Información del concurso
- Datas de celebración do concurso: Do 24 de maio ao 9 de xuño de 2018
Horario do concurso:
- Os xoves de 20:00 a 22:00 h.
- Os venres de 20:00 a 22:00 h.
- Os sábados de 13:00 a 15:00 e de 20 a 22 h.
Tapea por Fene, pide que cada establecemento che poña na Fenerruta o seu selo ao degustar a tapa e cando as probes todas poderás votar pola túa tapa favorita, creativa e tradicional.
Bases del concurso
-
OBXECTO DO CONCURSO:
O Concello de Fene coa finalidade de promover e dinamizar a actividade do sector da hostalería, convoca o XI Concurso de Tapas de Fene.
-
PARTICIPANTES:
Poderán participar todos os establecementos de hostalería do ámbito municipal de Fene, legalmente establecidos previa inscrición no prazo e forma establecido nestas bases.
-
MODALIDADES DE PARTICIPACIÓN:
Establécense dúas modalidades: Tapa Tradicional e Tapa Creativa, entendéndose como tapa creativa a que utilice productos, técnicas de elaboración ou presentación innovadoras.
-
Todas as tapas deberán ser elaboradas de forma artesanal.
-
Non se aceptarán receitas precociñadas en toda ou algunha das súas partes.
-
A organización resérvase o dereito de non aceptar unha tapa a concurso se considera que non se axusta ás condicións descritas. Neste caso, o establecemento terá a opción de presentar outra tapa ao Concurso en calquera das modalidades.
-
Cada establecemento, unicamente poderá concursar nunha modalidade, tapa tradicional ou creativa.
-
Na medida do posible, recoméndase a utilización e promoción do produto do mar.
-
PRAZO DE INSCRICIÓN:
A inscrición presentarase no rexistro xeral de entrada do Concello de Fene, dende o día 2 de maio ao 8 de maio de 2018.
Para inscribirse deberá cumprimentar debidamente o modelo de solicitude (anexo I).
As solicitudes de inscrición serán atendidas por orde de chegada.
Non se admitirán as solicitudes remitidas por correo postal que non foran previamente anunciadas por Fax no prazo e hora establecidos para a inscrición.
É obrigatorio que o local envíe unha foto da tapa antes do día 9 de maio ao correo desenvolvemento.local@fene.gal.
-
PREMIOS:
5.1. Premios para os clientes:
Entre todos os votantes que selen correctamente a FENERRUTA, sortearanse os seguintes premios:
-
Unha viaxe a Londres, Milán, Barcelona, Madrid ou Málaga (A.D.)
Inclúe:
Billetes de avión desde Santiago ou A Coruña (según destino) con compañía de baixo coste (inclúe so equipaxe de mán)
Estancia de 3 días (2 noites) para dúas persoas en hotel 3*/4* (según destino), en réxime de aloxamento e almorzo.
Seguro de asistencia en viaxe.
Datas suxetas a dispoñibilidade.
Premio por cortesía de Estrella Galicia.
-
Unha escapada rural consistente nunha estancia dunha noite para dúas persoas con almorzo incluído a elexir entre 280 hoteis rurais.
Premio por cortesía de Organiza Turismo Y Eventos
-
Limpeza da tapiceria dun turismo.
Premio por cortesia de Ecolimpauto
-
Tres meses no ximnasio Fitness Fene para unha persoa
Premio por cortesía de Fitness Fene.
Todas aquelas tarxetas cumprimentadas polos clientes nos propios establecementos entrarán no sorteo de:
-
Un pequeno electrodoméstico
Premio por cortesía de Electro Agro Fene.
-
Catro estuches de productos de bodegas Barral.
Premios por cortesía de Bodegas Barral.
-
Un mes de clase en calquera modalidade, na Escola de Música Bellón-Maceiras
Premio por cortesía de Escola de Música Bellón-Maceiras.
-
Un libro de cociña.
Premio por cortesía de Imprenta San Esteban.
5.2. Premios para os establecementos participantes:
Campións:
- tapa CREATIVA: trofeo e unha suscrición de 6 meses na Escola Materchef por cortesía de Santa Compaña Producciones.
- tapa TRADICIONAL: trofeo e unha suscrición de 6 meses na Escola Materchef por cortesía de ICOOK Escola de Cociña.
- tapa POPULAR CREATIVA: trofeo e un libro de cociña por cortesía de Imprenta San Esteban.
- tapa POPULAR TRADICIONAL: trofeo e un libro de cociña por cortesía de Imprenta San Esteban
Subcampións:
- tapa CREATIVA: trofeo.
- tapa TRADICIONAL: trofeo.
- tapa POPULAR CREATIVA: trofeo.
- tapa POPULAR POPULAR: trofeo.
Os premios por cortesía das empresas colaboradoras non serán por conta do Concello de Fene, podendo variar tanto as empresas colaboradoras como os premios patrocinados, garantíndose en todo caso outros premios similares ou equivalentes.
-
FASES DO CONCURSO:
6.1.- Presentación:
Antes do comezo do concurso, realizarase unha presentación aosmedios de comunicación para explicar as bases e as características do certame.
6.2.- O Concurso:
Desenvolverase dende o día 24 de maio ao 9 de xuño de 2018
Os días da semana nos que se poderá degustar a tapa son, os xoves, venres e sábados.
