splash

Información del concurso

En Ribadeo de Tapeo non nos conformamos con degustar un petisco, buscamos a forma de crear unha experiencia total para recoñecer a gastronomía local como patrimonio cultural.

O turismo gastronómico é unha experiencia turística na que un aprende, aprecia e consome comida e bebida que reflicte a cociña, a herdanza e a cultura local.

Para os ribadenses, este concepto é particularmente interesante, pois gústanos diferenciarnos dunha sociedade que parece cada día máis global, onde sempre se consomen os mesmos produtos.

Para nós, a gastronomía é cultura, tradición, historia, así como un reflexo da nosa verdadeira identidade local que nos une a todos e todas a través dun feito universal: comer e beber.

Xa sexa reproducindo pratos tradicionais ou levando a cabo novas creacións, a cociña é unha obra de arte que atopou nas barras dos bares e as salas dos restaurantes un escenario onde expresarse.

O turista gastronómico non só se interesa polos alimentos que goza -que deben ser de orixe local, por suposto-, senón que quere saber máis acerca da súa historia, dos seus procesos de elaboración e da forma coa que se presentan na súa mesa. Este turista non só consome un produto, consome unha historia, todo un universo de sensacións para botar a imaxinación a voar e gozar, só ou acompañado.

Ribadeo de Tapeo debe servir como unha marabillosa oportunidade para que a nosa vila e os seus actores poidan interactuar directamente cos visitantes, chegando dende o seu padal ao seu corazón. Unha experiencia cento por cento vivencial que capturará os cinco sentidos.

Compartir
¿DÓNDE ESTÁ?

Llévalo en tu móvil

Bases del concurso

Os nosos premios

Zona 1.- A Larpeira

Percorre 5 establecementos da ZONA 1 e consegue polo menos 5 selos e participa no sorteo de:

- Unha cea para dúas persoas no Restaurante Costa Verde por cortesía deste establecemento.

- Unha cea para dúas persoas en Lolo´ka Cocina Viajera por cortesía deste establecemento.

- Unha Comida/cea de arroz caldoso con lumbrigante para dúas persoas en A Tapería por cortesía deste establecemento.

- Un “Menú Parador” para dúas persoas no Parador de Ribadeo por cortesía deste establecemento.

 

Zona 2.- A Lambareteira

Percorre 5 establecementos da ZONA 2 e consegue polo menos 5 selos e participa no sorteo de:

- Unha cea para dúas persoas en O Alén por cortesía deste establecemento.

- Unha cea para dúas persoas en La Solana Ribadeo por cortesía deste establecemento.

- Unha comida ou cea de arroz caldoso para dúas persoas en La Quinta Ribadeo por cortesía deste establecemento.

- Unha cea para dúas persoas no establecemento Restaurante Náutico por cortesía de Turisgalicia.

 

Zona 3.- A Comellona

Percorre 5 establecementos da ZONA 3 e consegue polo menos 5 selos e participa no sorteo de:

- Un menú degustación a determinar polo establecemento para dúas persoas en Vinoteca Fumarel por cortesía deste establecemento.

- Unha comida ou cea de paella de marisco para dúas persoas en Restaurante La Flor de Jose por cortesía deste establecemento.

- Unha cea para dúas persoas no Prohibido por cortesía deste establecemento.

- Unha cea para dúas persoas no Bar Queimada por cortesía deste establecemento.

 

Zona 4.- A Lambisqueira

Percorre 5 dos establecementos da ZONA 4 e consegue polo menos 5 selos e participa no sorteo de:

- Unha cea para dúas persoas no Araucaria Gastronómico por cortesía deste establecemento.

- Un picoteo para dúas persoas en O Indiano por cortesía deste establecemento

- Unha cea para dúas persoas en El Rincón do Gordo por cortesía deste establecemento.

- Unha comida ou cea para dúas persoas por valor de 50 € no Hotel Restaurante Voar por cortesía deste establecemento.