Información del concurso
O evento TapTeo naceu coa fin de promocionar a hostalería local e impulsar o turismo enogastronómico no municipio, dando a coñecer a riqueza, variedade e calidade da gastronomía galega feita con produto excelente e de proximidade.
A V Edición do Concurso de Petisco do Concello de Teo TAP(T)EO 2018, está a piques de comenzar. Do 21 ao 30 de setembro celebrarase esta festa gastronómica que estará amenizada con actuacións musicais nos locais a cargo da Banda de Música Cultural de Teo Cada. 2€ será o módico prezo do petisco cun horario de 13.00 a 15.30 e de 20.00 a 23.00. Tanto a temática da tapa como os ingredientes da mesma serán de libre elección por parte do establecemento participante.
Bases del concurso
Bases que rexerán a selección das propostas gañadoras
Entre os días 21 e 26 de setembro, farase unha primeira selección entre os 18 petiscos participantes no concurso, do que saírán preseleccionados 5 e, entre os días 28 e 30, escolleranse os tres gañadores, de entre estes 5.
Categorías e premios:
-
1º Mellor petisco do TapTeo 2018: Diploma acreditativo, máis 4 botellas do viño da DO Rías Baixas Subzona Ulla, das adegas situadas no concello
-
2º Mellor petisco do TapTeo 2018: Diploma acreditativo, máis 4 botellas do viño da DO Rías Baixas Subzona Ulla, das adegas situadas no concello
-
Premio especial do xurado: Diploma acreditativo, máis 4 botellas do viño da DO Rías Baixas Subzona Ulla, das adegas situadas no concello
Votacións:
Os gañadores do premio ao 1º e 2º mellor petisco sairán do promedio das votacións do xurado e do público, a través dos pasaportes.
O premio especial do xurado unicamente valorará as puntuacións do xurado
Criterios de avaliación:
Teranse en conta cinco criterios á hora de avaliar os petiscos:
-
Calidade da elaboración do mesmo
-
Sabor
-
Presentación
-
Relación calidade – prezo
-
Calidade do servizo ofrecido e a súa rapidez
-
Emprego dos produtos procedentes de Galicia