Santiago(é)tapas 2015

Santiago de Compostela (A Coruña)

Coulant con sopa de licor café

tapa

(é)tapa 4 Praza Roxa (patrocinada por Bodegas Alanís)

Vexetarianos - Tapa doce

INGREDIENTES
20 g. de chocolate
10 g. de cacao
5 g. de ovo
5 g. de manteiga
20 g. de iogur ecolóxico
10 cl. de Licor Café de Galicia
5 cl. de zume de laranxa
5 cl. de nata

ELABORACIÓN
Facer unha pasta con chocolate, cacao, manteiga e ovo. Untar os moldes para os coulants. Poñer a masa dentro e reservar.
Enfornar a 180 graos durante 7 minutos.
Sopa de licor café: facer unha redución coa laranxa e engadir o licor café. Flamexar e deixar arrefriar. Mesturar coa nata a punto de neve e o iogur.