Información del concurso
A XII edición do Santiago(é)tapas, o concurso de tapas de Santiago, é un evento promovido por Turismo de Santiago e organizado pola Asociación Hostalería Compostela, co apoio da Deputación de A Coruña e o patrocinio de Mahou.
Bases del concurso
Cada local poderá presentar un máximo de tres tapas e/ou dous cócteles. Establécense dúas modalidades de tapas: tapa tradicional (entre 1 e 2 euros) e tapa creativa (entre 2 e 3,50 euros). Enténdese por tapa creativa aquela que utilice produtos, técnicas de elaboración e presentación innovadoras. Así mesmo, haberá un premio maridaxe Mahou, no que poden participar ambas as dúas modalidades, sempre que o seu consumo se maride con calquera das distintas cervexas de Mahou. En canto ao Santiago(é)Cóctel, establécense dúas modalidades de cócteles: cóctel clásico (5 euros) e cóctel creativo (6 euros).
Co fin de fomentar o uso de produtos autóctonos e de proximidade, fíxase como requisito imprescindible para participar que as tapas inclúan na súa elaboración, cando menos, un produto pertencente a algunha das denominacións de orixe ou indicacións xeográficas protexidas de Galicia. No caso dos cócteles será imprescindible que inclúan na súa elaboración, cando menos, un produto galego