Santas Tapas 2019

A Estrada (Pontevedra)
splash

Información del concurso

VIII EDICIÓN CONCURSO DE TAPAS EN A ESTRADA “SANTAS TAPAS ”

A asociación Hosteleiros Da Estrada (HE) en colaboración con ACOE organiza ó Concurso de Tapas “SANTAS TAPAS”, da noite do 17 de Abril ata a manán-tarde do 21 de Abril de 2019 , có obxectivo de promocionar a restauración local e potenciar o turismo no municipio.

Compartir
¿DÓNDE ESTÁ?

Llévalo en tu móvil

Bases del concurso

Bases do Concurso:

 

  1. ÁMBITO DE PARTICIPACIÓN: Calquera persoa que non pertenza a directiva da HE o da ACOE poderá participar nos sorteos e votacións do concurso. Solo poderán participar como hostaleiros poñendo tapas os que sexan asociados a HE

  2. OBXETO DE PARTIPACIÓN: Os establecemento participantes elaboraran unha tapa, a un prezo de venta o público de 2,00 € cada tapa. As persoas que degusten as tapas poderán participar en diversos sorteos de agasallos cumplindo os requisitos indicados no punto 5.

  3. DIFUSIÓN Y MATERIAL DE PARTICIPACIÓN: HE distribuirá entre a hostalería participante cartelería e cartillas de puntuación. Os hostaleiros teñen que ter unha urna para que os clientes depositen as súas cartillas. Estas cartillas de participación estarán a disposición dos clientes nos locais participantes e na páxina web da ACOE.

  4. MODO E PERIODO DE PARTICIPACIÓN: as tapas presentadas a concurso deberán estar a disposición do público consumidor en un número suficiente e razoable de unidades ou porcións, da noite do 17 de Abril ata a manán-tarde do 21 de Abril de 2019 no seguinte horario:
    Mañans-tardes: 12 h. a 15 h.
    Noites: 20 h. a 22:30 h.
    Asimesmo, os establecementos concursantes deberán ter exposto en lugar visible o cartel anunciador do concurso e a urna para depositar ás papeletas do concurso.

  5. MODALIDADE DE VOTACIÓN:
    A. Coas papeletas: Cando un cliente deguste unha tapa presentada a concurso, o establecemento participante deberá selarlle, se non o fixo con anterioridade a cartilla de votación, na casilla correspondente ó seu establecemento.
    B. A través da aplicación: outro ano máis utilizaremos a aplicación para móbiles onde poderás votar a tapa. Estas votacións solo serán válidas dende o mércores 17 de Abril de 2019 as 20:00 horas ata as 23:59 do domingo 21 de Abril de 2019.
    As votacións fora dese prazo serán eliminadas.

    Os clientes poden votar solo as tapas dos establecementos dos que teñan o selo. Para que os votos da papeleta sexan válidos deberá ter alomenos un selo de cada ruta. Para entrar no sorteo dos diferentes agasallos será preciso:
    Ter 3 selos de cada ruta (Rosalía, Castelao, Neira Vilas e Valle-Inclán).
    Para entrar nos sorteos dos 1.000€ terán que ter os cuños de al menos 21 locales.
    Ter os seus datos cubertos e lexibles na cartilla de votación e depositala en calquera das urnas sitas nos establecementos hostaleiros participantes.

    As papeletas terán que estar depositadas o domingo 21 ás 23:00h. coma data tope para participar no sorteo e ser válidas para o reconto.

  6. OS AGASALLOS A SORTEAR ENTRE OS CLIENTES PARTICIPANTES NO CONCURSO SON:
    *Estes descontos non son acumulables a outras ofertas que haxa no momento.
    BP – STRADA 1 drone con cámara I-WOTTO
    BP – STRADA 1 centro de planchado Tefal
    BP – STRADA 1 cafetera Doce Gusto Krups
    BP – STRADA 1 aspirador inalámbrico Blak&Decker
    BP – STRADA 10 targetas prepago 20€
    BP – STRADA 1000 ambientador para vehículo
    TICO DOKO 5 vales regalo
    PICOLO 2 vales desconto 30€ *
    THEBES 10 vales desconto 50% *
    MI VESTIDOR AZUL 1 vale regalo
    CENTRO ÓPTICO A ESTRADA 3 vales desconto 30€ *
    OPTICA NOVA VISIÓN 1 gafas de regalo
    OPTICA NOVA VISIÓN 1 Vale desconto 30€ *
    ÓPTICA FONDEVILA 1 gafas de sol de regalo
    JOYERÍA FONDEVILA 1 reloj de regalo
    LA MILAGROSA 1 vale regalo tarta para 8-10 persoas. Encargar con 2 dias de antelación.
    LUGARDELVINO A ESTRADA 1 lote de productos
    GADIS 1 Smartbox “magia”
    GADIS 1 Smartbox “siente”
    GADIS 1 Smartbox “sonríe”
    GADIS 1 cafetera
    GADIS 1 usb
    GADIS 1 cargador
    GADIS 2 set de baixo pratos
    GADIS 1 Libro “ Diccionario de cocina gallega”
    PAZO XERLÍS 1 botella de vino Rioja rheoboam 5l.
    MAR DE COMPOSTELA 1 estancia y desayuno para 2 personas en cualquiera de sus establecimientos
    DISBEGAL 1 botella magnum 1,5l. Paco y Lola
    DISBEGAL 1 botella jeroboam 3l. Eguren Ugarte
    DISBEGAL 1 estuche vino Grandes Pagos
    DISTRIBBUCIONES MAÑÁ- ESTRELLA GALICIA 6 botellas magnum 1,5l Granbazán Ámbar
    BODEGAS MIBOU 1 smartbox con estancia de 2 noches con desayuno para 2 personas
    BODEGAS LOEDA 1 estancia 2 noitess media pensión nun hotel balneario del Grupo Caldaria
    DISTRIBUCIONES ARANA 1 estuche de vino Bodegas Gallegas
    DISTRIBUCIONES ARANA 5 pases para 2 de visita a bodega e viñedo con degustación de productos bodegas Viña Costeira
    DISTRIBUCIONES ARANA 1 botella jeroboam 3l. Bordón crianza
    ASOC. MACEIRA E SIDRA DA ESTRADA 1 lote de productos
    CÓDIGO DIGITAL 1 tablet
    O LAR 2 Vales 10€ en consumición
    TASMANIA 1 cea para 2 personas
    FLORIDA 1 cea para 2 personas
    SAMANÁ 1 cea para 2 personas
    ROBERT’S 1 estancia con desayuno no hotel Son do Mar

