Pisto de verduras ao estilo das Clarisas con ovo de paspallás sobre torrada de Pan de Cea
(é)tapa 1 Praza do Obradoiro (patrocinado por Grupo Reboreda Morgadío)
Vexetarianos
INGREDIENTES
20 g de Pan de Cea
450 g de pemento roxo
50 g de cebola
400 g de pemento verde
400 g de pemento amarelo
500 g de tomate
350 g de cabaciña
350 g de berenxena
10 ovos de paspallás
Cullerada sopeira de sal e pementa
Cullerada sopeira de pemento doce
2 dl de aceite de oliva
MÉTODO DE ELABORACIÓN
Facer unha tosta co pan de Cea.
Cortar as verduras en dados e saltear por separado.
Aliñar.
Cocer os ovos a baixa temperatura.
No momento de servir, colocar o pisto enriba da tosta e ovo.