splash

Información del concurso

I edición do concurso de tapas doces en Chantada. 

 

22-23-24 e 29-30-31 de xullo dende as 19:00 horas e ata a hora de peche ou fin de existencias dos establecementos participantes. 

Compartir
¿DÓNDE ESTÁ?

Llévalo en tu móvil

Bases del concurso

A Asociación de Empresarios de Chantada e CCA Ribeira Sacra, poñerá en funcionamento unha nova campaña denominada I Concurso de tapas doces. Esta campaña poñerá en marchar, por primeira vez, unha nova forma de tapeo en Chantada na que os doces serán os protagonistas.

1.- Duración e horario  da campaña.

I- A campaña terá unha duración de 2 fins de semana.

-       22-23-24 de xullo

-       29-30-31 de xullo

II. O horario fixado será só de inicio, dende as 19:00 horas, deixando á libre disposición dos participantes o horario de fin alegando hora de peche, fin de existencias… non podendo ser este horario nunca anterior ás 21:00 horas.

2.- Participantes

 Serán participantes legáis todos aqueles que firmen a correspondente ficha de inscrición.

A ficha aportará os datos necesarios para o concurso por unha banda e suporá a aceptación plena das bases.

3. Tapas

I. Establécese que para este concurso, cada  participante debe elaborar unha tapa:

- Tapa doce con un prezo máximo de 2€

II. As tapas deben estar dispoñibles todos os días nos que se realice o concurso (salvo comunicación á entidade organizadora xustificando a causa)

III. Deberán estar identificadas cun cartel en cada establecemento no cal deberá figurar o seu nome 

IV. As tapas poden levar os ingredientes que os participantes consideren. Queda  totalmente prohibido cambios tanto na presentación como na elaboración das tapas nos distintos días nos que transcurre o concurso.

V. En ningún caso se poden ofrecer as tapas participantes fóra de horario e días sinalados.

 

 

VI. En cumplimento do Reglamento (UE) Nº 1169/2011 deberase informar aos clientes-consumidores da existencia na tapa de algún dos 14 alérxenos que este reglamento recoñece.

 
 

 

 

4.- Xurado

O xurado deste concurso será profesional e popular. 

Estará composto por persoas do ámbito da hostelería, tursimo ou o periodismo gastronómico de modo que se garantice un veredicto que redunda na excelencia e credibilidade do concurso.

Os membros do xurado visitarán os establecementos participantes e puntuarán segundo os criterios establecidos nestas bases. 

O xurado popular poderá emitir as súas valoración a través da APP QuedamosdeTapas. 

 

5.- Criterios de valoración

O xurado terá en conta os seguintes criterios á hora de valorar as tapas:

§  EElaboración da tapa (Puntuación de 0 a 5 puntos)

§  SSabor (Puntuación de 0 a 5 puntos)

§  PPresentación (Puntuación de 0 a 5 puntos)

§  RRelación calidade-prezo (Puntuación de 0 a 5 puntos)

§  CCalidade no servizo e rapidez (Puntuación de 0 a 5 puntos)

§  EEmprego de produtos de Galicia na elaboración ou presentación (Puntuación de 0 a 5 puntos)

 

 

 

 

6.- Premios para os establecementos participantes.

I. O xurado escollerá tres que serán as premiadas (3 premios por parte do xurado profesional e 3 por parte do xurado popular)

II. Os premios consistirán nun trofeo simbólico entregado por parte da Asociación de Empresarios de Chantada e CCA Ribeira Sacra.  

7. - Outras disposicións

Do resultado da campaña informarase aos medios de comunicación de carácter local e comarcal. Por conseguinte, e para os efectos de darlle publicidade aos resultados desta campaña, os gañadores dos premios deberán mostrar a súa desconformidade en aparecer nos medios se así o desexan.

A mera participación no sorteo supón a aceptación plena destas bases. O incumprimento dalgún dos puntos supón a privación de todos os dereitos que poidan derivar da participación na campaña.

A organización, resérvase o dereito de modificar total ou parcialmente estas bases, así como suspender tanto o sorteo como o concurso, sen incorrer en ningún tipo de responsabilidade.

8.- Datos de contacto

Para calquera aclaración relacionada con estas bases, pode vostede poñerse en contacto con nós nos teléfonos 982.46.20.94 ou 680.645.124, tamén pode contactar por o seguinte e-mail: acia@chantada.com