  7. RECOLLIDA DE VOTOS: Os hostaleiros participantes levarán o luns 22 de abril 2019 as urnas a oficina da ACOE, e farase o reconto de votos. No será válida ningunha urna que non manteña intacto o seu precinto. Non será válida ningunha papeleta que non cumpra os requisitos esixidos.

  8. RESOLUCIÓN E AGASALLOS: Comunicarase o día do sorteo e o gañador das Santas Tapas 2019 polas nosas redes sociais xunto co resto dos gañadores dos diferentes sorteos. É obrigatorio estar presente na entrega, se non perderán o dereito a recibir o agasallo.

  9. ACEPTACIÓN DE LAS BASES: a participación no Concurso de Tapas “SANTAS TAPAS” implica a aceptación das súas bases, así como a resolución do mesmo.

  10. ENTREGA DO PREMIO: A entrega do premio levarase a cabo mediante acreditación de NIF/CIF por parte do gañador, realizarase sobre o día 1 de Maio 2019 a partir das 20:00 horas.

    Os gastos de desprazamento ao lugar de recolleita do agasallo, así como todo gasto de retirada do mesmo, serán por conta do gañador.
    No caso de que o gañador non recolla o seu agasallo no día estipulado, perderá automaticamente o seu dereito ao premio, pasando a disposición da HE, quen dispoñerá do mesmo para posteriores sorteos.

    O ganador autoriza á HE e á ACOE a reproducir e utilizar o seu nome, apelidos e imaxe, en calquera actividade pública e promocional, relacionada co concurso no que resultou gañador, sen que esta utilización confíralle dereito de remuneración ou beneficio algún con excepción feita da entrega do premio.

  11. PARTICIPACIÓN: Os premios do presente sorteo, en ningún caso poderá ser obxecto de cambio, alteración ou compensación a petición do gañador.
    A HE e ACOE, resérvase o dereito a modificar os premios, por outro de igual ou superior valor promocional de consideralo necesario, comprometéndose, en todo caso a publicar a información a través da páxina web da ACOE “www.acoe.es”.

  12. VERACIDADE DOS DATOS: Os datos facilitados polos participantes deberán ser veraces. No caso de que estes fosen falsos, os premios que lles correspondan serán atribuídos á HE para posteriores sorteos.

  13. RECLAMACIÓNS: O período de reclamación sobre o resultado do sorteo finalizará transcorridos dez(10) días naturais desde a data de publicación dos resultados de cada un dos sorteos segundo establécese no apartado 11 das presentes bases.

  14. MODIFICACION DE BASES E SUSPENSION DO SORTEO: A HE e ACOE , resérvase o dereito a suspender, aprazar ou cancelar o presente sorteo en calquera momento anterior ao comezo do mesmo, sempre que existan causas que así o xustifiquen, así como a modificar as presentes bases, comprometéndose a comunicaras novas bases, condicións, suspensión, aprazamento ou cancelación, no seu caso.

  15. RESPONSABILIDADES ALLEAS: En ningún caso a HE ni ACOE será responsable dos servizos que calquera outra entidade coa que esta colabore, preste ao agraciado como consecuencia do premio entregado.

    A responsabilidade da HE e da ACOE queda limitada, en exclusiva, á publicación do resultado do sorteo segundo atópase contemplada nestas bases e á entrega do premio á persoa agraciada co mesmo, fóra do anterior, a HE e ACOE non responderán fronte a cales queira tipo de reclamacións que se puidesen formular directa ou indirectamente relacionadas co sorteo, a condición de agraciado ou a retirada do premio no punto designado nestas bases para a súa entrega. Así mesmo, o agraciado deberá dirixirse directamente fronte ao provedor do premio no caso de que o mesmo adoeza de calquera tara ou defecto de fabricación.

  16. DEPÓSITO: As presentes bases aparecerán recollidas e dispoñibles ao público na páxina Web da ACOE “www.acoe.es” en na APP oficial Santas Tapas

  17. XURISDICCIÓN: Para o coñecemento de calquera litixio que puidese suscitarse en canto á interpretación ou aplicación das presentes Bases, tanto a HE e ACOE como os participantes no presente sorteo, sométense expresamente á xurisdición e competencia dos Xulgados e Tribunais da Estrada, con renuncia expresa a calquera outro foro que puidese corresponderlles.

 

A Estrada, Abril 2019