Información del concurso
O concello de Vedra en colaboración cos establecementos de hostalería asociados á marca “Tabernas da Ulla” organiza o Roteiro - Concurso “Vedra de Tapas” co obxectivo de promover a restauración local.
* Datas: 6,7,8,11,12,13,14 e 15 de outubro de 2017
* Horarios: de 13:00 a 15:00 h. e de 20:00 a 23:00 h.
Venres 6 |
|
NOITE |
Sábado 7 |
MEDIODÍA |
NOITE |
Domingo 8 |
MEDIODÍA |
|
Mércores 11 |
|
NOITE |
Xoves 12 |
MEDIODÍA |
NOITE |
Venres 13 |
|
NOITE |
Sábado 14 |
MEDIODÍA |
NOITE |
Domingo 15 |
MEDIODÍA |
|
Cada tapa terá un prezo de venda ao público de 1,50 €.
Tapa + albariño: Se os clientes degustan unha tapa acompañada por un viño albariño das adegas locais, o prezo de venda ao público será de 3,00 €.
Bases del concurso
CONCURSO:
Cando un cliente deguste unha tapa presentada a concurso, o establecemento participante deberá selarlle a cartilla de votación, na casiña correspondente ao seu establecemento.
Os clientes poden votar todas as tapas ou parte delas, dándolle a puntuación que consideren: de 0 (mal) a 5 (excelente).
Para entrar no concurso de tapas as cartillas teñen que ter os selos de como mínimo 5 establecementos.
SORTEOS E AGASALLOS:
Para entrar no sorteo dos diferentes agasallos será preciso:
Ter os datos cubertos e lexibles na cartilla de votación e depositala en calquera das urnas nos establecementos hostaleiros participantes ou na Casa do concello de Vedra.
As papeletas terán que estar depositadas o domingo 15 de outubro de 2017 ás 23:00h. como data tope para participar no sorteo e ser válidas para o reconto.
OS AGASALLOS A SORTEAR ENTRE OS CLIENTES PARTICIPANTES NO CONCURSO SON:
As cartillas con selos de como mínimo 5 establecementos participarán nos sorteos de:
-3 lotes de produtos locais.
-2 tarxetas regalo por valor de 50€ para gastar nalgún dos establecementos do concello.
As cartillas con selos de como mínimo 8 establecementos participarán nos sorteos de:
-Unha cea para dúas persoas nun dos restaurantes do concello.
-Unha escapada termal para dúas persoas con almorzo incluído, circuito termal...
As cartillas con selos dos 11 establecementos participantes entrarán no sorteo de 200 €
Este ano contamos de novo cunha aplicación móbil: Quedamos de tapas! na que tamén poderemos votar a tapa que máis nos guste,a "Tapa amiga". (Esta votación non entra no concurso).
PARA OS AGASALLOS DE GRUPO:
Considerarase grupo o formado por 5 ou máis persoas.
Realizaráse un CONCURSO FOTOGRÁFICO:
A foto terá que mostrar que se está facendo a ruta "Vedra de Tapas".
Habera que enviala a casadospeons@concellodevedra.com, e pasará un filtro de valoracións e se é admitida subirase ao Facebook do Concello de Vedra. A foto máis votada será a gañadora, sempre e cando cumpra os requisitos esixidos para a participación.
Premio: 20 tapas e 10 consumicións no establecemento gañador da mellor tapa no Vedra de Tapas 2017.