Saborea Padrón

Padrón (A Coruña)
splash

Información del concurso

Información del concurso

Padrón acolle as VI Xornadas Gastronómicas Saborea Padrón dende o venres 7 ao domingo 16 de outubro do 2016.

É unha iniciativa para a promoción e posta en valor da hostalería padronesa e a nosa gastronomía,  que conta cunha grande calidade .

 O público pode votar a súa tapa favorita nos ‘tapasporte’ do evento que lle serán entregados coa consumición. Unha vez cubertos, hai que depositalos nas urnas do evento presentes en todos os establecementos participantes.

Condicións de uso do Tapasporte

  • É persoal e intransferible. Para que o Tapasporte sexa válido deberán cubrirse todos os datos persoais que se solicitan.
  • O Tapasporte poderá recollerse nos seguintes puntos:
    1. Oficina  de Turismo municipal de Padrón
    2. En calquera dos establecementos participantes

Premios para os usuarios do Tapasporte

As persoas que participen co seu voto na elección da mellor tapa participa simultaneamente no sorteo de diferentes vales:

            * 1 vale de 40€ para consumicións no establecemento gañador.

            * 3 vales de 20€ cada un para consumicións nun dos establecementos participantes (o vale non se fracciona)

En cada pasaporte deberá estar selado un mínimo de 3 locais participantes diferentes.

Sorteo especial

Todas aquelas tarxetas cubertas cos selos da metade dos establecementos participantes (8 establecementos) entrarán no sorteo dun premio especial.

O sistema de reconto dos votos emitidos polo público (‘tapasportes’ depositados nas urnas) farase mediante a suma de todos os votos obtidos.

Cada ‘tapasporte’ consta de casillas onde deberán de selar os establecementos onde se deguste a tapa e votar entre un e tres puntos a nota que se da á tapa consumida.

Compartir
¿DÓNDE ESTÁ?

Llévalo en tu móvil

Bases del concurso

Bases do concurso

As VI Xornadas Gastronómicas Saborea Padrón é unha iniciativa de promoción e posta en valor da hostalería padronesa, que conta cunha grande calidade. A iniciativa vai dirixida a promocionar este produto turístico de forma coordinada e ordenada, atendendo sempre a un obxectivo xeral e común que consiste en dar a coñecer Padrón como produto turístico global nos segmentos de mercado reais e potenciais, considerando dito destino turístico como posible instrumento de desenrolo económico, social e cultural.

Participación

Concursarán establecementos hostaleiros do termo municipal de Padrón, previa inscrición mediante modelo facilitado e depósito da cantidade de 20 euros en concepto de inscrición.

A cota de inscrición deberá de ser ingresada na entidade bancaria correspondente.

Deberase entregar na Oficina de Turismo a folla de inscrición cuberta polo establecemento e o xustificante de pago da cuota de 20 euros antes do VENRES, 5 de AGOSTO de 2016. No momento da inscrición débese indicar o nome da tapa coa que se participa e actividade que quere incluír.

Cada establecemento deberá elaborar unha tapa, pode ser de xeito tradicional ou creativo. As tapas deberán ser elaboradas con produtos de calidade da nosa terra, podendo tratarse de maneira tradicional ou ofrecendo unha cociña de novas tendencias; sempre mantendo as materias primas da nosa gastronomía.

 

Premios

Confórmanse premios distribuídos nas categorías: ‘Establecementos’e ‘Público’.

Deberase completar correctamente a información persoal requirida no cupón de votación sen lugar a excepcións.

`Establecementos´

-       Unha vez finalice o evento e en función do reconto dos votos recibidos, anunciarase o/a gañador/a á mellor tapa por parte do público, coa entrega:

·         Dunha placa conmemorativa para o establecemento

·         Diploma acreditativo.

·         Participar cunha actividade no programa Saborea Padrón do ano seguinte

·      Posibilidade de representar a Padrón noutros eventos gastronómicos que se celebren noutros concellos.

 

-       Un xurado avaliará cal é a mellor tapa. Ao establecemento gañador se lle fará entrega dun trofeo,o cal, estará exposto no seu local durante o ano vixente. Unha vez pasado o ano, na celebración das seguintes xornadas, o establecemento gañador pasará o testigo e o trofeo, ao establecemento gañador da seguinte edición.

 

 

‘Público’

Premios para os usuarios do Tapasporte

As persoas que participen co seu voto na elección da mellor tapa participa simultaneamente no sorteo de diferentes vales:

            * 1 vale de 40€ para consumicións no establecemento gañador.

            * 3 vales de 20€ cada un para consumicións nun dos establecementos participantes (o vale non se fracciona)

En cada pasaporte deberá estar selado un mínimo de 3 locais participantes diferentes.

Sorteo especial

Todas aquelas tarxetas cubertas cos selos da metade dos establecementos participantes (8 establecementos) entrarán no sorteo dun premio especial.

O sistema de reconto dos votos emitidos polo público (‘tapasportes’ depositados nas urnas) farase mediante a suma de todos os votos obtidos.

Cada ‘tapasporte’ consta de casillas onde deberán de selar os establecementos onde se deguste a tapa e votar entre un e tres puntos a nota que se da á tapa consumida.

 

Temática: O Camiño de Santiago deberá ser o fío argumental en todas as tapas. Pode ser evocado ben a través dos propios ingredientes da mesma, ben na decoración ou forma de presentar o prato para a consumición.

 

Tapa infantil: De modo optativo, os locais participantes poderán ofrecer ademais unha tapa destinada a público infantil. De ser así, deberán comunicalo á organización no momento de efectuar a inscrición. 

 

Fases do concurso

Duración do concurso: Durante os días 7, 8, 9, 14, 15 e 16 de outubro. Os establecementos inscritos deberán ter a disposición do público e en cantidade suficiente a tapa coa que participan. O prezo de cada tapa será de 1,50 € (bebida non incluída). A cada participante entregaráselle un folleto coas bases,e votación para que o público introduza os seus votos nunha urna precintada. O horario de tapeo establecerase dende as 13.00 ás 15.00 e de 20.30 ás 23.30 horas.

 

Entrega de Premios

Tanto o premio ao gañador/a, como os vales que se darán ao público, entregaranse no mesmo acto. A data a comunicará con tempo a organización.

 

Actividades

No caso de que algún establecemento decida organizar algunha actividade de carácter gastronómico, enolóxico..(cata de viños, maridaxes, obradoiros creativos…) poderá comunicalo ao Concello para formar parte do programa no momento da inscrición. Queda á elección do hostaleiro se dita actividade sería gratuíta ou non para o público. De ter algún tipo de custe debe indicarse no momento da inscrición.

 

Para máis información: Oficina de Turismo do Concello de Padrón  no teléfono 646 593 319 ou mediante o enderezo electrónico: turismo@padron.gal