Información del concurso
Unha ruta de tapas polos locais hostaleiros da Mancomunidade de Municipios Arousa Norte. Trátase dunha iniciativa turística que pretende poñer en valor o produto de tempada durante a última fin de semana de outubro o mes de novembro.
Bases del concurso
BASES DO CONCURSO #ANMÁISQTAPAS
BASES CONCURSO PARA OS HOSTALEIROS PARTICIPANTES EN #ANMÁISQTAPAS
- - Todos os establecementos hostaleiros inscritos na ruta gastronómica Arousa Norte + Q Tapas participarán na valoración da mellor tapa por parte dos consumidores.
- - Cada tapa proposta por cada local participante contará con produtos locais de tempada, así como cun nome identificativo da preparación o cal debe ser atractivo e suxerinte.
- - Os establecementos hostaleiros inscritos comprométense a preparar e a presentar a tapa, a que esta poida ser fotografada, incluída en notas de prensa, redes sociais ou en calquera outra publicación, se fose o caso.
- - A organización resérvase o dereito a solicitar ao hostaleiro/a que modifique a tapa presentada, si se considera que non emprega produtos de tempada locais.
- - Por cada tapa consumida o establecemento entregará ao cliente un tícket onde se valore de 1 ao 5 a preparación gastronómica, sendo 1 a menor puntuación e 5 a máxima.
- - O número de tapas vendidas deberá coincidir co número de votos emitidos polos clientes.
- - A tapa máis votada entre todos os establecementos participantes na ruta de tapas #ANMÁISQTAPAS recibirá unha figura que o acredite como o/ a gañador/a da Ruta Arousa Norte + Q Tapas, así como un vale de compra de 100,00 € a canxear no pequeno comercio da Mancomunidade de Municipios Arousa Norte.
- - Todos os establecementos participantes recibirán un diploma acreditativo como participante da primeira edición de Arousa Norte + Q Tapas.
- - Será preciso cumprir todos os requisitos anteriores para poder participar no sorteo.
- - O reconto de votos realizarase o venres 04 de decembro. Unha vez recontados, o establecemento gañador darase a coñecer nas redes socias e os medios de comunicación oportunos. Dende a empresa xestora desta actividade, se comunicará dunha forma directa o local hostaleiro máis votado.
BASES CONCURSO PARA OS VOTANTES DE #ANMÁISQTAPAS
Durante o mes de Novembro poderanse degustar saborosas tapas elaboradas con produtos de tempada nos diferentes locais de hostalería dos concellos pertencentes á Mancomunidade de Municipios Arousa Norte.
Os locais participantes estarán perfectamente identificados con cartelería específica así como cun adhesivo conforme participa na ruta de tapas Arousa Norte + Q Tapas.
No seguinte enlace https://www.facebook.com/arousanorte poderase consultar os locais participantes, a súa tapa e a axenda de actividades complementarias.
Todos/as aqueles/as que consuman algunha das tapas mencionadas nalgún dos establecementos participantes, recibirán un vale para votar a tapa e participar no sorteo de distintos menús.
Concretamente, os agasallos que se entregarán consistirán en 4 bonos gastronómicos para dúas persoas para consumir nos establecementos participantes sendo o valor de cada un deles de 40 €.
Os requistos de participación serán os seguintes:
- Consumir tapas nos establecementos participantes. Por cada tapa consumida de 2,00 € entregarase un ticket para que os consumidores valoren a tapa (do 1 ao 5, sendo 1 a mínima puntuación e 5 a máxima) e participen nos sorteos.
- No ticket, ademais da valoración deberán constar os datos persoais necesarios e depositalo na urna habilitada para tal fin sita en cada establecemento. A data límite para depositar os vales na urna será o domingo 29 de novembro.
- O sorteo realizarase o venres 04 de decembro.
Bases legais dos sorteos en redes sociais da ruta de tapas "Arousa Norte + Q Tapas"
POÑEMOS EN MARCHA DOUS SORTEOS PARALELOS...
ERES DE FACEBOOK, OU DE INSTAGRAM? ;)
- #ANMAISQTAPAS buscamos a foto máis creativa desta ruta gastronómica; e para iso lanzamos sorteos paralelos en Facebook e Instagram:
- #ANMAISQTAPAS buscamos a foto máis creativa desta ruta gastronómica.
INSTAGRAM:
- Selfie #ANMAISQTAPAS - se eres dos que participas en INSTAGRAM
Para participar nos distintos sorteos será imprescindible ser maior de dezaoito anos.
Celebraremos os 3 sorteos cada semana, de forma simultánea, ao longo do mes de novembro. Entre o 30 de outubro e o 29 de novembro.
