PONTEDETAPAS 2015

Pontevedra (Pontevedra)
splash

Información del concurso

Datas de celebración

Do xoves 12 ao domingo 22 de novembro, de 12:00 a 16:00 e de 19:00 a 23:30 h.

Modalidades

Premios do Xurado:

Tapa Tradicional, Tapa Creativa e Cóctel

Premio do Público:

Tapa Pontevedra

Prezo único

A túa tapa por só un 2 €,e o teu cóctel, por 3 €(Bebida non incluída)

Premio para o público

Vota a túa tapa ou o teu cóctel favorito.
Hai un premio de MIL EUROS agardándote!

Compartir
¿DÓNDE ESTÁ?

Llévalo en tu móvil

Bases del concurso

Bases reguladoras

  1. PRESENTACIÓN

    O Concello de Pontevedra dentro do seu labor de promoción e comercialización de servizos e establecementos hostaleiros pon en marcha o concurso Pontedetapas, que dende hai anos vén desenvolvéndose cun grande éxito e supón unha ferramenta de dinamización da nosa oferta comercial.

  2. PARTICIPANTES

    Poderán participar no concurso todos aqueles establecementos de hostalaría legalmente constituídos no termo municipal de Pontevedra previa inscrición no prazo e forma determinados nestas bases.

  3. INSCRICIÓN

    Os establecementos interesados en participar deberán inscribirse entre o 5 e o 25 de outubro a través do formulario web, ben enviando a folla de inscrición ao correo-e info@pontedetapas.eu ou ben levándoa persoalmente á oficina municipal de Turismo de Pontevedra:

    Casa da Luz
    Praza da Verdura s/n
    36002 Pontevedra
    Horario: de luns a sábado, de 10.00 a 14.00 e de 17.00 a 19.00 horas; domingos, de 10.00 a 14.00 horas

    A cota de inscrición é de 50,00 euros por local (IVE incluído) que se aboará mediante ingreso ou transferencia bancaria á conta corrente de titularidade de TURISMO DE PONTEVEDRA S.A. na entidade ABANCA e con número ES73-2080-5401-5530-4019-0042, indicando no concepto: PONTEDETAPAS + Nome do establecemento. Non se fará efectiva ningunha inscrición que non se acompañe do xustificante do pagamento da cota.

    O diñeiro recadado polas inscricións destinarase aos premios que se repartirán ao finalizar a edición do concurso.

  4. CATEGORÍAS

    Establécense tres modalidades de participación:

    1. Tapa tradicional, á mellor tapa inspirada no receitario tradicional.
    2. Tapa creativa, á tapa máis orixinal elaborada con técnicas, presentación e combinacións innovadoras.
    3. Cóctel, que valora a presentación, elaboración, sabor e calidade dos produtos presentados nesta bebida combinada.

    Cada establecemento poderá concursar nunha, en dúas ou nas tres modalidades, pero só poderá facelo CUNHA creación por modalidade.

    As tapas deberán elaborarse con produtos de calidade, primando as materias primas da nosa terra.

    Non se poderán realizar cambios nas tapas e nos cócteles presentados durante o tempo de duración do concurso.

  5. PREZO DE VENDA

    O prezo FIXO de venda ao público será de 2 € (IVE incluído) na modalidade “tapas” e de 3 € (IVE incluído) na modalidade “cóctel”, con total independencia da consumición de calquera bebida ou outro produto.

  6. HORARIOS

    Os establecementos participantes terán as tapas e os cócteles á disposición do público —na cantidade suficiente para que non se esgoten as existencias— durante os días de celebración do concurso, do 12 ao 22 de novembro, agás os días oficiais de peche do local, que serán detallados na folla de inscrición.

    O horario establecido para servir as tapas e os cócteles será, como mínimo, desde a hora de apertura do local, ata as 14.30 horas (pola mañá) e ata as 22.30 horas (pola noite). Esta franxa horaria poderá ser ampliada, pero en ningún caso reducida.

  7. OBRIGAS DOS PARTICIPANTES

    Todos os establecementos participantes están obrigados a:

    • Asistir a unha sesión fotográfica das tapas e cócteles previa ao inicio do concurso (lugar, data e hora por determinar) para realizar un rexistro fotográfico que se incorporará ao material publicitario e informativo. Estas fotografías serán a base para a montaxe dunha pequena exposición que ocupará o vestíbulo da Casa da Luz antes do inicio do concurso como unha acción de promoción máis. A organización facilitará un fotógrafo profesional para tal fin.
    • Colaborar en todas as accións de comunicación, publicidade e relacións públicas do evento nas que sexa requirido.
    • Situar nun lugar visible do establecemento os distintivos promocionais do concurso durante a súa duración, co fin de garantir a máxima difusión e óptima identificación polos clientes.
    • Colocar, nun lugar visible e de doado acceso, a urna na que o público depositará os seus votos.
    • Indicar, dentro do establecemento e de maneira visible, a tapa ou tapas e/ou o cóctel cos que participa no concurso.
    • Selar, cando os clientes o soliciten, o pasaporte Pontedetapas, logo de consumiren a tapa ou cóctel específico do concurso e de votaren.
    • Facilitar á organización o número de tapas ou cócteles vendidos e contestar a unha enquisa de valoración do evento co obxectivo de realizar propostas de mellora para futuras edicións.

