Información del concurso
Concurso gastronómico con degustación de tapas ao prezo único de 1,5€ nos establecementos de hostalería inscritos. O obxectivo é incentivar a cultura do tapeo, revalorizar os produtos autóctonos e de proximidade, nomeadamente peixes e mariscos da ría e promocionar o sector hostaleiro tanto no propio concello de Fene coma no resto da comarca.
O concurso celebrarase do 12/10/2018 ao 14/10/2018 e do 19/10/2018 ao 21/10/2018
Os establecementos participantes servirán as tapas como mínimo entre as 13h. e as 15h. e entre as 20.30h. e as 22:30 horas dos venres e sábados, e de 13h. a 15h. os domingos.
Haberá premios do xurado e do público para os establecementos participantes e tamén agasallos á fidelidade da clientela.
Toda a info en www.fenevivo.gal
Bases del concurso
FENE, UN MAR DE TAPAS
Inscricións no concurso | condicións de participación
1. Poderán participar no concurso todos aqueles establecementos de hostalería establecidos no termo municipal de Fene que o desexen, sempre que estean en posesión das licenzas oportunas.
2. Deberán inscribirse para tal fin, entre as datas 20/09/2018 e 28/09/2018 enviando a folla de inscrición por correo (rede@fenevivo.gal) ou levándoa persoalmente ao Concello de Fene.
Xunto coa folla de inscrición entregarán tamén a/s ficha/s técnica/s, cumprimentada/s para cada unha das tapas presentadas.
3. Cada establecemento poderá presentar ao concurso un máximo de 3 tapas.
4. O prezo de venta ao público das tapas presentadas deberá ser de 1,5 € prezo único.
Co fin de fomentar o uso de produto autóctono e de proximidade, nesta edición fíxase como único requisito RECOMENDABLE para a participación que as tapas presentadas inclúan na súa elaboración, dentro do posible, polo menos 1 produto de peixe ou marisco da ría de Ferrol ou no seu defecto da marca Pesca da Rías.
5. Fase previa: a campaña “Fene, un mar de tapas” ten como un de seus valores incentivar a cultura de tapas na cidade e fomentar a calidade das mesmas. Con este fin, antes do inicio do Concurso, un Equipo de Preselección analizará as receitas das tapas e degustará as tapas presentadas a Concurso, de ser o caso.
Este Equipo valorará que as propostas respondan ao concepto de tapa e non serán aceptadas aquelas que en realidade sexan “racións” ou “medias racións”, as que ao seu xuízo non ofrezan unha calidade mínima e aquelas cuxa relación calidade-prezo non sexa adecuada. Tampouco serán válidas para o concurso as tapas que habitualmente se sirvan gratis nos establecementos, aínda que se realizaran pequenas modificacións das mesmas.
Se o considerase preciso, este Equipo de Preselección analizará as receitas e degustará as tapas durante os previos ao comezo do concurso (concretarase día e hora a cada participante).
A Organización comunicará aos establecementos a admisión ou non das tapas presentadas a Concurso. En caso de informe negativo, darase un prazo para presentar unha nova proposta ou ben a mellora da xa presentada. No caso de que non se cumprisen os requisitos mínimos, a tapa poderá ser excluída do Concurso.
6. As tapas admitidas deberán de figurar na oferta habitual do establecemento como mínimo durante os días de celebración do Concurso (do 12/10/2018 ao 14/10/2018, e do 19/10/2018 ao 21/10/2018), exceptuando os días oficiais de peche do establecemento, que deberán ser detallados na ficha que se adxunta. Pasado o Concurso, as tapas presentadas poderán seguir formando parte da oferta de cada establecemento.
7. Os establecementos participantes servirán as tapas como mínimo entre as 13h. e as 15h. e entre as 20.30h. e as 22:30 horas dos venres e sábados e de 13h. a 15h. dos domingos. Os establecementos poderán ampliar este horario, pero en ningún caso reducilo. Os establecementos que por algunha causa xustificada non poidan cumprir o horario establecido, deberán comunicalo por escrito á Organización que, de ser o caso, autorizará por escrito as posibles variacións no horario oficial do Concurso.
8. Todos os establecementos participantes están obrigados a acudir á sesión fotográfica das tapas previa ao inicio do Concurso (lugar, data e hora por determinar). A Organización facilitará un fotógrafo para tal fin.
9. Ademais, os establecementos participantes deberán:
· Colaborar en todas as accións de comunicación, prensa e relacións públicas do evento.
· Exhibir nun lugar visible do interior do establecemento o distintivo que identificará aos participantes no concurso Fene, un mar de tapas.*
· Dentro do establecemento, indicar e diferenciar de maneira visible na súa oferta as tapas que participen no concurso.*
· Dar un informe final e axudar na elaboración de informes parciais sobre o número de tapas e colaborar coa enquisa de valoración do evento que se realizará co fin de realizar propostas de mellora para as futuras edicións do mesmo.
* O establecemento que incumpra cada unha destas regras poderá ser sancionado polo xurado con ata 0,5 puntos menos por cada regra incumprida.
10. É motivo de expulsión do concurso o incumprimento dalgunha das normas aquí establecidas.
11. Premios do concurso
PREMIOS DO XURADO
Entre tódalas tapas presentadas ao concurso, o Xurado elixirá unha tapa gañadora para cada un dos seguintes premios:
· Primeiro Premio do Xurado
· Segundo Premio do Xurado
· Terceiro Premio do Xurado
**A Organización reservase a posibilidade de modificar a denominación dos premios do xurado.
PREMIOS DO PÚBLICO
O público participante emitirá os seus votos nos establecementos participantes, a razón dun único voto por tapa consumida, e outorgaranse mediante votación popular o seguinte premio:
· Premio “Tapa do Público 2018”
Todas as categorías están dotadas cun premio (distintivo) e un diploma acreditativo.
