Información del concurso
O Concello de Neda coa finalidade de promover e dinamizar o sector da hostelería, organiza un ano máis a Ruta do Pincho.
Esta actividade está enmarcada nos actos previos á Festa do Pan de Neda que se celebra o primeiro domingo de setembro.
Oito son os locais participantes: Mesón A Canteira, Mesón O Fumazo, Cervecería Entreríos, Cervecería - Vinoteca O Lagar,, Café Bar Albarón, Cafetería - Panadería - Pastelería La Barra de Oro, Café Bar Chámalle cómo queiras e Café Bar Hiper Energy.
O Prezo do pincho en todos os establecementos é de 1 €.
Bases del concurso
-
A Ruta do Pincho 2017 terá lugar os días 18, 19 e 20 e 25, 26 e 27 de agosto.
-
Cada hosteleiro/a participante elaborará libremente un pincho para participar no concurso.
-
O pincho deberá ir acompañado de Pan de Neda.
-
O pincho terá un coste ao público de 1 €.
-
Haberá unha distinción, votada polo público, ao pincho máis saboroso, ao mellor presentado e ao máis orixinal.
-
A clientela votará por medio dunha cartilla que deberá cuñar en cada un dos establecementos participantes ata completala.
-
A cartilla pode conseguirse ao inicio da ruta e depositala completa en calquera dos establecementos participantes.
-
O horario para a degustación dos pinchos é o seguinte:
venres de 20 a 23 h.
sábado de 12 a 15 h e de 20 a 23 h.
domingo de 12 a 15 h.
-
Cada unha das cartillas completas, optará a un premio de 100 €, a través dun sorteo público que terá lugar trás o Pregón da Festa do Pan, o domingo 3 de setembro. Habendo un total de tres premios de 100€.
-
Este premio será recollido a partir do martes 5 de setembro na tesorería do Concello e a persoa gañadora deberá identificarse mostrando o Documento Nacional de Identidade.
-
A clientela poderá descargar no su móvil a aplicación quedamosdetapas, onde encontrará información sobre os establecementos participantes así como do pincho a concurso. Podeá valorarse o pincho pero esta valoración non afectará ao resultado.
-
Tanto os trofeos como os premios corren a cargo do Concello.
-
A presentación ao concurso implica a aceptación das bases do mesmo.
-
Organiza Concello de Neda