    A inscrición e participación no concurso implica a aceptación destas bases e o incumprimento dalgunha destas normas será motivo de expulsión.A organización resérvase o dereito de modificar as presentes bases, sempre baixo xustificación e para velar pola boa consecución do certame.

  8. PREMIOS DO XURADO

    Entre todas as tapas e cócteles presentados, un xurado profesional escollerá o establecemento gañador para cada un dos seguintes premios:

    Premio do xurado “TAPA TRADICIONAL”
    Premio do xurado “TAPA CREATIVA”
    Premio do xurado “CÓCTEL”

    Este xurado estará composto por persoas do ámbito da hostalaría, o turismo, o xornalismo gastronómico, bloggers, intelectuais ou entidades relacionadas coa promoción enogastronómica, de xeito que se garanta un veredicto que redunde na excelencia e credibilidade do concurso. Estará presidido por un cociñeiro de prestixio.

    O xurado valorará as tapas e os cócteles en función de múltiples criterios como a elaboración, presentación, sabor, aroma, concepto, relación calidade-prezo, emprego de produtos galegos, trato do persoal, rapidez…

    Como xeito de proceder a partir das receitas proporcionadas e de fotografías das tapas os membros do xurado profesional realizarán unha primeira criba na que seleccionarán quince propostas que serán as que probarán no establecemento candidato. A visita do xurado non se anunciará e pode ser en calquera momento entre o rango horario especificado.

    O fallo do xurado darase a coñecer nun evento final na Casa da Luz unha vez finalizado o concurso (data e hora por determinar) e será inapelable. Os gañadores obterán como premio, ademais dun diploma e distintivo acreditativo que se entregará neste acto, unha masterclass cun chef de renome.

  9. PREMIO DO PÚBLICO

    Entre todas as tapas e cócteles presentados, o público outorgará mediante votación popular o seguinte premio:

    Premio do público “TAPA PONTEVEDRA”, á proposta que máis represente a esencia da nosa cidade: no sabor, no aroma, nos produtos empregados…

    O público emitirá os seus votos a razón dun único voto por tapa ou cóctel consumido, durante os días de celebración do evento, do 12 ao 22 de novembro.

    As votacións realizaranse nas urnas situadas nos establecementos participantes e mediante uns cupóns de votación que se distribuirán para a ocasión. Os consumidores poderán valorar de 0 a 5 puntos a tapa ou cóctel degustado, así como o trato, o servizo, as instalacións… do establecemento, a razón dun único voto por consumición. Da puntuación media resultará o gañador.

    En cada establecemento só se poderá votar a tapa ou o cóctel alí consumido, en ningún caso a tapa ou cóctel doutro establecemento. Os votos que non cumpran estas regras serán anulados.

    O prazo de votación dará comezo o día 12 e rematará o día 22, coincidindo coas datas de inicio e final do concurso.

    A TAPA PONTEVEDRA será a que represente á cidade de Pontevedra na segunda edición de “De tapas por Galicia”, o certame promovido por Turismo de Galicia para escoller o mellor petisco da Comunidade entre os gañadores dos concursos de tapas das sete grandes urbes galegas.

  10. PREMIO PARA O PÚBLICO

    Ademais, mediante os cupóns de votación, os clientes que consuman as tapas e cócteles a concurso poderán participar no sorteo dun ÚNICO premio de 1.000 euros en vales para gastar no comercio/mercado local.

    O sorteo, por extracción ao azar dun cupón de entre a totalidade dos recibidos, terá lugar nun evento final na Casa da Luz unha vez finalizado o concurso (data e hora por determinar). Unha vez seleccionado e entregado o premio, destruiranse todos os cupóns.

    No caso de non estar debidamente cubertos todos os datos persoais que se solicitan invalidarase o cupón.

  11. O PASAPORTE

    Os consumidores que presenten o pasaporte Pontedetapas selado por todos os locais participantes terán dereito a un regalo seguro, consistente nunha cea para dúas persoas valorada en 60,00 euros, a escoller entre todos os establecementos do concurso.

    Este pasaporte é persoal e intransferible; o seu período de vixencia será o da duración do concurso, do 12 ao 22 de novembro, e terá que estar debidamente cuberto con todos os datos persoais que se solicitan para que sexa válido. Poderá recollerse na Casa da Luz ou en calquera dos establecementos adheridos ao concurso.

    As persoas que completen o pasaporte deberán entregalo na Casa da Luz antes do día 30 de novembro de 2015.

  12. PUBLICIDADE

    O Concello de Pontevedra elaborará diferentes elementos promocionais, que serán amplamente divulgados e no que figurarán todos os establecementos participantes. Contarase, ademais, cunha páxina web e perfís en redes sociais onde tamén se dará promoción ao concurso.

  13. OFICINA TÉCNICA

    Para a atención e comunicación directa cos establecementos participantes, resolver calquera incidencia ou aclarar detalles poden dirixirse á oficina técnica do concurso:

    Trisquelia Comunicación
    Rúa de García Camba 4, 4B
    36001 Pontevedra
    Tel. 986 101 323 / 669 459 453
    info@trisquelia.com
    Horario: de luns a xoves, de 10.00 a 14.00 e de 18.00 a 20.00 horas; venres, de 10.00 a 14.00 horas