Santas Tapas 2018

A Estrada (Pontevedra)
splash

Información del concurso

Un ano mais a ACOE organiza por Semana Santa o Concurso de tapas "SANTAS TAPAS".
Dende o mércores 28 de Marzo ás 20:00 horas ata o domingo 1 de abril ás 23:00 horas tódolos establecementos participantes ofrecerán tapas por 1,80 € cada unha.
Aquí vos deixamos os establecementos hosteleiros participantes cas súas respectivas tapas.
1- Ruta CastelaoVELIS NOLIS BISTRÓSalmón mariñado con aneto e algas crocantes.
NICOL´S GASTROBARMexillóns recheos.
ENREDOMar e Terra
TABERNA NAVEGACIÓNVerduriñas e bacallao co seu pil-pil de azafrán.
20BERZASTosta de cecina con queixo do país con crema de pemiento asado, noces e pistacho.
O CANDIL DE SILVIATortiña de pekin con porco celta.
ROBERT´SEspiral de langostino con queixo galego e kimchi.
SCALAPango.

2- Ruta Neira VilasCAFETERÍA ÁLAMEDACostillar de porco galego lacado con salsa de café, coiro crocante e crema de castañas.
RESTAURANTE ANDALUCÍAEn dous bocados.
AMADEUSSinfonía de carne con puré de boniato estilo amadeus.
TAPERÍA O LARSolombo de porco con pera e Pedro Ximenez.
COME,BEBE,CALAGalizuela
SAMANÁPan gua bao de panceta á parrilla con salsa de iogur e soia.
ACAPULCOMini hamburguesas gourmet.

3- Ruta RosalíaOASISTorrija con cítricos e secreto ibérico.
O CAFÉ DE XULIAMilfojas de mazá e rabo de tenreira.
PIZZERIA GALEGAFlor de gula.
EUREKASolombo de porco.
MESÓN DA ESTRADATigresón.
O PASEOPastel de primavera.
BOLICHETixola española.


As persoas que selen a súa papeleta en tres locais de cada grupo (cada grupo ten asignada unha cor) participará no sorteo de moitos agasallos e se valorades as 22 tapas de cada local (tendo o selo de cada local hosteleiro) podedes participar no sorteo de 1.000 € !!

Os horarios nos que se servirán as tapas son:Mañá: de 12:00 a 15:00 h.Tarde: de 20:00 a 23:00 h.

Para mais información podedes chamar o 607 165 928 ou enviar un mail a info@acoe.es ou mandarnos un mensaxe dende esta nosa páxina de Facebook.

Compartir
¿DÓNDE ESTÁ?

Llévalo en tu móvil

Bases del concurso

CONCURSO DE TAPAS EN A ESTRADA 2018

 

ACOE, en colaboración coa hostalería asociada de A Estrada organiza ó Concurso de Tapas  “SANTAS TAPAS”, do 28 de marzo ata o 01 de abril de 2018, co obxectivo de promocionar a restauración local e potenciar o turismo no municipio.

Bases:

 

1)       ÁMBITO DE PARTICIPACIÓN: o concurso “ SANTAS TAPAS “, correspondente a 2018, ten ámbito xeográfico circunscrito aos límites municipio de A Estrada, podendo participar no mesmo calquera establecemento do municipio, adicado á restauración e asociado a ACOE.

 

2)      OBXETO DE PARCIPACIÓNO establecemento participante deberá elaborar unha tapa, sendo os ingredientes de libre elección, a un prezo de venta o público de 1,80 € cada tapa.

 

3)      INSCRIPCIÓN: A inscrición no Concurso é gratuíta para tódolos asociados a ACOE.

 

4)      DIFUSIÓN Y MATERIAL DE PARTICIPACIÓN: ACOE distribuirá entre a hostalería participante cartelería e cartillas de puntuación. Os hostaleiros teñen que ter unha urna para que os clientes depositen as súas cartillas. Estas cartillas de participación estarán a disposición dos clientes nos locais participantes, no Facebook  e na páxina web da ACOE.

