Santiago(é)tapas 2015

Santiago de Compostela (A Coruña)

Montadiño de bacallau con grelos de Galicia doces e escuma de queixo San Simón da Costa

tapa

(é)tapa 4 Praza Roxa (patrocinada por Bodegas Alanís)

INGREDIENTES
30 g. de bacallau
10 g. de tomate
20 g. de Grelos de Galicia
20 g. de Queixo San Simón da Costa
5 g. de porro
10 g. de allo
2 g. de alfábega fresca
5 g. de azucre
1 g. de sal
30 g. de fariña de arroz
200 ml. de aceite de oliva virxe
10 g. de nata
1 dl. de brandy

ELABORACIÓN
Escaldar os grelos en auga fervendo con sal uns minutos. Arrefriar e prensar con azucre poñendo un peso enriba durante unhas horas. Transcorrido ese tempo, facer bloques cos grelos e reservar.
Nunha tixola, cun chorriño de aceite, facer a lume tento o tomate, sal, azucre, alfábega fresca e flamexar todo co brandy. Deixar que reduza uns minutos e reservar.
Nun pouco de nata, derreter o queixo San Simón, previamente cortado en anacos. Deixar que se funda e mesture. Colar e meter no sifón, mantendo a uns 60 graos de temperatura. Reservar.
Fritir o porro e uns poucos grelos crus coa maicena e reservar. Cun allo e o aceite, confeitar uns minutos o bacallau e proceder á montaxe do prato.