Horta de outono
(é)tapa 4 Praza Roxa (patrocinada por Bodegas Alanís)
Celíacos
INGREDIENTES
30 g. de cabaza mais Pataca de Galicia
30 g. de coliflor
30 g. de brócoli
30 g. de amidón de tapioca
30 g. de porro
30 g. de remolacha
30 g. de repolo
30 g. de charouvía
ELABORACIÓN
Facer unha crema de cabaza, texturar con xantano e logo incorporar proescuma. Meter en sifón.
Lavar a coliflor e logo triturar. Por outro lado, facer unha tempura e incorporar a coliflor triturada. Con esta mestura conséguense os flocos de coliflor.
Cocer o brócoli e a tapioca
Facer un caldo co porro
Cortar o repolo en tiras finas e envinagrar. Facer o mesmo coa remolacha pero en cubos pequenos.
Fritir a charouvía.
Por último facer a montaxe da tapa con todos os ingredientes.