 

5)      MODO E PERIODO DE PARTICIPACIÓN: as tapas presentadas a concurso deberán estar anunciadas, expostas de forma destacada, así como a disposición do público consumidor en un número suficiente e razoable de unidades ou porcións, 28 de marzo ata o 01 de abril de 2018. Asimesmo, os establecementos concursantes deberán ter exposto en lugar visible o cartel anunciador do concurso e a urna para depositar ás papeletas do concurso.

 

6)      MODALIDADE DE VOTACIÓN:

 

a.      Coas papeletas: cando un cliente deguste unha tapa presentada a concurso, o establecemento participante deberá selarlle, se non o  fixo con anterioridade a cartilla de votación, na casilla correspondente ó seu  establecemento.

b.      A través da aplicación:  outro ano máis utilizaremos a aplicación para móbiles onde poderás votar a tapa. Estas votacións solo serán válidas dende o mércores 28 a noite ata o domingo 1, as votacións fora dese prazo serán eliminadas.

Os clientes poden votar tódalas tapas ou parte delas, pero para entrar no sorteo dos diferentes agasallos será preciso:

·         Ter os cuños dos establecementos de cada grupo de cor (morado, verde e a) sendo 9 cuños o mínimo para concursar no sorteo. Sendo 3 cuños por cada ruta.

·         Para concursar no sorteo dos 1.000€ terán que ter os cuños dos 22 establecementos.

·         Ter os seus datos cubertos e lexibles na cartilla de votación e depositala en calquera das urnas sitas nos establecementos hosteleiros participantes .

 

As papeletas terán que estar depositadas o domingo 1 ás 23:00h. coma data tope para participar no sorteo e ser válidas para o reconto.

 

7- OS AGASALLOS A SORTEAR ENTRE OS CLIENTES PARTICIPANTES NO CONCURSO SON:

 

•    Táblet, Pendrives, PowerBanks, smartboxs,  e libro de cociña. Todos estes agasallos son doados por Gadisa.
•    Pack de produtos de embutidos varios doados por Monte Cabalar.
•    Botellas das diferentes firmas de sidra de A Estrada doadas por Asociación Maceira e Sidra de A Estada.
•    Vales por unha limpeza bucodental doados por Clínica Dental  A Estrada.
•    Vales desconto de 30€ cada un para consumir no 30 días seguintes ó sorteo doados por Centro Óptico A Estrada.
•    Chalecos refletantes doados por Coste Cero.
•    Vales dun 30% de desconto en calquera compra doado por Nova Visión Óptica.*
•    Vales de 20€ cada un a descontar a compras superirores a 60€ doados por Andaina. *
•    Camisetas e corta-pizzas doados por Pizzería Galega.
•    Tazas Mug e vales para unha ampliación de foto en A3 doado por O Copión.
•    Vales de agasallos para canxear na tenda doados por Tiko Doco.
•    Vales do 15% de desconto doado por Moksin para consumir no 15 días seguintes ó sorteo. *
•    Vales de desconto do 20% doados por Ana Belén Moda Infantil. *
•    Agasallo de un reloxo doado por Xoiería Benito Puente.
•    Vale de 50€ doado por Mi Vestidor Azul.
•    Vale de 50€  doado por Xoiería Fondevila.
•    Vale por revisión de ordenador valorado en 45€ doado por Código Digital.
•    Tarxeta regalo de 30€ doados por Emilio Iglesias.
•    Plancha de pelo BabyLiss doados por EDELEC.
•    Tarxetas de 20€ en combustible cada unha doadas por SBC Gasolineiras.
•    Vales de agasallos para canxear na tenda doados por Librería Lolimay.
•    Equipo micro HI-FI, Set de desayuno Celta, Vasos de cristal Celta e libros de humor gráfico doados pola Faro de Vigo.

*Estes descontos non son acumulables a outras ofertas que haxa no momento.

