Santiago(é)tapas 2015

Santiago de Compostela (A Coruña)

Pan de Castañas de Galicia con doble de pesto e atún ao natural

tapa

(é)tapa 2 Praza de Cervantes (patrocinada por Pazo do mar)
INGREDIENTES
1 rebanda de pan de Castañas de Galicia
1 cullerada de pesto vermello
1 cullerada de pesto verde
2 lombiños de atún ao natural
1 cullerada de cebola fritida crocante
Pesto (alfábega, piñóns, parmesano, allo e tomate deshidratado)

ELABORACIÓN
Preparar os dous tipos de pesto, que consiste en mesturar todos os ingredientes e ir engadindo aceite de oliva virxe (alfábega, medio dente de allo, 20 g. de piñóns e parmesano). No caso do pesto vermello, engadir tomate deshidratado.
Tostar ben a rebanda de pan e untar unha cullerada de cada un dos pestos, sen mesturar. Colocar os tacos de atún sobre a tostada e colocar un puñado de cebola fritida crocante.