O horario no que a tapa estará obrigatoriamente a disposición do cliente será:
Xoves e venres de 20:00 a 22:00 horas
Sábados de 13:00 a 15:00 h e de 20:00 a 22:00 horas.
O local poderá ampliar o seu horario para a degustación da tapa, se o estima oportuno.
Os establecementos participantes deberán ter expedida ao público a tapa coa que participan durante o horario de obrigatorio cumprimento e nas datas establecidas.
As tapas do concurso serán gratuítas.
Cada participante deberá informar aos clientes de que se está a celebrar o XI Concurso de tapas coa finalidade de promócionalo e dalo a coñecer entre os clientes.
Entregarase un cartel de participación no que aparecerá o nome do establecemento e o nome da tapa coa que concursa.
Así mesmo terán un selo para selar a FENERRUTA.
Distribuirase unha urna e cupóns de votación en cada un dos establecementos participantes.
Na urna depositaranse as tarxetas e Fenerrutas cubertas polos clientes, para o sorteo dos premios.
6.3.- Selección de finalistas:
-
TAPA CREATIVA OU TAPA TRADICIONAL
Un xurado que será designado pola Alcaldía degustará as tapas participantes e emitirá o seu voto por cada unha.
Os integrantes do xurado encargaranse de seleccionar as mellores tapas nas modalidades, tapa tradicional e tapa creativa.
Nos horarios abertos para os clientes durante o concurso, o xurado de forma anónima visitará o establecemento para degustar e avaliar as tapas das categorías creativa e tradicional, identificándose como membro do xurado ao final da súa degustación, momento no que entregará ao participante un documento no que deberá asinar como xustificante do seu paso polo local.
O xurado reunirase a deliberar o día que designe o alcalde e decidirán un campión e un subcampión para cada modalidade.
En caso de empate, gañará o que máis puntuación obteña na seguinte orde: creatividade, sabor e presentación.
O xurado estará presidido polo concelleiro de promoción económica, César Daniel Castro García e composto por dous vogais nomeados para tal efecto pola Alcaldía:
- Xoán Manoel Ramos Reigosa, presidente da asociación de comercio, hostalería e servizos O Cruceiro, de Fene, ou persoa en quen delegue.
- José Manuel Loureiro Vázquez, mestre de cociña.
Actuará como secretaria/o persoal da área de promoción económica, con voz pero sen voto.
Unha vez realizada a selección dos gañadores publicarase a decisión do xuradomediante anuncio nos medios de comunicación e na páxina web do Concello de Fene (www.fene.gal)
CRITERIOS DE VALORACIÓN DO XURADO:
O xurado degustará as tapas e avaliará cada unha tendo en conta os seguintes aspectos e baremo:
- Ingredientes: Ata 7 puntos.
- Elaboración: Ata 7 puntos.
- Creatividade: Ata 7 puntos. (So se valorará no caso da tapa creativa)
- Sabor: Ata 7 puntos.
- Presentación: Ata 7 puntos.
- Concepto de tapa: Ata 7 puntos.
Unha tapa debe ser pequena e poder degustarse en dous ou tres bocados.
-
TAPA POPULAR CREATIVA OU TAPA POPULAR TRADICIONAL
Os gañadores decidiraos o público para o que se elaborará un folleto chamado FENERRUTA coa que o cliente pode percorrer os establecementos participantes e ir selando aqueles que visita e nos que degusta a tapa do concurso.
O cliente que deguste tódalas tapas de cada modalidade do concurso terá a posibilidade de votar pola que considere a mellor tapa nas modalidades creativa e tradicional.
Só serán válidos os votos da FENERRUTA que esté selada correctamente.
O reconto de votos da Fenerruta será realizado por:
- D. César Daniel Castro Garcia, concelleiro de promoción económica, ou persoa en quen delegue.
- D. Xoán Manoel Ramos Reigosa, presidente da asociación de comercio, hostalería e servizos de Fene “O Cruceiro”, ou persoa en quen delegue.
- Dª. Mª Belén Souto Calvete, que actuará como secretaria.
A tapa que teña máis votos terá o premio á tapa popular creativa e á tapa popular tradicional.
Haberá 1 campión e 1 subcampión por cada modalidade.
En caso de empate, gañará o local que máis tarxetas de clientes recolla na urna.
6.4.- Entrega dos premios:
A entrega de premios aos gañadores de tódalas modalidades de tapas realizarase en acto público que terá lugar na data que determine o sr. alcalde-presidente. Neste acto desvelaranse os gañadores e procederase á realización dos sorteos aos que optan os clientes.
Os sorteos realizaranse da seguinte maneira: Nunha urna introduciranse tódalas Fenerrutas seladas correctamente e noutra urna introduciranse as tarxetas cubertas e que previamente foron recollidas nos establecementos participantes. Por cada premio extráerase unha tarxeta gañadora e unha suplente para o caso en que no se de contactado co gañador ou esté mal cumprimentada.
-
ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS.
Durante algúns días do concurso haberá unha animación pola rúa que animará á xente a entrar nos establecementos e participar no concurso.
-
DEREITOS DE IMAXE
As persoas participantes e/ou premiadas ceden os seus dereitos de imaxe para as reportaxes fotográficas informativas e promocionais relacionadas con este concurso en calquera soporte divulgativo (prensa escrita, web, etc.)
-
ACEPTACIÓN DAS BASES
A presentación ao concurso implica a aceptación das bases do mesmo.