Información del concurso
Durante 2 fins de semana Arteixo disputa o seu coñecido e exquisito Concurso de Tapas, do 2 ao 4 e do 9 ao 11 de marzo. Nesta ocasión ademáis, faino coincidindo do 2 ao 4 de Marzo coa Feria de Oportunidades e coa Feira de Vehículos de Ocasión “AutoArteixo” nas que expoñen máis de 25 vendedores de vehículos e comercios de Arteixo, Betanzos e Carballo que liquidan restos de stock baixo carpas no Paseo Fluvial, no centro do pobo, e moi preto dos 12 bares participantes no XII Concurso de Tapas por Arteixo.
Bases del concurso
Novamente 12 locais de Hostalería presentan as suas tapas e compiten para gañar 3 posibles premios: Mellor Tapa Xurado Popular, Mellor Tapa Xurado Profesional, e Local co Mellor Servizo. Ademáis de votar a mellor tapa, os consumidores valorarán o local que ofrece o mellor servizo de sala, e será Distribucións Cotelo quen patrocine este premio ao “Mellor Servizo".
Así os clientes do concurso, saborearán deliciosas tapas, a partir de 6 tapas degustadas e co selo no seu roteiro, poderán votar a sua tapa favorita, o mellor servizo, e unha vez máis, por participar, entrarán no sorteo 600€: 2 premios de 150 € y 1 premio de 300 €. También sortearemos botellones magnum de 1,5 l de Viño Torre La Moreira e de Regina Viarium, gracias á colaboración co Concurso destas duas marcas de Viño e do seu distribuidor oficial na comarca: Distribuciones Cotelo.
Pero aínda hai máis novidades. O concurso nesta ocasión prolongarase durante 2 fins de semana, do venres 2 ao domingo 4 e do venres 9 ao domingo 11 de marzo, e nesta primeira fin de semana coincidirá coa Feria de Oportunidades e coa Feira de Vehículos de Ocasión “AutoArteixo”, así que será un momento fabuloso para desfrutar do Paseo Fluvial de Arteixo, e das rúas, de bar en bar, vendo bos coches, de tenda en tenda, aproveitando as ofertas dos postos na feira de Oportunidades, que conta ademáis no Anfiteatro cunha programación excepcional: ludoteca infantil, Obradoiro de cociña infantil: Pequechef, 2 Exhuibicións de cociña a cargo do Cheff Manuel Bello, 2 charlas sobre coidados da roupa a cargo de Claudina Romero, e unha pasarela canina organizadda por Arteixo CCA e Hocicalados Perruquería Canina.
Polo demáis, como sempre: contas coa APP “Quedamos de Tapas” para enterarte de todo e chegar a todas partes sin perderte en ningún cruce, bo ambente, boa comida, boa bebida e 2 fins de semana nos que non falta de nada: Tapas, bo viño, Coches, Moda, Premios… todo nunha cocteleira de luxo como é a localidade de Arteixo, a 15 minutos da Coruña, con grande facilidade para aparcar, e unhas rúas peonís e un paseo fluvial para disfrutar do ambente.
Apunta!! Ir “De Tapas e Tendas por Arteixo”, do 2 ao 4 e do 9 ao 11 de Marzo.