 

 

8)        RECOLLIDA DE VOTOS: Os hostaleiros participantes levarán o luns 2 de abril 2018 as urnas a oficina da ACOE, e farase o reconto de votos.

Non será válida ningunha urna que non manteña intacto o seu precinto. Non será válida ningunha papeleta que non cumpra os requisitos esixidos.

 

9)               RESOLUCIÓN E AGASALLOS: Comunicarase o día do sorteo e o gañador das Santas Tapas 2018 polas nosas redes sociais xunto co resto dos gañadores dos diferentes sorteos. É obrigatorio estar presente na entrega, se non perderán o dereito a recibir o agasallo.

10)           ACEPTACIÓN DAS BASES: a participación no Concurso de Tapas “SANTAS TAPAS” implica a aceptación das súas bases, así como a resolución do mesmo.

 

11)           ENTREGA DO PREMIO: A entrega do premio levarase a cabo mediante acreditación de NIF/CIF por parte do gañador, realizarase na Casa da Pastora o día 24  de abril 2018 a partir das 20:00 horas.

Os gastos de desprazamento ao lugar de recolleita do agasallo, así como todo gasto de retirada do mesmo, serán por conta do gañador.

No caso de que o gañador non recolla o seu agasallo no día estipulado, perderá automaticamente o seu dereito ao premio, pasando a disposición da ACOE, quen dispoñerá do mesmo para posteriores sorteos.

O ganador autoriza á ACOE a reproducir e utilizar o seu nome, apelidos e imaxe, en calquera actividade pública e promocional, relacionada co concurso no que resultou gañador, sen que esta utilización confíralle dereito de remuneración ou beneficio algún con excepción feita da entrega do premio.

 

12)           PARTICIPACION: Os premios do presente sorteo, en ningún caso poderá ser obxecto de cambio, alteración ou compensación a petición do gañador.

A ACOE, resérvase o dereito a modificar os premios, por outro de igual ou superior valor promocional de consideralo necesario, comprometéndose, en todo caso a publicar a información a través da súa páxina web “www.acoe.es”.

 

13)           VERACIDAD DOS DATOS: Os datos facilitados polos participantes deberán ser veraces. No caso de que estes fosen falsos, os premios que lles correspondín serán atribuídos á ACOE para posteriores sorteos.

 

14)           RECLAMACIONS: O período de reclamación sobre o resultado do sorteo finalizará transcorridos dez(10) días naturais desde a data de publicación dos resultados de cada un dos sorteos segundo establécese no apartado 11 das presentes bases.

 

15)           MODIFICACION DE BASES E SUSPENSION DO SORTEO: A ACOE, resérvase o dereito a suspender, aprazar ou cancelar o presente sorteo en calquera momento anterior ao comezo do mesmo, sempre que existan causas que así o xustifiquen, así como a modificar as presentes bases, comprometéndose a comunicaras novas bases, condicións, suspensión, aprazamento ou cancelación, no seu caso.

 

16)           RESPONSABILIDADES ALLEAS: En ningún caso a ACOE será responsable dos servizos que calquera outra entidade coa que esta colabore, preste ao agraciado como consecuencia do premio entregado.

A responsabilidade da ACOE queda limitada, en exclusiva, á publicación do resultado do sorteo segundo atópase contemplada nestas bases e á entrega do premio á persoa agraciada co mesmo, fóra do anterior, a ACOE non responderá fronte a cales queira tipo de reclamacións que se puidesen formular directa ou indirectamente relacionadas co sorteo, a condición de agraciado ou a retirada do premio no punto designado nestas bases para a súa entrega. Así mesmo, o agraciado deberá dirixirse directamente fronte ao provedor do premio no caso de que o mesmo adoeza de calquera tara ou defecto de fabricación.

 

17)           DEPÓSITO: As presentes bases aparecerán recollidas e dispoñibles ao público na páxina Web da ACOE “www.acoe.es”.