Crema de azafrán con Mexillón de Galicia mariñado
(é)tapa 2 Praza de Cervantes (patrocinada por Pazo do mar)
Celíacos
INGREDIENTES
100 ml de caldo de peixe
1/8 alloporro
100 g de Pataca de Galicia
4 fíos de azafrán
½ culler de aceite de oliva virxe extra
50 g de Mexillón de Galicia
3 g de pementa
Sal
ELABORACIÓN
Nunha pota cocer as patacas nun caldo de peixe, engadir uns fíos de azafrán.
Cando estean cocidas as patacas, deixar que repousen no caldo uns minutos para que collan máis sabor e color. Logo esmagar todo para ter unha crema, non moi espesa e mirar de engadir sal, se precisa, e pementa. Cortar en xuliana a parte verde dun alloporro. Poñer nunha tixola un pouquiño de aceite de oliva e marcar os mexillóns, engadir o porro e unhas boliñas de pementa. Servir a crema acompañada dos mexillóns e o alloporro.