máis adiante. 2. Cocémolas patacas e triturámolas co resto dos ingredientes da crema. 3. Picamos o chourizo e o pan, frixímolo e sazonámolo. 4. Montamos o prato coa base da crema, engadindo as migas e o lacón. 5. Decorámolo cunhas gotiñas de aceite de grelos.
O PARLADOIRO
LACÓN CON MIGAS
INGREDIENTES: Lacón, grelos, patacas, leite enteira, queixiños, cebola, allo porro, aceite de oliva, sal e pementa negra. ELABORACIÓN: 1. Asar o lacón e cocer os grelos. 2. Cortar en anacos as patacas para a súa cocción. 3. Para a crema: cortamos a cebola e o allo porro en xuliana fina e sofriximos con tres culleres de aceite. 4. Picamos unhas patacas en dados pequenos e engadimos á cazola co leite, cando comece a ferver, engadimos o queixiño. 5. Antes de que volva a ferver, botamos os grelos e seguimos cocendo todo uns 10 minutos, salpimentamos ao gusto e trituramos co batedor.
FOGAR DO PENSIONISTA
LACÓN O FORNO CON CREMA DE GRELOS
INGREDIENTES: Lacón, crudités de verduras variadas, pasta vermicelli de chícharos e fabas, salsa de soia e chile. ELABORACIÓN: 1. Cocer o lacón. 2. Cocer na auga do mesmo a pasta vermicelli. 3. Picamos as verduras 4. Salteamos nunha tixola o lacón mailas verduras e a pasta vermicelli, engadimos o chile e a salsa de soia.
7 CAMIÑOS
LACÓN PEREGRÍN CON CRUDITÉS
INGREDIENTES: Lacón, piña, pan, queixo fresco e leituga. ELABORACIÓN: 1. Cocemos o lacón, namentres picamos a leituga e cortamos a piña e o pan. 2. A base será o pan untado con queixo fresco. 3. Engadimos á base a leituga, a piña e o lacón.
CERVEXARÍA A BOLERA
MONTADIÑO DE LACÓN TROPICAL
INGREDIENTES: Patacas, lacón, grelos, chourizo, leite, fariña, manteiga e sal. ELABORACIÓN: 1. Comezamos cocendo o lacón, os grelos e as patacas. 2. Desmigamos o lacón, picamos os grelos o chourizo e mesturamos cun pouco queixo raiado. 3. Cortamos as patacas en láminas e poñémoslle encima a mestura do lacón e grelos. 4. Facemos unha bechamel e métense no forno uns minutos para servir quente.
CAFÉ-BAR CHISTOSO
MONTADIÑO DE PATACA E LACÓN
INGREDIENTES: Follado en forma de pasteliño, lacón, grelos, pataca, chourizo, queixo para fusión e pemento vermello. ELABORACIÓN: 1. Facer o follado en forma de pasteliño. 2. Cocer o lacón, grelos e chourizo. 3. Facer un puré co lacón, a pataca e o grelo. 4. Para presentar e comer, colocar no pasteliño o puré, engadir o chourizo e tapar co queixo, metelo no forno para fundir, para presentar co pemento vermello.
A TENDA DA PONTE
PASTELIÑO DE CREMA DE LACÓN CON GRELOS E CHOURIZO
INGREDIENTES: Lacón, morro, orella, chourizo, patacas, grelos, unto, aceite de oliva e pemento doce e picante. ELABORACIÓN: 1. Cocemos a carne cun anaco de unto 2. Cortamos en anacos pequenos. 3. Metemos todo na prensa e deixámolo arrefriar. 4. Sacamos da prensa e servímolo en liscos encima de patacas e grelos, aderézase con aceite de oliva e pemento.
BAR O TRASPASO
PRENSADO DE LACÓN Á FEIRA
INGREDIENTES: Lacón, grelos, aceite, allo e sal. ELABORACIÓN: 1. Cocer os grelos e o lacón. 2. Cortamos en anacos o lacón e os grelos, finalmente aderezámolos. 3. Procedemos a saltealo na tixola con aceite e allo.
CAFÉ-BAR BATIFOULA
TIXOLADA DE LACÓN CON GRELOS