Presentan cadansúas bases de participación:
#ANMAISQTAPAS buscamos a foto máis creativa desta ruta gastronómica
- - A Mancomunidade Arousa Norte é a promotora deste sorteo. E o sorteo non está patrocinado, avalado,administrado, nin asociado de maneira algunha con Facebook.
- - Para optar a algún dos bonos será necesario mostrar unha foto máis divertida co hashtag #ANMAISQTAPAS. (*se tes o teu perfil de facebook configurado como privado non poderemos saber que participaches e, polo tanto, esa fotografía queda excluída do sorteo).
- - É requisito imprescindible que as tapas que se amosen correspondan á ruta Arousa Norte + Q Tapas.
- Os criterios de valoración serán os seguintes:
- Calidade da imaxe da tapa
- Orixinalidade da foto
- Mestura entre gastronomía e cultura propia de Arousa Norte
- - Premios: unha vez que se coñezan os/as gañadores/as, estes recibirán un bono de 5 tapas (por valor de 2,00 € cada unha) a degustar nos establecementos que se indiquen por parte da Mancomunidade Arousa Norte.
- - Cesión de Dereitos e Protección de Datos: A simple participación significa a aceptación das bases na súa totalidade. Ademais, coa participación nesta promoción consinten expresamenta a utilización das súas fotografías, textos, e calquera tipo de contido por parte da Mancomunidade Arousa Norte para informar sobre a mesma promoción.
**As persoas que publiquen as fotografías nun dos dous evento de Arousa Norte + Q Tapas, aínda que non sexa co hashtag, entrarán a participar nos sorteos igualmente.
Voto Orixinal en #ANMAISQTAPAS
- - A Mancomunidade Arousa Norte é a promotora deste sorteo. E o sorteo non está patrocinado, avalado,administrado, nin asociado de maneira algunha con Facebook.
- - Buscamos argumentos orixinais e divertidos que nos convezcan de cal é a mellor tapa en #ANMAISQTAPAS.
- - Para optar a algún dos bonos será necesario mostrar un comentario/argumento orixinal acompañado dunha foto da tapa co hashtag #ANMAISQTAPAS.
- - É requisito imprescindible que as tapas que se amosen correspondan á ruta Arousa Norte Máis Que Tapas.
- - O criterio se valoración será aquel argumento gastronómico máis orixinal e creativo.
- - Premios: unha vez que se coñezan os/as gañadores/as, estes recibirán un bono de 5 tapas (por valor de 2,00 € cada unha) a degustar nos establecementos que se indiquen por parte da Mancomunidade Arousa Norte.
- - Se o perfil de facebook dunha persoa que participa, está configurado como privado o seu nivel de privacidade, non podremos rexistrar que participou. Polo tanto, non entrará no sorteo.
- - Cesión de Dereitos e Protección de Datos: A simple participación significa a aceptación das bases na súa totalidade. Ademais, coa participación nesta promoción consinten expresamenta a utilización das súas fotografías, textos, e calquera tipo de contido por parte da Mancomunidade Arousa Norte para informar sobre a mesma promoción.
**As persoas que publiquen as fotografías nun dos dous evento de Arousa Norte + Q Tapas, aínda que non sexa co hashtag, entrarán a participar nos sorteos igualmente.
Selfie #ANMAISQTAPAS - INSTAGRAM
- - A Mancomunidade Arousa Norte é a promotora deste sorteo. E o sorteo non está patrocinado, avalado,administrado, nin asociado de maneira algunha con Facebook.
- - Para participar só tes que publicar unha selfie en Instagram (ti só, con amigos, coa parella...) tapeando en #ANMAISQTAPAS. E empregar o hashtag. Os perfiles privados non poderán participar ao non termos forma de comprobalo.
- - A imaxe premiada será aquela que transmita maior alegría e isto será valorado polo Mancomunidade Arousa Norte.
- - Premios: unha vez que se coñezan os/as gañadores/as, estes recibirán un bono de 5 tapas (por valor de 2,00 € cada unha) a degustar nos establecementos que se indiquen por parte da Mancomunidade Arousa Norte.
- - Cesión de Dereitos e Protección de Datos: A simple participación significa a aceptación das bases na súa totalidade. Ademais, coa participación nesta promoción consinten expresamenta a utilización das súas fotografías, textos, e calquera tipo de contido por parte da Mancomunidade Arousa Norte para informar sobre a mesma promoción.
* No caso de que o gañador non aparezaca nun prazo de 3 días, será seleccionado automáticamente o segundo clasificado en cada unha das categorías.
Chegado o 3º gañador, declararase nulo o gañador.
- O gañador será anunciado nas canles oficias de Arousa Norte, e este deberá poñerse en contacto para poder facer efectivo o premio dentro do prazo indicado dende a comunicación oficial do gañador nas mesmas. ( poderá facelo por mensaxe privada ou por medio das canles oficiais).