Castelao
(é)tapa 4 Praza Roxa (patrocinada por Bodegas Alanís)
Días de peche: Domingo
Horario de tapas: 13:00 - 15:00 / 20:30 - 00:00
Situado no centro da cidade, neste local pódese gozar das mellores tapas acompañadas dos viños máis destacados das mellores denominacións de orixe.
Crocantes de gambas, polbo, espeto de peixe sapo e lagostinos, entrecosto ao "queixo do Cebreiro", croquetas de lima... e unha morea de pratos tradicionais combinados coas máis modernas técnicas de cociña.