III Ruta do pincho

VIGO (Pontevedra)
splash

Información del concurso

O Centro Comercial Aberto “As Travesas” pon en marcha a III Ruta do Pincho como forma de atraer máis visitantes e reforzar o Comercio e a Hostalería da zona das Travesas.

 

A proposta diríxese ós establecementos da zona, para desenvolver dende o venres 2 ata o domingo 18 de xuño do 2017.

Compartir
¿DÓNDE ESTÁ?

Llévalo en tu móvil

Bases del concurso

O tríptico conséguese mercando nos nosos comercios. Contén  tres “bono-pinchos”, os usuarios terán que ir a tres establecementos distintos para probar o “pincho” e conseguir o selo, o cal  lles dará a posibilidade de participar no sorteo -para dúas persoas- dunha estancia de 1 noite (2 días), aloxamento en habitación dobre estándar, almorzo buffet, cea concertada no Restaurante Faro, 1 acceso por persoa  ó  percorrido mariño. (Válido de domingo a xoves agás festivos, Semana Santa e Agosto).

Os clientes pagaran 1 € por cada pincho, cando o  seu prezo normal sen  o bono é de 1,80 €. O pincho deberá de ir acompañado de calquera bebida que será aboada no seu prezo total polo cliente.

O  tríptico servirá a súa vez de rueiro e de papeleta de voto para premiar o mellor pincho da ruta, en base a súa presentación, sabor e orixinalidade. Unha vez conseguido os tres selos, o cliente deberá cubrilo co seu nome e o seu teléfono, e poderá depositalo  nas urnas instaladas en cada establecemento.

 

Non poderán participar no concurso  nin os comerciantes nin os hostaleiros.