Torta de queixo do Cebreiro con base de noces, mel e figos
(é)tapa 1 Praza do Obradoiro (patrocinado por Grupo Reboreda Morgadío)
Vexetarianos - Tapa doce
INGREDIENTES
25 g de Queixo do Cebreiro
25 g de queixo mascarpone
20 ml de tona
20 g de noces
10 g de manteiga
5 g de mel
Medio figo
10 g de azucre
ELABORACIÓN
Fundir a manteiga e mesturar coas noces finamente picadas. Poñer en moldes o ramekins e deixar arrefriar.
Mentres tanto, bater os dous queixos co azucre ata lograr unha textura cremosa.
Engadir a tona e bater ata que volva ser cremosa e non líquido. Meter a mestura nos moldes arrefriados e deixar arrefriar todo.
Á hora de servir, engadir un chorro de mel e medio figo.