Información del concurso
Trinta e dúas propostas gastronómicas danse cita nesta quinta edición da Ruta do Pincho da man doutros tantos establecementos hostaleiros esparexidos pola xeografía do municipio. Dende o casco urbano de Redondela, pasando polo centro de Chapela, descubrindo as Praias de Cesantes e Area Longa, nas máis acolledoras contornas rurais poderás degustar os sabores da nosa terra e do noso mar en pequenas porcións que farán espertar todos os sentidos.
Os mellores pinchos da Hostalaría do Concello de Redondela presentase para ser degustados xunto cunha coidada selección de viños da Bodegas Altos de Tarona, Regina Viarum e Herencia de Juan Alcorta a un prezo único de 2,75€.
A clientela poderá puntuar todos os pinchos e ademais participar no sorteo de relaxantes e saborosos premios:
1º Noite para dúas persoas no Hotel Balneario Augas Santas + Ruta Termal + Visita á adega Regina Viarum con degustación de viño.
2º Comida para dúas persoas nun dos locais participantes da ruta que elixa o premiado + Botella de viño.
3º Dous pases para Circuíto Termal completo no Talaso de Baiona(de luns a sábado).
Grazas ás valoracións da clientela os hostaleiros tamén verán recompensado o seu bo facer na cociña con un premio outorgado polas adegas colaboradoras.
Bases del concurso
- VOTACIONS: Todas aquelas persoas que degusten as tapas dos locais participantes na V Ruta do Pincho poderán efectuar as súas votacións a traves das TARXETAS DE PUNTUACION cun, alomenos, selo dun establecemento.
- SORTEOS: Para poder optar aos premios dos sorteos anunciados serán necesarios, como mínimo, seis selos nas TARXETAS DE PUNTUACION.
SORTEOS
- Noite para dúas persoas no Hotel Balneario Augas Santas + Ruta Termal + Visita á adega Regina Viarum con degustación de viño
- Comida para dúas persoas nun dos locais participantes da ruta que elixa o premiado + Botella de viño.
- Dous pases para Circuíto Termal completo no Talaso de Baiona(de luns a sábado).
Os 32 establecementos do Concello que participarán na V Ruta do Pincho de Redondelas son os seguintes:
- A Tenda da Candelaria, Bar Nando, Bar Piñeiro, Bar Rivas, Café Bar El Pinchito, Café Bar Os Amigos, Café Royal Picasso, Café Royalty, Cafetería Aifos Cafetería Eiki, Cafetería El Rodeo, Cafetería Kima, Cafetería Nederland, Disco Tasca, Hostal Bahia de Chapela, Hotel Antolín, Mesón Alborada, Mesón O Tella, 0 Café da Vila, Pizzería Bos Aires, Restaurante A Chabola, Restaurante Casa Consejo, Restaurante Casa Mucha, Restaurante Casa Rei, Restaurante Lemos, Restaurante O Canastro, Tapería A Contó Tapería O Berete, Tapería O Timón, Vinoteca A Parra, Vinoteca Don Vinarius, Vinoteca e Cafetería O Cruceiro