Información del concurso
O concello de Vedra en colaboración cos establecementos de hostalería asociados á marca “Tabernas da Ulla” organiza o Roteiro - Concurso “Vedra de Tapas” co obxectivo de promover a restauración local.
* Datas: 7,8,9,11,12,14,15 e 16 de outubro de 2016
* Horarios: de 13:00 a 15:00 h. e de 20:00 a 23:00 h.
Venres 7 |
|
NOITE |
Sábado 8 |
MEDIODÍA |
NOITE |
Domingo 9 |
MEDIODÍA |
|
Martes 11 |
|
NOITE |
Mércores 12 |
MEDIODÍA |
NOITE |
Venres 14 |
|
NOITE |
Sábado 15 |
MEDIODÍA |
NOITE |
Domingo 16 |
MEDIODÍA |
|
Cada tapa terá un prezo de venda ao público de 1,50 €.
Tapa + albariño: Se os clientes degustan unha tapa acompañada por un viño albariño das adegas locais, o prezo de venda ao público será de 3,00 €.
Bases del concurso
CONCURSO:
Cando un cliente deguste unha tapa presentada a concurso, o establecemento participante deberá selarlle a cartilla de votación, na casiña correspondente ao seu establecemento.
Os clientes poden votar todas as tapas ou parte delas, dándolle a puntuación que consideren: de 0 (mal) a 5 (excelente).
Para entrar no concurso de tapas as cartillas teñen que ter os selos de como mínimo 5 establecementos.
SORTEOS E AGASALLOS:
Para entrar no sorteo dos diferentes agasallos será preciso:
Ter os datos cubertos e lexibles na cartilla de votación e depositala en calquera das urnas nos establecementos hostaleiros participantes ou na Casa do concello de Vedra.
As papeletas terán que estar depositadas o domingo 16 de outubro de 2016 ás 23:00h. como data tope para participar no sorteo e ser válidas para o reconto.
OS AGASALLOS A SORTEAR ENTRE OS CLIENTES PARTICIPANTES NO CONCURSO SON:
As cartillas con selos de como mínimo 5 establecementos participarán nos sorteos de:
-Unha cea para dúas persoas nun dos restaurantes do concello.
-Un lote de produtos locais.
-1 tarxeta regalo por valor de 50 € para gastar nalgún dos establecementos do concello.
As cartillas con selos de como mínimo 8 establecementos participarán nos sorteos de:
-Unha “Escapada Termal” con estanza para dúas persoas con almorzo incluído, circuíto termal…
-100 €
As cartillas con selos dos 11 establecementos participantes entrarán no sorteo de 200 €