12. Funcionamento do concurso
12.1. O concurso celebrarase do 12/10/2018 ao 14/10/2018 e do 19/10/2018 ao 21/10/2018
12.2. O Premio á Mellor Tapa 2018 será outorgado á que reciba a maior puntuación. A segunda e terceira máis valoradas recibirán respectivamente o Segundo e Terceiro premios do Xurado.
12.3. Os premios outorgados polo público serán entregados a aquela tapa escollida por votación popular. Gañarán este galardón a tapa (Premio “Tapa do Público 2018”)
12.4. As votacións poderán realizarse nas urnas situadas nos establecementos participantes. Os cupóns de votación serán os posa vasos oficiais do concurso que se distribuirán para a ocasión. Os consumidores poderán valorar entre 0 e 5 a tapa degustada, puntuación media da que resultará o Premio Tapa do Público
12.5. En cada establecemento solo se poderán votar as tapas consumidas no mesmo, en ningún caso as tapas de outro establecemento, e a razón dun único voto por tapa consumida. Os votos que non cumpran estas regras serán anulados.
12.6. Co obxecto de respectar ao máximo a decisión popular, os premios do público non son excluíntes: poden concorrer no mesmo establecemento.
12.7. O prazo de votación dará comezo coincidindo coas datas de inicio e fin do Concurso.
12.8. Tamén se realizará un sorteo entre os participantes que acrediten ter pasado por todos os locais, para o que estes deberán ter cuñado o documento do cliente cun cuño propio.
13. Xurado do concurso
13.1. O Xurado valorará as tapas en función dos criterios de puntuación propostos pola Organización para cada un dos premios establecidos. A puntuación final obterase como resultado da media da suma dos puntos obtidos de cada un dos membros. O xurado estará coordinado por un secretario/a que velará pola unanimidade nos criterios de valoración e selección. O xurado terá en conta non so a elaboración e sabor das tapas presentadas, senón tamén a súa presentación. Así mesmo, o xurado poderá sancionar con hasta 0,5 puntos a aquel establecemento que non cumpra coas indicacións da Organización no que afecte ca colocación dos elementos da comunicación do concurso.
13.2. O xurado estará composto por persoas do ámbito da hostalería, o turismo, o periodismo gastronómico, intelectuais e entidades relacionadas coa promoción enogastronómica, de modo que se garanta un veredicto que redunde na excelencia e credibilidade do concurso.
Poderán incorporarse a este xurado persoas anónimas que serán elixidas mediante unha acción de comunicación a través das redes sociais (Facebook, Twitter).
CRITERIOS DE VALORACIÓN DO XURADO
13.3. Os criterios de valoración do xurado serán los seguintes:
a. Elaboración da tapa, puntuará de 0 a 5 puntos.
b. Sabor, puntuará de 0 a 5 puntos.
c. Presentación, puntuará de 0 a 5 puntos.
d. Relación calidade-prezo, puntuará de 0 a 5 puntos.
e. Calidade do servizo e rapidez, puntuará de 0 a 5 puntos.
f. Emprego de produtos do Mar (Ría de Ferrol, Pesca de rías), puntuará de 0 a 5 puntos.
Sumados todos os puntos, eliminarase a puntuación do xuíz que fixera una valoración más alta e o do xuíz que fixera a valoración mais baixa, e farase a media aritmética das puntuacións restantes.
13.4. Como metodoloxía, o xurado NON avisará dos establecementos participantes da súa presencia, co obxecto de valorar as tapas coa maior transparencia. Iso significa que pagarán as súas tapas como calquera cliente para pasar o máis desapercibidos posible.
13.5. Queda a decisión da Organización como organizar estas visitas, dividindo en grupos ou equipos co obxectivo de que se visiten todos e cada un dos establecementos.
FALLO DO XURADO
O fallo do xurado darase a coñecer ao longo do mes de outubro ou novembro e unha vez finalizado o concurso (data, lugar e hora por determinar) e será inapelable.
FENE, UN MAR DE TAPAS
Folla de inscrición
DATOS DO ESTABLECEMENTO
Nome: do establecemento:
Rúa / Praza:
Número : C.P.:
Teléfono de contacto:
Correo electrónico:
Web ou Facebook :
Dias de peche seminal:
Horarios de apertura ao público:
DATOS DO TITULAR DO ESTABLECEMENTO
Nome:
Apelidos:
DNI:
Teléfono:
Correo elctrónico:
O abaixo asinante, D./Dona:
Inscríbese para participar na edición 2018 do concurso Fene, un mar de tapas, polo que declara coñecer o regulamento do mesmo e aceptando se reproduzan imaxes e contidos relacionados coas receitas das súas tapas presentadas ao concurso en calquera medio.
Fene a de de 2018
FENE, UN MAR DE TAPAS
Ficha técnica
Lembrar que como máximo son 3 tapas as que se poden presentar a concurso.
NOME DA TAPA:
INGREDIENTES PARA UNHA UNIDADE:
MÉTODO DE ELABORACIÓN (RECEITA):
Prezo de venda 1,50 € pvp
Acta para celíacos:
Apta para vexetarianos :
Apta para veganos:
A tapa é doce :
(respostar SI ou NON)