Santiago(é)tapas 2015

Santiago de Compostela (A Coruña)

Bica galega con mousse de queixo do Cebreiro e xeado de licor café

tapa

(é)tapa 4 Praza Roxa (patrocinada por Bodegas Alanís)

Vexetarianos - Tapa doce

INGREDIENTES
50 g de bica tradicional
20 ml de café
5 ml de Licor Café de Galicia
2 ml de amaretto
15 g de azucre
30 g de Queixo do Cebreiro
20 g de nata
1 reladura de lima
1 bola de xeado de licor café

ELABORACIÓN
Emborrachar a bica co café e os dous licores.
Montar a nata co azucre, o queixo e a nata. Engadir a pel de lima. Colocar en manga e dispoñer sobre a bica.

Rematar cunha bola de xeado de licor café galego.